Issuu on Google+


Nome : CERDEIRA

( Prunus avium )

Características: Árbore caducifolio de ata 5 m. de altura. Copa globular bastante regular. Tronco a miúdo moi groso. Cortiza pardo grisácea avermellada, lixeiramente brillante. Follas alternas, ovaladas e dentadas. Flores pedunculadas dispostas en inflorescencias en forma de umbela. Froito globular vermello escuro ou amarelo. Época de floración: abril e maio. Hábitat: require chans profundos e ricos. Distribución: amplamente distribuída en Europa. Xeneralidades: existen numerosas clases de cerdeiras que se utilizan como planta ornamental e para aproveitar os seus saborosos froitos.


Nome : CASTIÑEIRO

( Castanea sativa )

Características: Árbore caducifolio de ata 30 m. de altura. Copa piramidal ao principio e máis tarde bombeada e alta.. Tronco bastante groso, ramificado e habitualmente retorcido en espiral. Cortiza lisa e pardo vermella ao principio e máis tarde pardo grisácea escura deformada e con profundas gretas. Follas lanceoladas e con bordos dentados. Flores masculinas en candeas duns 15 cm. e as femininas situadas na base formando grupos. Froito cunha envoltura espiñenta que contén no seu interior as castañas. Época de floración: xuño e xullo. Hábitat: prefire os climas temperados, húmidos e de invernos suaves. Distribución: atópase no sur de Europa, norte de África e Asia occidental. Xeneralidades: é unha árbore de madeira moi apreciada e os seus froitos, as castañas, maduran cara a finais de setembro .


Nome : PIÑEIRO DE OREGON (Pseudotsuga menziesii) Características: Árbore de folla perenne de ata de 50 m. de altura. Copa bastante esvelta ,regularmente cónica e non moi apuntada. Ramas dispostas en forma helicoidal e de xeito graduado. Cortiza gris escura ou gris verdoso asucada con fisuras moi grosas. Follas en forma de acículas de cor verde escuro. Flores masculinas en conos amarelo apardazado e flores femininas en agrupacións fusiformes verdosas.

Época de floración: maio. Hábitat: prefire chans de suficiente frescura. Distribución: abunda nas montañas próximas á costa oeste de Norteamérica. Xeneralidades: é utilizado a gran escala para obter del madeira e como planta ornamental en parques e xardíns.


Nome : EUCALIPTO (Eucalyptus globulus) Características: Árbore de folla perenne de ata 45 m de altura. Copa moi ergueita e de forma estreitamente piramidal.. Cortiza que se desprende en longas tiras que ao caer deixa no tronco marcas esbrancuxadas. Tronco recto e en ocasións moi robusto. Follas novas opostas de cor esbrancuxada e as adultas, alternas, lanceoladas e de cor verde. Flores solitarias nas axilas das follas adultas cun casquete e un opérculo irregular. Froito globular anguloso de cor gris escuro. Época de floración: de xuño a novembro. Hábitat: prefire chans frescos y húmidos. Distribución: orixinario de Australia e cultivado sobre todo na rexión mediterránea. Xeneralidades: a súa madeira utilízase como materia prima na industria papeleira e na construción


Nome : ARCE

(Acer platanoides)

Características: Árbore caducifolio de ata 25-30 m. de altura. Copa regular e bombeada. Tronco recto e bastante curto. Cortiza finamente estriada de cor gris escuro. Follas opostas con 5-7 lóbulos de cor verde. Flores en inflorescencias ergueitas que aparecen antes de abrirse as follas. Época de floración: marzo e abril. Hábitat: require chans frescos y húmidos. Distribución: amplamente distribuído en Europa. Xeneralidades: as poboacións orixinarias son bastante raras. Utilízase como planta ornamental en parques e xardíns


Nome : LOUREIRO

( Laurus nobilis )

Características: Arbusto ou árbore de ata 1-8 m. de altura. Copa. cónica ancha, redondeada coa idade. Tronco con ramas oblicuamente ascendentes. Cortiza de cor gris escura a negra e lisa . Follas lanceoladas, sinxelas, alternas, lixeiramente onduladas no bordo, coriáceas de cor verde. Flores unisexuais, pequenas e de cor amarela verdoso, as femininas con estames atrofiados . Froito en forma baia esférica de cor verde a moura. Época de floración: de marzo a maio. Hábitat: prefire chans areentos ricos en humus. Distribución: distribuído por toda a rexión mediterránea e atlántica da península Ibérica.. Xeneralidades: utilízase como planta ornamental en parques e xardíns, como planta medicinal e como condimento na cociña.


Nome : CIPRÉS DE LAWSON (Chamaecyparis lawsoniana) Características: Árbore de folla perenne ata 20 m. de altura. Copa moi alta, delgada e de forma cónica. Tronco con ramificación en forma de galla. Cortiza lisa ao principio e estriada finalmente de cor gris marrón ou verdosa. Follas aciculares, opostas en cruz, separadas por unha sutura esbrancuxada. Conos masculinos de cor vermella carmín e conos femininos de cor marrón claro na madurez.

Época de floración: marzo e abril. Hábitat: prefire chans de suficiente frescura. Distribución: orixinariamente só no oeste de Norteamérica (Oregón e California) . Xeneralidades: En Europa utilízase como planta ornamental en numerosas formas de xardinería.


Nome : TUIA XIGANTE (Thuja plicata ) Características: Árbore de folla perenne de ata 40 m. de altura. Copa. cónica que se ensancha coa idade. Tronco inicialmente recto e acanalado. Cortiza mate e fibrosa de cor pardo vermella . Follas escamentas, moi apertadas e romas. Conos masculinos amarelos, moi pequenos e conos femininos ovados de cor entre amarela e marrón. Época de floración: de abril a xuño. Hábitat: en chans rochosos e de montaña costeira. Distribución: abundante no oeste de Norteamérica e frecuente en parques e xardíns. Xeneralidades: é utilizado para obter del unha madeira branca, lixeira e duradeira e como planta ornamental en parques e xardíns.


Nome : ABETO VERMELLO ( Picea abies) Características: Árbore de folla perenne de ata 50 m. de altura. Copa estreita e cónica. Tronco recto con ramas dispostas en verticilos. Cortiza finamente laminada de cor pardo vermella . Follas en verdes acículas ríxidas e apuntadas. Conos masculinos vermello carmín e conos femininos, alongados de cor verde a marrón claro . Época de floración: abril e maio. Hábitat: en chans frouxos e laxos, ricos en humus e fríos no inverno. Distribución: conífera orixinaria de Escandinavia abundante en Europa central e do norte,. Xeneralidades: é utilizado para obter del unha madeira forte e lixeiramente elástica e como planta ornamental en parques e xardíns.


Nome : XENEBREIRO ( Juniperus communis) Características: Arbusto de folla perenne de ata 6 m. de altura. Copa. estreita e piramidal. Tronco recto con ramas dispostas en verticilos. Cortiza inicialmente lisa de cor pardo vermello máis tarde gretada e de cor pardo grisácea . Follas en agullas apuntadas ou romas cunha ancha franxa central de cor branca. Conos masculinos amarelos, pequenos e ,alargados e conos femininos verdes, moi pequenos e erectos. Froito en forma de baia de cor azul mouro. Época de floración: de abril a xuño. Hábitat: prefire lugares soleados con chans areentos e pobres. Distribución: abundante en Europa y Asia. Xeneralidades: as súas baias son un alimento moi apreciado polas aves e utilízase como condimento culinario e como planta medicinal.


Nome : ARAUCARIA (Araucaria araucana) Características: Árbore de folla perenne de ata 30 m. de altura. Copa ancha e redondeada. Tronco recto con chupóns ocasionais. Cortiza marrón gris escura con sucos ou engurras. Follas en acículas recias e coriáceas de cor verde escuro brillante. Conos masculinos cilíndricos, de cor pardo escuro, conos femininas case esféricos de cor verde con espiñas douradas.

Época de floración: xuño e xullo. Hábitat: prefire climas temperados. Distribución: orixinaria dos Andes e frecuente en la rexión mediterránea. Xeneralidades: é utilizado como planta ornamental en parques e xardíns.


Nome : ARAUCARIA EXCELSA

(Araucaria excelsa)

Características: Árbore de folla perenne de ata 60 m. de altura. Copa piramidal. Tronco recto con chupóns ocasionais. Cortiza despréndese circularmente. Follas en acículas recias e coriáceas de cor verde escuro brillante. Conos masculinos cilíndricos, de cor pardo escuro, conos femininas case esféricos de cor verde con espiñas douradas.

Época de floración: xuño e xullo. Hábitat: prefire climas temperados. Distribución: orixinaria das illas Norfolk (Australia) Xeneralidades: é utilizado como planta ornamental en parques e xardíns. A súa raíz de cor vermella e moi dura utilízase para fabricar mobles.


Nome : OLMO (Ulmus caprinifolia) Características: Árbore de folla caduca de ata 30 m. de altura. Copa variable, moitas veces alta e ovoide. Tronco recto con ramas ascendentes curtas e fortes. Cortiza marrón grisácea con fendas longas e profundas. Follas entre arredondadas e lanceoladas con cara verde escuro brillante e envés máis claro. Flores case todas hermafroditas, acampanadas. Froito arredondado verde e despois pardo. Época de floración: marzo Hábitat: chans húmidos, alcalinos e ricos en nutrientes. Distribución: nos vales fluviais de Europa. Xeneralidades: a súa madeira é apreciada pola súa dureza e flexibilidade. Tamén se utiliza como planta ornamental en parques e rúas.


Nome : CIPRÉS (Cupressus sempervirens) Características: Árbore de folla perenne de ata 30 m. de altura. Copa estreita e con forma de columna. Tronco curto, con ramas amplas e estendidas. Cortiza lisa, estriada e de cor marrón escuro. Follas en acículas escamentas verde escuras. Conos ovalados de cor verdoso que colgan das puntas das pólas. Os femininos son lixeiramente esféricos

Época de floración: marzo. Hábitat: prefire chans secos y pedregosos. Distribución: orixinaria de Medio Oriente, Grecia e os Balcáns. Xeneralidades: é utilizado como planta ornamental en parques e xardíns.


Nome : CARBALLO

( Quercus robur)

Características: Árbore caducifolio de ata 40 m. de altura. Copa ampla e alta de desenvolvemento bombeado. Tronco ramificado a escasa altura, nodoso, irregular e con ramas moi retortas e macizas. Cortiza gris claro ou pardo claro, asucada por unha rede de fendas. Follas lobuladas de 10-12 cm. de lonxitude, de cor verde, máis escuro no feixe. Flores masculinas con candeas. Froito ovado alongado chamado landra de 1´5-2 cm. de lonxitude. Época de floración: abril e maio. Hábitat: prefire chans frescos y húmidos. Distribución: árbore abundante en toda Europa particularmente nas chairas. Xeneralidades: aprovéitanse os seus froitos e a súa madeira é moi apreciada en ebanistería. As follas presentan con frecuencia bugallos producidos por determinados insectos.


Nome : MAGNOLIO ( Magnolia grandiflora) Características: Árbore de folla perenne de 20-25 m. de altura. Copa ancha, estendida e bastante densa. Tronco con ramas macizas algo nodosas. Cortiza lisa grisácea ou gris escura. Follas lanceoladas, enteiras, recias e coriáceas. Flores en forma de copa amplamente estendidas de cor branca ou crema. Froito en forma de piña de 5 cm. de lonxitude.

Época de floración: de xullo a novembro. Hábitat: prefire climas temperados e húmidos. Distribución: orixinaria do sueste de Estados Unidos pero estendida na rexión mediterránea e suroeste de Europa. Xeneralidades: utilízase como árbore ornamental.


Nombre : MELALEUCA – BRAZAL ( Melaleuca armillaris) Características: Árbusto de folla perenne de ata 4´5 m. de altura. Copa arredondada. Tronco de ata 75 cm. de diámetro. Cortiza grosa e agretada que se desprende con facilidade. Follas alternas e opostas, moi finas e alongadas (aciculares). Flores de cor branca ou crema formando densas espigas de 3 a 6 cm. de lonxitude. Froito en forma de pequenas cápsulas.

Época de floración: maio. Hábitat: prefire chans húmidos areentos y arxilosos e clima tropical. Distribución: é una planta orixinaria de Australia onde é abundante. Xeneralidades: utilízase como planta ornamental.


Nome : CAMELIA ( Camellia japonica) Características: Arbusto ou árbore de folla perenne que no seu país de orixe pode alcanzar ata 15 m. de altura. Copa ancha redondeada e bastante densa. Tronco moi ramificado. Cortiza lisa e agrisada. Follas de cor verde escuro, brillantes e coriáceas. Flores solitarias, grandes, moi regulares e de varias cores que van desde o branco ao vermello. Época de floración: de xaneiro a abril. Hábitat: prefire chans húmidos, con terra ácida e situados a media sombra. Distribución: orixinaria do sueste asiático (China y Xapón), introducida a finais do século XVII en Occidente. En Galicia é moi abundante. Xeneralidades: existen máis de 250 especies que son utilizadas como planta ornamental.


ARBORES