Skip to main content

Debuxando a natureza 23/24

Page 1

PROGRAMA FORMATIVO ‘DEBUXANDO A NATUREZA’ 2023/2024’ ESPECIES DE INVERNO


PROGRAMA FORMATIVO ESPECIES DE FLORA E FAUNA CERTAME DE DEBUXO ‘DEBUXANDO A NATUREZA’ QUE HABITAN NO NOSO NATURALISTA ‘DEBUXANDO A ENTORNO2023/2024 LOCAL NO INVERNO NATUREZA’ 2023/2024

PROGRAMA ESPECIES DE FORMATIVO FLORA E FAUNA ‘DEBUXANDO A QUE HABITAN NO NATUREZA’ NOSO ENTORNO 2023/2024 EN INVERNO

õ¨ğåœÀ¨ÀåĂûʇÆÊʇÊğĘÊÀåÊğɋ Insectos Insectos Plantas Plantas Aves

Aves Mamíferos Mamíferos ûœ¿åāğ ûœ¿åāğ

* Propiedad intelectual de Coawa

*Propiedade intelectual de Coawa

1


Que é o debuxo naturalista? A ilustración naturalista é unha disciplina xurdida na época das grandes exploracións. Naquel entón, os ÀåÊûĦçœÀāğʇÊʇåõīğĦě¨ÆāěÊğʇÀāûľÊěĦËěāûğÊʇ en parte integrante dos equipos de exploración dos novos mundos. A súa misión era a de rexistrar todas as especies descoñecidas para os exploradores e, así, tentar comprender os patróns da natureza dos novos mundos. As ilustracións realizadas non ğĂʇĘõ¨ğú¨¿¨ûʇ¨ʇœğåāûāúç¨ʇƨğʇÊğĘÊÀåÊğʇ descubertas, senón que ademais retrataban o ambiente das novas zonas.

Que imos facer?

Tips para crear o mural Nº de especies que aparecen no mural: valorarase positivamente que aparezan o maior número de especies posible. Tamaño mínimo do mural A0 en calquera tipo de soporte: papel, lienzo… Calquera técnica de debuxo ou arte plástica é válida. Valoración dos gañadores: Esforzo, creatividade e interrelación de especies entre elas e co seu entorno. Envío da foto a: divulgacion@somoscoawa.com Data límite de envío: 30 de abril de 2024.

õ¨ğåœÀ¨ÀåĂûʇ das especies Invertebrados

Imos participar no programa ‘Debuxando a natureza’, un certame de debuxo naturalista no que colabora o Grupo Naturalista Hábitat, unha entidade que traballa no estudo e na conservación dos espazos naturais e a biodiversidade de Galicia.

Plantas Aves Mamíferos ûœ¿åāğ Fungos


Coñece nesta historia ¨ğʇÊğĘÊÀåÊğʇÆÊʇŔāě¨ʇÊʇ fauna que podemos atopar en inverno no entorno do Encoro de Cecebre...

2


O inverno é unha época de calma e tranquilidade, unha tempada de renovación. As choivas do outono dan paso ao frío. Moitas especies están á espera, agardando tempos mellores, como ocorre con moitos insectos que esperan ao sol, agochados entre a vexetación, nos montóns da leña cortada que utilizamos para quentarnos en inverno, ou no interior das nosas casas. Unha desas especies é unha bolboreta de cores rechamantes e ollos enganosos, a paxara (Aglais io), que se agocha entre nós para pasar os meses fríos, cuns ollos debuxados nas súas ás para que os depredadores crean que é un animal moito máis grande ca eles, e non a coman.

PAXARA Aglais io

Imagen: Wikimedia Commons

Imagen: Wikimedia Commons

3


Imagen: Wikimedia Commons


CARACOLEIRO ESPIÑENTO Cychrus spinicollis

Pola contra, hai outros insectos para os que este tempo de inverno é perfecto para alimentarse e medrar. Así fai o caracoleiro espiñento (Cychrus spinicollis), que pasa o inverno en forma de larva cazando caracois, babosas e miñocas, para

Imagen: Wikimedia Commons

chegar ata a última idade da fase larvaria, procurar un lugar perfecto para facer a pupa, e uns meses máis tarde, no verán, emerxer como adulto e seguir cazando caracois.


Imagen: GN Hábitat

LIQUE DE BARBA

Pero non só os insectos agardan, as árbores tamén o fan. Moitas delas están espidas de follas, perdidas no outono, e reservan as súas forzas para tempos nos que o sol lles aporte máis alimento, deixando á vista liques que cobren as súas ramas e cortizas. Os õåĚīÊğʇ ğāûʇ ú¨ÝûçœÀāğʇ åûÆåÀ¨ÆāěÊğʇ ƨʇ calidade do aire, e o inverno é a mellor época para gozar das súas formas e da estupenda paisaxe que deixan sobre as árbores durmidas, podendo observar dende liques planos ata liques en forma de árbore, como a Usnea hirta.

Usnea hirta

6


Imagen: Wikimedia Commons

LOUREIRO

Pero non todas as árbores perden as follas, as perennes mantéñenas durante todo o ano, como o loureiro (Laurus nobilis), tan abundante na nosa terra, pero escaso se saímos dela.

Laurus nubilis

7


No inverno, moitas especies aproveitan para descansar logo da época de cría. Os morcegos buscan refuxios en covas, minas abandoadas ou árbores vellas nas épocas máis frías do ano. Algúns morcegos hibernan dunha forma moi curiosa, como o morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros), pendurado boca abaixo e totalmente tapado coas súas ás, soñando seguramente coas moreas de insectos que comerá na primavera. Imagen: Wikimedia Commons

MORCEGO DE FERRADURA PEQUENO Rhinolophus hipposideros


Moitas das aves que crían na primavera entre nós vanse para zonas máis cálidas ao rematar o seu periodo reprodutivo, e ao mesmo tempo chegan ao noso carón especies que criaron en zonas nas que os invernos son demasiado fríos para aguantar esta dura estación do ano. O Encoro de Abegondo-Cecebre, ao ser unha zona húmida, é o destino de invernada de moitas especies de aves, e incluso de paso para aquelas que teñen

unha viaxe aínda máis longa, de centos ou de miles de quilómetros. Son moitas as aves acuáticas que escollen o encoro como lugar para invernar, como o pato chupón europeo (Aythya ferina), que ven dende o norte e centro de Europa, onde crían.

PATO CHUPÓN EUROPEO Aythya ferina

Aythya ferina

Imagen: Wikimedia Commons

9


Imagen: Wikimedia Commons


Pero non tódalas aves están sobre a lámina de auga, senón que outras aproveitan os hábitats que conforman e circundan o encoro. É o caso da píllara dourada europea (Pluvialis apricaria), que aproveita os prados húmidos para comer miñocas, chegando en pequenos grupos cando veñen olas de frío do norte.

PÍLLARA DOURADA EUROPEA Pluvialis apricaria

Imagen: Wikimedia Commons

1


TORDO REAL

Turdus pilaris

Co frío invernal tamén aparecen grupos de tordos reais (Turdus pilaris), que ao igual que os tordos rubios fan migracións nocturnas, podendo escoitarse nas noites máis frías do inverno pasando por enriba das nosas cabezas.

Imagen: Pixabay


Imagen: Wikimedia Commons


ÚBALO COMÚN Spinus spinus

Imagen: Wikimedia Commons

Imagen: Wikimedia Commons

Outros integrantes da nosa avifauna invernal permanecen nas árbores, como os picafollas ou os úbalos comúns (Spinus spinus), chegados en pequenos grupos que podemos atopar comendo nas sementes dos álamos, aló polo mes de xaneiro, moitas veces mesturados cos xílgaros. Son aves que pasan moi desapercibidas, e ollar cara as árbores é a mellor estratexia para poder atopalos nesta fría estación.

14


Pero non tódalas especies de aves invernantes son doadas de localizar. Tal é o caso do bufo pequeno (Asio otus), que migra pola noite na procura de masas arbóreas, como piñeirais, para pasar esta época de frío. Os seus hábitos nocturnos e silandeiros fanno totalmente invisible para nós.

BUFO PEQUENO Asio otus

Imagen: Wikimedia Commons

15


Fuente: Wikimedia Commons


Imagen: Pixabay

Imagen: Pixabay

ARMIÑO

Desprazarse milleiros de quilómetros para pasar o inverno, en ocasións, non Ëʇ Ęāğå¿õÊɊʇ Ęāõāʇ ĚīÊʇ œÀ¨ěʇ ûāʇ ĦÊīʇ territorio pode ser a mellor opción. Así fai o armiño (Mustela erminea), que segue a buscar pequenas aves ou zonas de hibernada dos micromamíferos dos que se alimenta. Nas áreas onde o inverno trae neve, a especie muda a súa pelaxe, que pasa do marrón ao branco (salvo na punta da cola), para así pasar desapercibida.

Mustela erminea

17


FURAFOLLAS PEQUENO Sorex minutus

Fuente: Wikimedia Commons

Un dos micromamíferos que o armiño e outros depredadores intentan evitar polo seu mal sabor, e que tamén muda a súa pelaxe no inverno -pero neste caso a un máis escuro-, é o furafollas pequeno (Sorex minutus), que pasa o inverno na procura dos invertebrados agochados baixo as follas das carballeiras, dos que se alimenta grazas aos seus reforzados dentes tinguidos de cor vermella.


Imagen: GN Hábitat

Imagen: GN Hábitat

RA VERMELLA

Así e todo, existen animais que devecen das épocas de chuvias e do Àõåú¨ʇ ĦÊúĘÊě¨Æāʇ ÆÊʇ œû¨åğʇ Æāʇ åûľÊěûāʇ para comezar a súa época de cría, antes de que as temperaturas aumenten demasiado na primavera. Os machos de ra vermella (Rana parvipalmata) adoitan chegar os primeiros ás charcas e cantar baixo as fortes chuvias invernais, para que as femias escoiten as súas chamadas. Logo, tras un abrazo entre eles, deixarán masas de ovos das que semanas máis tarde nacerán os cágados, que crecerán durante a primavera.

Rana parvipalmata

19


MARTELIÑOS

Narcissus cyclamineus

Imagen: GN Hábitat

Dende o solsticio de inverno, os días vanse facendo pouco a pouco máis longos e vanse sumando minutos de sol. Cando chegamos a febreiro moitas especies de plantas comezan a prepararse para a primavera, a indicarnos que o bo tempo está por chegar, e que o frío quedará atrás como unha lembranza do pasado. Nesta época comezan a aparecer nas beiras dos ríos e regatos os marteliños (Narcissus cyclamineus), de cor amarela, que coa súa presenza solitaria e discreta avísannos do cambio tan grande que está por chegar. 20


VIOLETA BRAVA

Viola riviniana

Os narcisos dan paso ás violetas bravas (Viola riviniana), que xa colorean os camiños das carballeiras e prados húmidos, dando alimento aos primeiros polinizadores que se atreven a saír dos seus agochos invernais.

Imagen: GN Hábitat

ABRUÑEIRO

Prunus espinosa

#ʇĘāīÀāʇ¨ʇĘāīÀāʇĘÊĚīÊû¨ğʇŔāěÊğʇľ¨ûʇ asomando nalgunhas árbores de Ŕāě¨ÀåĂûʇ ĦÊúĘÊě©Ɋʇ Àāúāʇ āğʇ abruñeiros (Prunus spinosa), que cos seus pétalos brancos abren paso á seguinte estación, a primavera.

Imagen: Wikimedia Commons

21


Imagen: Wikimedia Commons


LISTADO DE ESPECIES

01 PAXARA

09 ÚBALO COMÚN

Aglais io

Spinus spinus

02 CARACOLEIRO ESPIÑENTO

10

Cychrus spinicollis

BUFO PEQUENO Asio otus

03 LIQUE DE BARBA

11

Usnea hirta

ARMIÑO Mustela erminea

04 LOUREIRO

12

FURAFOLLAS PEQUENO Sorex minutus

Laurus nobilis

13

05 MORCEGO DE FERRADURA PEQUENO

RA VERMELLA Rana parvipalmata

Rhinolophus hipposideros

06 PATO CHUPÓN EUROPEO

14

MARTELIÑOS Narcissus cyclamineus

Aythya ferina

07 PÍLLARA DOURADA EUROPEA

15

Pluvialis apricaria

VIOLETA BRAVA Viola riviniana

08 TORDO REAL

16

Turdus pilaris

ABRUÑEIRO Prunus spinosa

23


E agora... Podedes comezar! Podedes completar a información acerca do programa a través da https://somoscoawa.com/ nosahttps://somoscoawa.com/ páxina web, escribíndonos a divulgacion@somoscoawa.com ou chamando ao 669 070 786.

24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook