Issuu on Google+

Dende o ENDL, ímosvos facer unha proposta de libros, para a ponte de maio. Con sol ou con chuvia sempre é unha ledicia ler un anaquiño nun libro. Esperamos vos guste a nosa selección e se tedes propostas sen dubidar facédenolas chegar! Elexide e comentade!

Circo Rigatoni Pinto&Chinto Editorial Everest Galicia, 2008 “Circo Rigatoni supón unha crónica do marabilloso e incríbel elenco de artistas que nos leva ao máxico mundo do circo de comezos do século vinte.(…) O que realmente fascina desta obra é que o lector coñece cómo é un circo pero queda abraiado coas peripecias que poden facer estes artistas sumerxidos no surrealismo aínda que se narra de xeito verosímil e natural: así o malabarista foi capaz de facer unha nora perante anos cunha chea de xente e obxectos, o home-bala foi á lúa e regresou de volta, o domador conseguía facer virtuosismos cos seus animais, entre outras actuacións abraiantes.” Así o recomenda María del Carmen Ferreira Boo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.



Ponte de Maio libros