CEP DE SABARIS

Revistaescolar Nº18
Curso2023-2024
Quen diría que xa estamos a piques de rematar o curso
2023-2024…
Nesta revista recollemos todas as actividades, saídas obradoiros, ...do noso alumnado.
Todas as actividades desenvoltas neste curso xiraron en torno ao proxecto “Miña horta meu xardín, sementando futuro",
Un proxecto relacionado cos produtos da terra e co coñecemento da agricultura así como co coidado do medio ambiente.
Esperamos que gocedes deste pequeno diario de actividades.
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega deséxavos un feliz verán.
Momentos
Túnel
Disfraces aterradores
Scape room
Este ano gozamos dunha xornada moi dinámica: roteiros, xogos, convivencia entre iguais e a degustación da castaña como protagonista do día.
Os días 4 e 5 de decembro conmemoramos o día internacional da discapacidade no CEP Sabarís.
O luns 4 o alumnado de 1º e 2º participou na xornada de convivencia organizada polo CEE
Juan María no pavillón de Panxón.
Pasárono moi ben e tomaron un rico chocolate.
Aquí vos deixamos un vídeo onde poderedes ver a participación de todo o alumnado nas actividades organizadas na semana da diversidade!
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!
Sementando o entroido polas rúas de Sabarís!
Coa axuda de granxeiros, agricultores, tractoristas, caracois, paxariños e cadros Arcimboldianos.
O martes, os alumnos e alumnas desfilaron pola vila de Sabarís con traxes relacionados co festexo, para posteriormente, gozar das actuacións desenvoltas polos diferentes cursos e a degustación de doces típicos.
Co obxectivo de eliminar os virus e bacterias que nos rondan, o persoal do CEP Sabarís ataviouse de analxésico.
O venres, despois de tanto festexar, a imaxinación deixamos voar, lucindo o noso disfrace exemplar a toda a comunidade escolar.
Visita da autora dos libros "NATA Y CHOCOLATE" E "NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES", Alicia Borrás.
Tentalibros sorprendeu a todo o alumnado do cole cuns retos a resolver basados nun poema de Anxo Iglesias do libro "Unha nova dimensión".
O alumnado do CEP Sabarís convertiuse por un día en fotógrafos e fotógrafas, creando o seguinte estudio fotográfico.
Están feitos uns artistas!
O venres, 23 de febreiro, conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a escritora, poeta e referente absoluto da cultura galega.
“
Participamos no concurso
E TI, QUE
DA IGUALDADE ” organizado pola Deputación de Pontevedra e ... gañamos o primeiro premio na categoría de primeiro e segundo de primaria.
Canto aprendemos!
Para familiarizarnos coa tecnoloxía descubrimos as mensaxes que agochaban os códigos QR.
Este ano estivemos a desenvolver un conto entre todo o alumnado do CEP de Sabarís. O obxectivo foi incentivar a imaxinación, a expresión oral, a escritura creativa..., para construír entre todos un relato formidable.
Agasallos para un día festivo.
Folleto informativo do festival das Letras Galegas
Vídeo coa biografía de Luísa Villalta elaborado polo alumnado do CEP Sabarís.
“A MESTRA MOLY”
Moly unha gran docente e compañeira.
Desfruta desta nova etapa con moita saúde.
Non te esquezas de nós e volta cando queiras a túa casa.
Alumnadode
6ºAe6ºB