Issuu on Google+


Hai

moitos,

moitos

anos,

cando

a

noite

era

noite

de

verdade, e a xente so tiña para quentarse o lume dunha lareira e para iluminar o camiño a luz dun candil, vivía nunha aldea do sur de Galicia un home que se chamaba Felipe. Tr a t á b a s e d u n h a p e r s o a a q u e n t o d o s o s v e c i ñ o s a p r e c i a b a n moito, pois sabían que podían contar con el no caso de necesitar axuda, xa que tiña un gran corazón.


As familias naquel tempo eran grandes, e Felipe tiña nada máis e nada menos que dez fillos e fillas: Alberte, Dimas, Gael, Úrsula, Pedro, Rita, Damián, Andrés, Pilar e Mariña.


A súa casa era de pedra, cunha porta grande e vermella á d e r e i t a . Ti ñ a t a m é n d ú a s v e n t á s n o p i s o d e a b a i x o e u n l o n g o balcón con catro ventás no piso de arriba. O tellado era de tella vermella e tiña unha cheminea enorme que botaba fume durante todo o inverno.


U n h a n o i t e b o a e s t a n d o t o d o s s e n t a d o s a c e a r, s e n t i r o n q u e alguén petaba na porta. Nun momento, fíxose o silenzo en toda aquela algarabía de festa, Felipe ergueuse da súa cadeira e foi abrir de contado. Era unha noite de chuvia e vento e non era cuestión de ter a ningún veciño agardando fora. Cando abriu a porta, non había ninguén, pero no chan atopou algo envolto en teas de cores, que misteriosamente estaban completamente secas.


Cando remataron de retirar teas e mĂĄis teas, atoparon sorprendidos unha fermosa mazĂĄ. Era enorme comparada con todas as que viran antes, case tan grande como unha cabaza, e a sĂşa pel tiĂąa todas as cores do arco da vella.


Mariña, que era moi traste, comezou a xogar cunha das teas e viu que nela había un escrito impreso en letras douradas: “Desta mazá poderedes comer e o voso agasallo de Nadal ides ter, pero as sementes lembrade gardar para que unha nova maceira poda medrar”


E así o fixeron. Felipe partiu en dez a mazá e foina repartindo entre todos. Antes de mordela pechaban os ollos e pensaban no agasallo que máis desexaban, e por arte de maxia cada un foi conseguindo o que quería.


Felipe

gardou

as

sementes

e

cando

chegou

o

tempo,

preparou un anaquiño de terra na horta de atrás da casa e alí as sementou. A

maceira

medrou

rapidamente

e

a

todo

o

mundo

lle

chamaba a atención que non dera froito ao mesmo tempo que as outras.


So daba mazĂĄs cando chegaba o Nadal e entĂłn, Felipe e a sĂşa familia, cada ano deixaban unha na porta de cada casa, para que todos tivesen a oportunidade de compartir a sorte que a eles lles chegara.



A Mazá Máxica - Un Conto de Nadal