Skip to main content

Periódico escolar 2018

Page 1

Falares 26

CURSO 2017-18


A continuación mostramos algunhas das actividades que se realizaron na Área de Educación Artística (Plástica) nas seccións bilingües, en 3º e 4º de Educación Primaria, aínda que algúns dos traballos fixéronse en colaboración con outros cursos. -Actividade: Kandinsky e o círculo. O uso da cor. -Cursos: 3º e 4º Educación Primaria -Temporalización:1º trimestre. - Mural cos traballos individuais do alumnado

-Actividade: Colaxe de outono. -Cursos: 2º, 3º e 4º Educación Primaria -Temporalización:1º trimestre. - Mural cos traballos feitos en parellas polo alumnado


-Actividade: Julie Mehretu e a técnica das capas no arte abstracto.

-Cursos: 1º,2º,3º ,4º e 5º Educación Primaria -Temporalización:1º trimestre. - Mural cos traballos individuais do alumnado . - Lienzo colectivo realizado por todo o alumnado que participou na actividade.

-Actividade: Debuxos inspirados na canción de Louis Amstrong

“What a wonderful World” e o libro do mesmo título de Tim Hopgood . -Cursos: 3º e 4º Educación Primaria -Temporalización:2º trimestre. - Mural cos traballos individuais e realizados en parellas e pequeño grupo polo alumnado .


-Actividade: Joan Miró e a liña. O uso da cor. -Cursos: 3º e 4º Educación Primaria -Temporalización:2º trimestre. - Mural cos traballos individuais do alumnado .

-Actividade: Georges Seurat e o puntillismo.

-Obra: A Sunday afternoon on le Grande Jatte -Cursos: 3º e 4º Educación Primaria -Temporalización:3º trimestre. - Mural cos traballos individuais do alumnado .

Os traballos mostrados aquí, decoran os corredores e diferentes espazos do centro, tal como se plantexa no Proxecto de seccións bilingües.


ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

ADIÓS,

ADIÓS, FONTES

ADIÓS,

PEQUENOS;

ADIÓS, REGATOS

RÍOS;

ADIÓS, REGATOS

RÍOS;

ADIÓS, FONTES

PEQUENOS;

ADIÓS, VISTA DOS MEUS OLLOS:

ADIÓS, VISTA DOS MEUS OLLOS:

NON SEI CANDO NOS VEREMOS.

NON SEI CANDO NOS VEREMOS.

MIÑA TERRA, MIÑA TEERRA,

MIÑA TERRA, MIÑA TEERRA,

TERRA ONDE EU ME CRIÉI,

HORTIÑA QUE QUERO TANTO,

TERRA ONDE EU ME CRIÉI,

HORTIÑA QUE QUERO TANTO,

FIGUERIÑAS QUE PRANTÉI. FIGUERIÑAS QUE PRANTÉI.

AUTOR DO POEMA:

ROSALÍA DE CASTRO

AUTOR DO POEMA:

ROSALÍA DE CASTRO


SaĂ­das culturais de Primeiro de Primaria


Pum Pum (Baobab)


Naia

Adrián O meu peluche favorito é Micky Mouse. Vouvos contar como o fabricaron: primeiro fixeron a tea e o algodón. Despois formaron a tea coa forma do peluche e metéronlle o algodón dentro. A continuación gardárono nun paquete e chegou á miña casa. É o meu peluche preferido.

O meu peluche naceu en Zara Home. Dende ese día non se separou de min, lévoo a todas partes: a Pontevedra, ao río,… Chámase Martín e ten tres anos. Encántalle durmir e tamén escalar, andar pola natureza. De comida gústalle a pizza. É moi bo. Ten un irmán igualiño a el e tamén una amiga chamada Mizzi. Encántame o meu peluche!

Manuel Carla A Minnie mercouna miña tía Rosi no verán do ano 2011, nunha tenda chamada Chacón e que actualmente é Xoguettos. É un peluche incrible, ela non é como os demais, parece que cobre vida, é moi amorosa. Toda a miña familia a quere, incluso os meus avós. E leva tacóns!!! Tamén ten una cama especial para ela. Cando choro, cando me arrepinto,… doulle una aperta xigante!!! Despois síntome moito mellor. Quero moito a miña Minnie!

O meu peluche favorito é Enderman, una criatura de aspecto escuro, con longos brazos e pernas, e ollos brillantes. Fabricouse en Mojanf, un estudo de xogos que está en Estocolmo, Suecia. Alí crearon o Minercraft, un videoxogo moi famoso e Enderman é un dos personaxes. No videoxogo é malo e ten a habilidade de teletransportarse. Soamente te ataca se lle miras aos ollos. Regaláronmo cando cumprín seis anos. Dende entón durme comigo e cando teño pesadelos aparece teletransportándose nos meus soños para pegarlle aos malos, Se queres ter doces soños, pon un Enderman na túa vida!


Aitana:

Uxía:

O meu peluche chámase Lula. É un can de cor branca e gris. É moi “achuchable”, durme comigo todas as noites e dame calor. O seu rabo é moi simpático. Sempre o levo a todas partes, como cando vou a casa dos avós. Ten oito anos e regaláronmo cando nacín.

O meu peluche preferido chámase Copita e ten un fillo no brazo. Leva un vestido rosa con cadros e un laciño na cabeza. É moi achuchable, case sempre durmo con ela. É de cor branca e sempre está sorrindo. Non adoito levala aos sitios onde vou, queda na casa. Esta osiña regalouma unha veciña nunha cesta, con outras cousas

Naia: O meu peluche favorito chámase Maumiau. É un gatiño rosa cun laciño vermello no pescozo. Regaloumo Papá Noel cando eu tiña cinco anos. Perdino moitas veces pero sempre acabo por atopalo. Ten tres amiguiños: un canciño que é do meu irmán Nico, un león que é meu, e outro gatiño que se chama Nube. Durmimos sempre os catro xuntos: Maumiau, Nube e o leonciño.

Lucía: O meu peluche favorito é Fantasía, unha pequena unicornio. Compreina o 8 de maio de 2015 e dende entón non me separo dela, sempre a levo a todas partes. As súas cores son: rosa, azul e amarela. Case todo o corpo é rosa, ten os ollos amarelos e de purpurina, a cola é rosa, e no culete e nas patas dianteiras, ten unhas boliñas. Púxenlle ese nome porque creo que ten moita fantasía. Quéroa moitísimo e é moi bonita.


Sabela: O meu “osiño” fabricouse nunha fábrica moi importante de España. Alí fan xoguetes para nenos e nenas de todo o mundo. Un deses xoguetes é o meu peluche. O meu “osiño” é suave e moi fraquiño, ten os ollos negros e tantos anos coma min. Sempre me acompaña a todas partes. No ano 2009 regaláronmo polo meu nacemento. Foi o agasallo que máis me gustou. Consérvoo como se fose un da familia e cando vou de vacacións, de ruta de sendeirismo levoo comigo. É… en resumo, é o mellor peluche de todos, Espero telo comigo moitos anos máis.

Pablo: Cando era pequeno, unha amiga da miña nai foi a EuroDisney e tróuxome unha mochila-peluche de Micky. Sempre a levaba a gardería e durmía con ela, é moi suave. Unha vez disfraceime de Micky no Entroido e levei posta a mochila. Agora aínda a teño no meu cuarto e ás veces aínda xogo con ela. É o meu peluche favorito.

Victor: O meu peluche regaláronmo no 2009, o día que eu nacín. É un osiño que se chama Tedi. Foi o regalo que me deu a miña avoa no meu nacemento, porque ela dixo que eu era o seu osiño amoroso, e segue a ser así. Quero moito ao meu osiño Tedi

Lara: Eu tiña catro anos e fun coa miña tía a elixir un peluche por portarme ben no colexio. Entramos nunha tenda e cando vin a Minnie namoreime dela. Era moi bonita e non podía deixar de darlle apertas. Ademais se lle apretas nas mans ou nos pés canta cancións. Non a quero deixar soa na casa, teño que ir con ela aos sitios, sexa fácil o difícil.


Carolina: Maña cúmprense 9 anos dunha bonita amizade. O 26 de febrero de 2009 foi o día que eu nacín, ese mesmo día chegaba Siam ao meu berce. Siam é un husky de peluche, cunha cor rosa e un pelo moi suave. Os meus país contáronme que foi un agasallo dos meus tíos, dunha gran viaxe por Europa. Eles dixéronme que o mercaron nunha pequena xoguetería de París. Tamén sei que están cosidos a man. Siam, acompañoume ao longo destes nove anos en todas as miñas viaxes: a Barcelona, Illas Canarias, Logroño, etc. Este ano virá comigo a Portaventura. É o meu peluche favorito!

Alicia: Os alumnos/as de 3º decidimos traer á clase os nosos peluches favoritos. Contamos algo da súa historia e de como chegaron ás nosas mans hai moito tempo.

Nerea: Sobre o traballo que fixemos algúns compañeiros/as comentaron o seguinte:

Gustoume que moitas persoas coñeceran a historia dos nosos peluches. Convertéronse en protagonistas do noso traballo para o Salón do Libro.

Con este traballo recordamos como xogabamos con eles cando eramos máis pequenos. Os peluches déronnos moito amor, cariño e consoláronnos cando estabamos tristes, agora nós convertémolos en famosos. É divertido falar dos peluches! Nós fixemos un esforzo para traelos á clase, querémolos moito e tiñamos un pouco de medo a que lle pasara algo.


O alumnado do 4º nivel de Educación Infantil realizamos un videoclip da canción de Paco Nogueiras “ Meu o mundo é “ . Con el participamos no certame audiovisual

Videoghit 2018 organizado polo IES Pintor Colmeiro, e quedamos finalistas na categoría de Mellor vestiario e decoración. Podedes ver o video pinchando en calquera dos seguintes enlaces: https://youtu.be/ThYIvyaTGYk http://ceipdetenorio.blogspot.com/2018/05/meu-mundoe.html#more

Queremos darlle as grazas á profe Adriana por axudarnos coa gravación, e á profe Puri por colaborar cos seus alumnos no estribillo final.


Lámpada de lava.

Carlotta presentounos o seu experimento, unha lámpada de lava. Para realizala utilizou unha botella de plástico que encheu primeiro con auga ata a metade. Logo engadiu colorante e cubriu con aceite a mestura. Para conseguir o efecto desexado utilizou unha pastilla efervescente. Para poder ver ben o efecto utilizou unha pequena lámpada situada na base da botella.

Flota ou afunde?

Ánxela presentounos tres tarros que contiñan auga da billa, auga saturada en sal e auga saturada en azucre. Observamos que na auga pura afúndese, na solución salina flota e na solución azucarada mantense a media altura.


Mesturamos e observamos.

Para realizar este experimento necesitamos seis vasos con auga e diversos ingredientes: azucre, sal, azafrán, cola cao, pan raiado, café, herba Luisa … Unha vez que se realizan as mesturas deben responder ás seguintes preguntas.

Cambia de cor? Cheiran a algo? Mestúranse? Flotan?

Anotamos na ficha correspondente os datos obtidos.


Nestes dous últimos cursos 2016/2017 e 2017/2018, os nen@s de sexto estivemos mergullados nos proxectos de Cinema en Curso e Fotografía en Curso respectivamente, investigando e traballando en ámbolos dous sobre o mundo dos canteiros, xa que o noso Concello foi e é terra de numerosos e afamados artesáns da pedra.

No curso pasado, en 5º, presentamos a nosa película “Terra dos Arxinas” (http:// www.cinemaencurs.org/es/film/terra-dos-arxinas) , na que contamos coma protagonistas con Antonio Rosales e Manolo Padín de “Granitos Rosales” (Tenorio), Julio García, Jacobo García, e Sebastián Lagos de “Granitos Viascón” (Viascón) e co canteiro xubilado Belarmino Villanueva e a súa dona Mº Divina Camiña de Ceraxe. Foi unha experiencia marabillosa. Aprendemos un feixe de cousas que ate entón eran para nós descoñecidas, á vez que tamén descubrimos lugares do noso Concello tamén descoñecidos para nós. Metémonos no “Mundo da pedra”, no mundo dos canteiros, no seu oficio, no seu esforzo diario, na evolución do traballo ao longo dos anos, na súa xerga gremial (o verbo dos arxinas), na súa vida cotiá…. Os nosos protagonistas contáronnos como evolucionou o seu traballo co paso do tempo, como se pasou de “arrincar” a pedra no monte, carretala en carros de vacas e despois darlle forma baixo unha maceta e un punteiro, ata o día de hoxe co avance das técnicas e a implantación das novas maquinarias. Xa neste curso, ao participar no programa de “Fotografía en Curso” tivemos claro que o noso proxecto fotográfico ía ser unha extensión da nosa documental cinematográfica, con todo o vivido e aprendido sobre a canteiría o curso pasado.

A inicios de curso lanzámonos nesta nova aventura do mundo da imaxe co fin de facer o proxecto final sobre a cantería, pero para chegar a ese fin tivemos que pasar por moitas fases nas que practicamos diferentes tipos de fotografías por separado. Fixemos centos e centos de fotografías, tanto nas prácticas que levamos a cabo no colexio como no noso tempo de lecer. A continuación deixámosvos unha pequena mostra das prácticas que levamos a cabo.


Espazos baleiros: A terceira entrada do dicionario para a palabra “baleiro” refírese precisamente a “Espazo baleiro” e di: Espazo baleiro, que non está ocupado, especialmente por aquilo que está destinado a conter. A definición indica que un espazo baleiro defínese por estar baleiro de algo, é dicir, por unha ausencia.


As fotografías de espazos baleiros non teñen como única característica o feito de que non haxa persoas, figuras ou elementos relevantes, senón que son as eleccións dos fotógrafos as que fan que vexamos un espazo como espazo baleiro: o encadre, a distribución dos elementos neste encadre, a distancia e a luz constrúen unha determinada configuración do espazo que fai que sintamos ou non o baleiro. Son precisamente estas eleccións as que tamén fan que as fotografías de espazos baleiros teñan unha gran potencia evocadora e un gran valor fotográfico. De feito, hai unha longa tradición fotográfica vinculada aos espazos baleiros: dende os primeiros fotógrafos aos cales a técnica non lles permitía captar as figuras en movemento, ata os fotógrafos contemporáneos que exploraron os nonlugares e indagaron no urbanismo, a periferia, as marxes…


Podemos pensar en prazas, rúas, cuartos, estradas, esquinas, parques, espazos rurais, lugares públicos (teatros, estacións de metro, cafeterías...). Poden ser espazos abandonados, desocupados, con pegadas de presenza e ausencia, sen a xente ou os obxectos que os poboan habitualmente. A práctica permite explorar e descubrir o entorno, e a súa vez, iniciarse nas eleccións fotográficas.


Poéticas: meteoroloxías e horas do día O chan mollado tras a choiva, as árbores movidas polo vento, a néboa, as primeiras luces da mañá. Os ceos do anoitecer... son motivos cunha gran forza expresiva. De feito. Son motivos centrais na fotografía pola súa capacidade de evocación, aos cales asociamos emocións, estados de ánimo, sensacións.


Unha nube escondida tras un muro, a copa dunha árbore, algunhas follas secas, os círculos no lago tras lanzar unha pedra... Son pequenos detalles que a miúdo nos pasan desapercibidos e que a fotografía pode converter en motivos moi especiais, de gran densidade visual e poética. Árbores, nubes e augas son motivos cunha longa tradición na poesía e a arte: comparten certo carácter etéreo e huidizo, teñen algo de delicado, fráxil e inapresable. Son as materias que os impresionistas saíron a capturar cando a pintura iniciou os seus pasos ao aire libre.


Esta práctica propón intensificar a mirada cara a estes momentos tan especiais do día e a meteoroloxía, para descubrir as posibilidades expresivas.


Retratos Na linguaxe cotiá dicimos "retratar" para referirnos simplemente ao acto de facer unha fotografía na que sae unha persoa. A miúdo a intencionalidade é rexistrar un momento ou que esta persoa saia "guapa". Nada máis lonxe do que nos dispoñemos a facer e do que fan os fotógrafos cando encaran un retrato. Facer un retrato significa observar a persoa, reflexionar, interrogarse sobre que queremos mostrar como fotógrafos e como o mostraremos. Un retrato constrúese, é dicir, o fotógrafo elixe que quere mostrar e como facelo: elixe o espazo, dispón ao retratado, dálle indicacións, estuda o rostro, as expresións, a mirada, a relación entre a luz e o rostro, etc.


Diarios de luz Eliximos un encadre dende a fiestra da nosa aula e realizamos un diario da luz: fotografamos o espazo ao longo de diferentes horas do día e de diferentes días mantendo sempre o encadre idéntico.

Diario meteorolóxico Tamén fixemos un diario meteorolóxico dunha inmensa nube que nos impediu fotografar a súper lúa do 1 de febreiro, realizando fotografías cada 30 segundos. O resultado podedes velo no seguinte vídeo https://www.youtube.com/watch?v=YiqIwdcui6o


Saída ao Mosteiro de San Pedro de Tenorio:

A mediados de curso e xa cos obradoiros de fotografía realizados, fixemos unha saída ao Mosteiro de Tenorio co fin de por en práctica o aprendido ata o momento, mostrámosvos unha pequena escolma das fotos recollidas


Proxecto Fotográfico sobre o noso colexio: Tamén fixemos un proxecto fotográfico sobre o noso centro, no que incluímos espazos baleiros, fotografías poéticas e meteorolóxicas, diarios de luz e retratos de todo o persoal que nel traballa. O proxecto está exposto na entrada do cole, estades convidados a botarlle unha ollada!!

Con todas as prácticas realizadas e cos coñecementos adquiridos a partir do mes de marzo contamos co acompañamento do fotógrafo profesional Luís Díaz Díaz, todo un descubrimento para nós. Durante as primeiras sesións explicounos o funcionamento da súa cámara analóxica, sí, unha cámara de carrete, das que nós non sabiamos nada, e ata fixemos un obradoiro de revelado o que nos pareceu pura maxia!! Tamén fixemos prácticas de fotografía coa súa cámara no colexio, xa que con esa cámara é coa que iamos sacar as fotos do noso proxecto fotográfico sobre a cantería.


Unha vez familiarizados coa cámara analóxica, fixemos diferentes saídas para realizar fotografías para o noso proxecto fotográfico. Visitamos outra vez a Granitos Rosales, Granitos Viascón e a Belarmino e a Mº Divina en Ceraxe, foi moi bonito volver a velos despois de rodar a película o curso pasado, e máis sabendo que ian estar, e estiveron a nosa total disposición. Tamén fotografiamos o Foxo do Lobo de Viascón, a Ponte Nova de San Xurxo, Eira Grande de Pedre, a Ponte de San Antón en Cerdedo, o Monte do Seixo, a Ponte de Almofrei e ata unha antiga canteira en Borela. Se o ano pasado aprendemos sobre o oficio de canteiro, este ano, aparte de aprender máis sobre eles, coñecemos moitos dos seus traballas que eran descoñecidos para nós.


Con todas as fotos realizadas, pasamos ao momento da selección final, no que tivemos que debater entre nós e chegar a un consenso para establecer cales serían as fotos que formarían parte da exposición final e do pequeno libro que imos editar. O traballo final non volo podemos mostrar porque mentres escribimos este artigo aínda estamos na fase de selección, pero estade atentos ao blogue ( http://ceipdetenorio.blogspot.com/) do centro, pois subiremos aí o noso proxecto fotográfico final.

Un saúdo


CHOVE, CHOVE…

CHOVE, CHOVE,

NA

DO

CASA

NEVA,

POBRE

NEVA,

NA

CASA

DA

VELLA.

PINGA, PINGA,

NA

CASA

DA

TÍA DOMINGA.

SARABEA, SARABEA,

NA

CASA

DA

TÍA ANDREA!


No C.E.I.P de Tenorio realizáronse diferentes actividades ao longo do curso escolar para fomentar o uso do galego entre o alumnado. Aquí mostramos unha escolma dalgunhas das actividades propostas polo EDLG. CELEBRACIÓN DE FESTAS TRADICIONAIS E POPULARES

Ao longo do curso celebráronse diferentes festas tradicionais como o Samaín, O Nadal, O Entroido. Tamén intentamos recuperar a tradición da festa dos Maios no centro e no entorno. A continuación mostramos unha selección de fotos das diferentes actuacións. Actividades do Magosto e Samaín. Exposición de cabazas e degustación de castañas Actuación da Orquesta Ce Pantasma. Xogos populares


Festa do Entroido. No C.E.I.P de Tenor io, fixér onse dr amatizacións de contos clásicos ao “revés” . Entre outras representáronse “O ratiño presumido”., “Riciños de ouro”.“Brancaneves e os 7 ananiños” cambiou a historia e convertiuse en “Branconeves e as 7 ananiñas” e así sucesivamente con todos os contos que protagonizaron este Entroido. Velaí unha escolma de fotos deste Entroido 2018. Tamén houbo degustación de orellas para todo o alumnado, profesorado e familias que acudiron ao centro.


Letras Galegas 2018

Este ano a homenaxeada foi María Victoria Moreno. No CEIP de Tenorio, decoramos as fiestras da entrada con debuxos da autora e fixemos unha pequena exposición de libros de María Victoria Moreno dos fondos da biblioteca de centro. Outra das actividades foi facer unha exposición coas obras infantís máis relevantes da autora, onde o alumnado ilustrou as portadas dos libros. Tamén lle adicamos un espazo para expoñer o traballo enviado pola Consellería de Educación.

ACTUACIÓN DE PAKOLAS. O músico Pakolas fixo cantar e bailar ao alumnado do noso centro ao ritmo de música en galego con cancións como “Baldomero o mero” ou “Xabarín con bombín”. Ademais tamén nos ensinou instrumentos peculiares que espertaron a curiosidade dos alumnos /as.


World of Discoveries.


Ao longo do curso realizamos dúas visitas á Escola de Educación Infantil Galiña Azul. Representamos e lemos diversos contos e cantamos varias cancións. Este é o resumo:

A bruxa namorada.

O alumnado de 6º de Infantil representou a obra “A bruxa namorada” baseándonos nun curto de animación dirixido por Pedro Solís e producido pola Festa PC e adaptado por nós. Nel podemos ver a unha bruxa alterada pola primavera, namorada do amor, que quere conseguir a un príncipe encantador e finalmente coñecerá o valor da amizade.

Un rato? Vexo, vexo

Baseándonos no conto de Guido Von Genechten ,narramos as aventuras do Rato Mariano, que come queixo coa man, e sen prato gústalle moito, e sen tenedor moito mellor! Vai ver ao seu amigo o Elefante Samir, que non pode durmir. Durante o camiño atoparase ao seu amigo o mono, o pingüín, e a serpe.


CANCIÓN:

O alumnado de 5º de E.I. interpretou a canción “O Corpo”


Historia dunha folla.

Os ratos da casa.

Baseado na obra de Xosé Manuel González este conto narra as peripecias dunha intrépida familia de roedores que sae do monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento? Comida? Non importa tanto a meta como o camiño.


As pinguiñas de auga e o arco da vella.

O alumnado de 5º de Infantil presentounos o seu conto “As pinguiñas e o arco da vella”.

Cantamos, bailamos...

Convidáronnos a unha lambonada e a xogar no seu patio!

Pasámolo moi ben.


PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE Durante este curso, o CEIP de Tenorio participa nun programa promovido pola Consellería de Educación e a Fundación Botín para a mellora da convivencia, da educación emocional e da calidade do ensino. Este programa aplicarase no centro ao longo de tres anos e integra a todo o alumnado, que vai participando en diferentes actividades. Os recursos que se traballan están relacionados coa Literatura, a Música, a Expresión Artística e o emprego de medios audiovisuais. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!

REFLEJARTE

Durante o primeiro trimestre participaron nesta actividade os seguintes niveis de Primaria: 1º, 2º A, 2º B, 3º, 4º e 5º. O primeiro que fixemos foi solicitar a colaboración das familias, a través dunha carta que se lles enviou. Nesa carta mandamos unhas pautas de traballo para poder dirixir a actividade, de xeito que fose significativa a busca que se estaba facendo de ese obxecto, ou expresión/palabra que o alumnado traería como referencia. Logo elaborouse unha presentación para o alumnado e o profesorado implicado, para coñecer a figura artística da obra de Julie Mehretu. Esa presentación, elaborouse en inglés e galego. Despois de ver a presentación fixemos un percorrido virtual pola obra da autora, presente na Fundación Botín. Xa nas aulas, cada profesor e o seu alumnado, presentaron na clase os obxectos e/ ou expresións que escolleu o alumnado, coa axuda das familias. Algúns fixeron un debuxo e outros trouxeron unha foto. A continuación, o alumnado comezou a experimentar co seu caderno/bosquexo. Cada alumno/a tiña que elaborar un traballo, utilizando varias capas de plástico transparente superpostas. Elaborouse un caderno para cada alumno/a con tantas follas de plástico transparente como o número de capas que pensabamos traballar. As láminas fixémolas cortando plástico, todas do mesmo tamaño. Empregamos o formato A3 porque nos pareceu máis axeitado para desenvolver os trazos.


PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE As capas que se tr aballaron no bosquexo foron as seguintes: Capa 1.- Fondo branco, sobre o que experimentar con lapis, diferentes texturas, deixándonos levar pola emoción que nos provocou atopar “iso” que buscábamos. Capa 2.- Plano físico do catastro do contorno do colexio para traballar grafías en rotulador dourado/negro. Tratábase de repasar os contornos de zonas ou cousas que fosen representativas por algún motivo, poñendo debaixo da lámina plástica o debuxo do catastro. Capa 3.- Na terceira capa podíamos xogar plasticamente coas letras do nome do obxecto ou palabras escollidas. Tamén con rotulador negro. Aquí, xa nos tiñamos que fixar moito no fondo que daban as capas anteriores. Capa 4.- Nesta capa, usamos acrílicos para representar formas xeométricas/manchas de cor, relacionadas co obxecto ou o traballo anterior representado. Capa 5.- Aquí empregamos papeis de cores para precisar cousas que quixeramos destacar, de xeito abstracto ou figurativo. Con todos estes traballos fíxose unha exposición e, por último, todos os cursos colaboramos na obra definitiva, que mostramos a continuación. TÍTULO: PRETO DO COLEXIO


PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE LEE. Educación Infantil.

Ao longo do 2º trimestre o alumnado de E. Infantil levou a cabo unha actividade de lectura e emocións, dentro do recurso LEE. Escolleron para traballar o conto de “Nadarín”. Primeiro seleccionaron unha serie de contos para explorar sentimentos coa familia e os amigos. E a partir das emocións que suscitaban elaborouse un emociómetro. O personaxe conductor ao principio da actividade é o Mago das palabras, que a través de cartas dirixidas ao alumnado estimula o interés polas lecturas. “Nadarín” conta as aventuras dun pequeno peixe que coa súa habilidade e inxenio,vivirá un proceso de superación persoal que o levará a coñecer novos amigos e a enfrontarse ao medo e á soidade. A continuación, mostramos diferentes momentos da actividade nas aulas


PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE O fondo marino foi un tema moi motivador para seguir traballando a plástica. Os seguintes traballos foron elaborados polo alumnado de 5º de E. Infantil.

LITERATURA E EMOCIÓNS O alumnado de 3º, 4º e 6º de E. Primaria participou nesta actividade cunha adaptación do conto “El hombrecillo de papel”. As familias do alumnado colaboraron na elaboración dunhas preciosas bonecas de papel que ilustraron a historia. Fixemos unha presentación do conto para proxectalo, ao mesmo tempo que o alumnado o ía narrando. O conto foi representado en Santiago e no colexio.


PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE Na nosa adaptación, a historia conta como unha nena, aburrida de xogar cos seus xoguetes, crea unha boneca de papel e a leva a pasear ao parque. Alí, escoita as historias dos nenos e nenas. Logo, cando todos quedan durmidos, escoita chorar a un homiño de papel, vestido de branco. El cóntalle as súas penas.

Entón, unha ráfaga de vento os empurra e os leva voando a contemplar o mundo. Ao final aprendemos que non hai palabras boas e malas. Todas son necesarias para entender o mundo, pero é responsabilidade de cada un de nós, escoller as máis axeitadas a cada circunstancia vital.


PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE CORO DE EMOCIÓNS Neste recurso participou todo o alumnado de E. Infantil e 3º e 4º de E. Primaria. Co noso concerto didáctico pretendemos enriquecer a nosa bagaxe artística e disfrutar da canción dunha forma lúdica e creativa, espertando á sensibilidade do intérprete e do público, cará á outras culturas e formas musicais. CORO DE EMOCIÓNS REPERTORIO

E. INFANTIL El cuco Zum Gali Gali Los cacharros 3º/4º E. PRIMARIA Mermelada de canciones Es de noche Gaudeamus hodie I like the flowers

TOD@S Epo 08 de xuño de 2018 Ceip de Tenorio


Cinema en curso O alumnado de 4º de Educación Primaria participou este ano en Cinema en curso. É a segunda vez que o centro participa nesta experiencia educativa de cine tan enriquecedora, polo seu carácter formativo, artístico e profundamente emocional. A continuación, narramos a que foi a nosa traxectoria de aprendizaxe, dentro e fóra da aula. Aprender a filmar Comezamos o curso facendo gravacións na casa, fixándonos en como colocar a cámara e ter en conta a luz. Fixemos os nosos Planos do Mundo e aprendemos vendo visionados doutros cineastas para inspirarnos neles. Coñecemos un tipo de cinema que non estabamos afeitos a ver. Máis adiante aprendemos a usar o equipo profesional. Pouco a pouco, aprendemos cales eran as funcións na rodaxe: director, cámara, cablista, sonidista, script, making of. No cole, montamos imaxes e sons usando primeiro o VideoPad e logo o Adobe Premiere. Cada día do proxecto, aprendemos vocabulario novo relacionado co cinema: que é untravelling, unha voz en off, editar, script… Escoller o tema da película O principio queriamos falar da elaboración do requeixo, o cal nos inspirou “Pastores de Orgosolo”, de Vittorio De Seta. Para elo falamos con veciños e puxémonos a investigar sobre localidades, persoas… Despois de varios días de investigación fomos á Corredoira, unha aldea onde se fai tradicionalmente o requeixo. Alí coñecemos a Isabel e Abel, que nos deixaron entrar na súa vida. Como non era época de facer requeixo, nos centramos máis nos traballos que facían eles: debullar o millo, facer cordas, sementar patacas, afumar chourizos. Son traballos campesiños que agora están algo esquecidos.

Preparar a rodaxe Durante todo o curso os visionados axudáronnnos a pensar ideas para a nosa película, fixándonos nos detalles, nas paisaxes, na luz e nos sons. Fixemos un listado de planos que queríamos gravar: travellings, retratos de Isabel e Abel na lareira e nos distintos traballos, coas vacas, as paisaxes da Corredoira. Observar os diferentes momentos do día, axudounos a planificar mellor a rodaxe, pois sabiamos que queriamos filmar o amencer, o anoitecer e os traballos que os protagonistas facían dende que se levantaban ata que volvían a descansar. Na rodaxe todos pasamos por todos os postos, cada un cunha misión, pero todas igual de importantes. Foi un traballo intensivo pero emocionante. Ás veces costounos gardar silencio, porque os nervios por facelo ben nos facían rir ou movernos. Pero aínda así conseguimos os nosos planos.


Cinema en curso Facer a montaxe As capturas dos planos filmados tiñámolos na aula e na sala de montaxe, para telos sempre á vista. Primeiro tivemos que ordenalos, coma se foran cromos. Despois seleccionamos os que queriamos poñer, e logo aínda houbo que facer outra selección máis cos que mellor quedaban. A continuación, tivemos que colocar os planos co Premiere e recortar a súa duración e mover algúns sons para que os cambios de planos quedaran mellor. Foi difícil prescindir dalgúns planos que nos gustaban moito. Cineastas que nos inspiraron RaymondDepardon: Polos seus travellings en “Perfiles campesiños” e como retrataba a vida na aldea. Vittorio De Seta: Polo retrato do día completo duns campesiños en “Un día en Barbagia” (nós quixemos comezar tamén por un amencer e rematar cun atardecer); e polos planos no solpor de “Surfarara” e os interiores de “Pastores de Orgosolo”. EloyEnciso: Os fragmentos que vimos de “Arraianos” inspiráronnos para filmar aos animais nas cortes de xeito similar, co contraste da escuridade e da luz natural. Mercedes Álvarez: En “El cielogira” influíronnos moito dous planos: Un no que aparece unha muller preto do lume cun gato (nós fixemos un similar onde Abel fai cordas a carón do lume). E outro plano de nubes, no que nos inspiramos, e que logo nos serviu de transición entre os planos de interior e os de exterior. Agradecementos Grazas a Cinema en Curso melloramos o xeito de traballar en grupo, en lograr un consenso, en respectar as ideas dos demais … Ás veces foi difícil. Grazas a Ángel, o noso cineasta, descubrimos que todo o que nos rodea ten a súa importancia. Con ilusión e paciencia foinos ensinando tódalas fases da elaboración dunha película. Polo camiño coñecemos e filmamos a moita xente que nos axudou na nosa práctica de cineastas. Amigos, veciños e persoas que nos axudaron cando comezabamos esta nova andaina, a todos e a todas!, agradecemos a súa colaboración. Por último, dicir que estamos moi satisfeitos de ter coñecido a Isabel e Abel, porque foron moi amables con nós e non lles importou mostrarnos o seu xeito de vida e aturarnos tantas horas. Moitas grazas !


“A PEGADA DA CIVILIZACIÓN ROMANA NA VIDA DE MARÍA VICTORIA”. LUGARES NOS QUE VIVIU MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ:

VALENCIA DE ALCÁNTARA, MADRID, BARCELONA, PONTEVEDRA, LUGO. AS IMAXES SON VESTIXIOS DA CIVILIZACIÓN ROMANA.

A VER SE ERES QUEN DE EMPARELLALOS CO NOME DO LUGAR CORRESPONDENTE


MEDRAMOS!! E OS NOSOS DEBUXOS FIXÉRONO CON NÓS. FIXÁDEVOS COMO CAMBIARON OS NOSOS AUTORETRATOS FEITOS EN 1º e AGORA EN 2º

SOMOS UNS ARTISTAS!

Lucía

Martín

Rodrigo

Sonsoles

Luis

Diego

Julia


Elba

Ainara

Hugo

Álvaro

Ángel

Álex

Valeria

Íker


CONTRATOS-PROGRAMA E COMPETENCIAS COMPETENCIA LINGÜÍSTICA Dentro dos Contratos- Programa , solicitouse unha liña de traballo da competencia lingüística na que participaron 3º, 4º e 5º de E. Primaria, e 4º de E. Infantil. Trátase dunha experiencia de traballo colaborativo entre os diferentes niveis, partindo da canción como recurso. Traballamos unha canción cada dúas/tres semanas, rotando os compoñentes dos grupos de traballo e incidindo en diferentes procesos relacionados con esta competencia. Demos especial relevancia a expresión oral (adecuación, fluidez, cohesión, planificación do discurso…) Ademais, incidimos, sobre todo, en contidos coma:  Estudo do ritmo e rima de poemas e cancións.  A pronuncia, o ritmo e a entoación.  A repetición como recurso artístico: o retrouso e a enumeración.  A mensaxe.  O/a autor/ora.  A creación poética.  A creación artística: murais, ilustracións, execución de coreografías… Desenvolvemos a competencia en ambas linguas, galego e castelá.


CONTRATOS-PROGRAMA E COMPETENCIAS COMPETENCIA MATEMÁTICA Tamén, dentro dos Contratos-Programa se solicitou unha liña de traballo para mellorar a competencia matemática. Colaboraron os cursos de 4º e 5º

de E. Primaria, realizando actividades tendo como recurso o horto escolar. Este proxecto levouse a cabo tendo en conta: 

A análise física do espazo, obxecto de intervención. Limpouse e preparouse un rincón do xardín. 

O emprego de recursos matemáticos para a defi-

nición do espazo. O alumnado mediu e representou nun plano o espazo, para a súa posterior división en pequenas parcelas. 

Realizouse unha previsión de recursos humanos e/ou materiais necesarios para a intervención.

Preparáronse as parcelas con terra e abono e plantáronse diversas hortalizas e herbas aromáticas.


DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º Despois de 9 cursos no colexio, chegou a hora de facer o cambio para á E.S.O. Atrás deixamos horas de aprendizaxe, de traballo, de emocións e sobre todo de cariño. Vivimos moitos momentos de ledicia e con eles nos quedamos para sempre. Fomos a primeira promoción de cineastas e fotógrafos, e para nos foi todo un éxito. Queremos despedirnos con moito agarimo do todos os/as mestres/as, sobre todo das nosas titoras dende Infantil ata o derradeiro curso de Primaria, pero en especial de Teresa a que dounos o derradeiro empuxón cara a seguinte etapa da nosa vida escolar.

Os protagonistas da nosa última película no cole son: Lucía Alonso Mª del Mar Marcial Jonathan Ángel Miriam Martínez Andrea Barros Laura Moreira Pablo Chantrero Nicole Pichel Joel David Manuel Sobral Xulia García Pedro Solla Carlos Gómez Nacho Xesteira Pablo González


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Periódico escolar 2018 by ceipdetenorio - Issuu