CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Índice: ABECEDARIO DE NFANTIL
3—5
BON APPETIT
6—9
LETRAS GALEGAS
10—11
SOMOS FELICES CON MOI POUCO
12—13
DÍAS DAS LETRAS GALEGAS
14
NADAL
15
ENTROIDO
16
SAMAÍN
17
DAÍA DA PAZ
18
DEPORTE ESCOLAR
19
DEBUXA O POEMA
20—21
O BOSQUE, FONTE DE VIDA
22
SURFEANDO NA WIKIPEDIA
23
ALGÚNS PITIÑOS DE INFANTIL
24
HISORIAS DE MONICREQUES
25
MAMÁ CABRA E AS SETE CABRITIÑAS
26—27
ONDE ESTÁN AS CHAVES?
28—29
SUSO E INFANTIL
30—31
O MEU COLEXIO IMAXINARIO
32—33
DENDE A VENTÁ DA MIÑA CASA
34—35
MENSAXE SEGREDA
36
A HISTORIA DE PEPA FROG
37
DESPEDIDA
38
2
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
3
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
4
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS APRENDERON A DEBUXAR O SEU CORPO E VESTÍRONSE CUNHA LETRA DO ABECEDARIO.
5
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
(Unha obra de cociña galega, feita por cociñeiros franceses) Nesta obra tres cociñeiros franceses, que falaban galego con acento da súa terra, explicaron como se facían catro dos pratos máis recoñecidos da nosa gastronomía, seguindo o libro de receitas de Álvaro Cunqueiro A cociña Galega .
MENÚ Empanada de zamburiñas Polbo á feira Lacón con grelos Filloas
O problema que lles xurdiu foi o de sempre. Que a teoría parece moi sinxela, pero a práctica ten miolo...
Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem, esforzáronse ao máximo para acadar o mellor dos resultados, pero… 6
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
A primeira dificultade atopárona ao facer a masa. Philip tomouse tan a peito as instruccións da receita, que cando leu “volcán de fariña” volveuse tolo e empezou a lanzala coma se fose a lava do volcán. Xunto con Fransuá aplastou, cun rolo xigante, a Antuá (o xefe de cociña) que quedou extraplano. Mentres Antuá estaba inconsciente, os dous cociñeiros comezaron a facer o recheo da empanada sen supervisión. Philip chorou os sete chorares cortando a cebola e Fransuá decidiu botar as zamburiñas coa cuncha, porque abultaban pouco.
Toucolle o turno ao polbo. A loita encarnizada entre os tres cociñeiros e o cefalópodo, provocou golpes e destrozos por todos lados. Primeiro tratando de collelo, e despois intentando mazalo.
Non foi doado atrapar ao polbo, e o que viña despois empeorou as cousas. Había que remollalo tres veces en auga a ferver!!! Nin que decir ten, que Philip queimou as mans ao facelo. 7
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Mentres o polbo fervía, Antuá leu unha advertencia importante: NON PINCHAR O POLBO!!! Díxoo alto e claro unhas cantas veces, pero Philip non prestou atención e… O POLBO ENCOLLEU!!! Quedou tan pequeno, que non daba a un dente.
Pero estes intrépidos cociñeiros non se rendiron. Continuaron co plan establecido, e Antuán pediulle a Fransuá que fose buscar o lacón, que deixaran a remollo para desalgar. Doado, non? Non tería por que ir nada mal.
Adiviñades? Pois si. Algo foi mal. Fransuá metera o polbo no mesmo caldeiro que o lacón e… O animaliño comérao enteiro!!! Só lle deixou o óso. Antuá estaba desesperado. O único que se lle ocorreu, foi facer unha sopa co óso e os grelos.
8
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Mentres a sopa se facía, tocáballe o turno ás filloas. Fariña, ovos, leite, sal, azucre… ingredentes sinxelos, para un postre máis complicado do que parece. Por suposto que o postre tampouco lles saíu.
Antuá aplastou os ovos con libro de receitas (que tiña unhas enormes proporcións) e Philipe adicouse a lanzar as filloas coa tixola a un espontáneo do público, que facía o que podía, pero coas ferramentas que tiña, non era quen de atrapar ningunha. Por sorte unha amiga de Antuá apareceu cunha bandexa de filloas.
FIN
Fransuá colleu a empanada do forno (non sen antes quedar atrapado dentro e abrasar a cara), Philipe presentou o polbo no prato de madeira e, misteriosamente, conseguiron unha ración de lacón con grelos, malia cociñar só un óso. Todo saíra ben. Iso si, acabaron medio mortos polo esforzo. 9
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
10
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
11
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
12
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
13
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
ALUMNADO DE TRES ANOS Os nenos que chegaron este ano ao noso colexio, recitaron unha poesía de ROSALIA DE CASTRO, ADIOS RÍOS ADIOS FONTES .Non o representaron no escenario, senón que o gravaron en vídeo e logo o puxeron. ALUMNADO DE CATRO ANOS Estes rapaces e rapazas bailaron a canción O POLO PEPE,estaban vestidos de laranxa e algún neno ou nena de amarelo. ALUMNADO DE CINCO ANOS Estes nenos e nenas que para o ano serán de 1º, fixeron unha obra sobre O SOL E AS NUBES. Na obra, ao final as nubes converteranse en gotas de auga. Viuse que traballaran moito nos disfraces. ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA Estes rapaces de 1º cantaron unha canción sobre AS RAS. Fixérono moi ben , gustoulle a todo o mundo e notábase que os nenos e nenas ensaiaran moito e que lles gustou facelo. Os de 2º fixeron unha obra sobre unha ra titulada A RA TORPE. Ían todos de verde menos a ra protagonista, esa ía de amarelo. Ao final, todos acabaron bailando como a ra torpe. ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA Estes fixeron a biografía de xosé maría díaz castro. Para comezar gravaron un vídeo no cal, aparecía, un rapaz disfrazado e logo falaron sobre a súa vida.Comezaron pola sua infancia e logo cando era adulto. ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA Fixeron unha poesía sobre os papaventos. Era papaventos de cores.
moi bonita, e acompañaron o recital con dous
ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA Este curso realizou unha obra titulada BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS que representaron con títeres. ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA Eles/as tamén fixeron unha obra con títeres, chamada O LOBO E AS SETE CABRITIÑAS fixérona fora.
14
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
NADAL
7)Zum, zum,
1)Chis, chas,
o río chegou ao mar.
12)Agora imos de festa,
nube que engorda
Xa é hora de navegar!
pois é tempo de Nadal,
e bota a chorar.
Moitos peixiños
cantaremos panxoliñas
Molla que molla,
imos pescar,
de camiño ao portal.
todos a nadar.
polo río na barca, na barca polo mar.
13)Que veñan os reis!
2)Bumburumbum,
O mar está revolto
Deixádeos pasar!
o vento sopra.
e … volta a empezar!
Por debaixo da ponte,
Xa é tempo de poñer máis roupa.
os tres xuntos a remar. 8)Nube que engorda e bota a chorar
14)Estade meniños atentos
3)Tequele, tequele,
pola carballeira
que os reis a chegar están,
a auga cae,
non deixa de pasar.
xa pasaron pola carballeira,
mentres, o vento varre a nube esvaécese.
xa chegaron ao portal. 9)Por debaixo da ponte, preto da carballeira,
15)Carballeira está moi leda,
4)Por arriba, por abaixo,
pasa o río Lérez
aos carballos dálle o sol,
medra un río.
a semaniña enteira
tanta alegría nun día,
Que frío!
tantos nenos ao carón. 10)Imos ir a carballeira e
5)Por debaixo da ponte,
comer churrasco a fartar,
da ponte romana,
porque nos gusta estar xuntos
pasa o río Lérez,
nunca nos imos cansar.
Alumnado de 5º e 6º
E.P.
batendo as súas augas. 11)Desde infantil ata sexto 6)Por debaixo da ponte
pasámolo sempre ben,
temos que pasar,
xogamos e compartimos
collemos unha lanchiña
Volvemos o ano que vén.
e todos a remar.
15
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
O Entroido deste ano 2014 foi o máis especial hasta o día de hoxe porque foi n o pavillón. Este Entroido tan divertido tratou dos ríos galegos. Todo estaba unido e preparado, pois cada curso ia dunha cousa distinta rás, moscas, troitas, pescadores é gotas de auga.
Os de tres anos deron un par de voltas ao pavillón disfrazados de fermosas gotas de auga, que o seguía o grupo de 4 e 5 anos que ían disfrazados de moscas. Logo apareceron os de 1º e 2º indo de rás que non paraban de saltar. A continuación os de 3º e 4º viñan con gañas de pescar troitas no Río Lérez, as troitas median moito porque eran os de 5º e 6º que non querían ser pescados polos pescadores. Este é o orde no que foron presentados todos os nenos. Todas as gradas estabas cheas de nais, país e familiares dos nenos.
Logo ao rematar animouse todo cunha pouca música moderna. Os de 6º coma todos os anos montaron e recolleron todo o do Entroido.
16
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Foi en novembro do 2013, fixemos un altar de moitas cabazas e froitos secos, os froitos foron recollidos por nós e as cabazas decoradas ao noso estilo.Eran moi bonitas!
Os nenos de sexto curso, estiveron preparando nove xogos para o Samaín, pois claro eran eles os monitores. Cando acabamos de xogar fomos cara arriba para visitar as nosas cabazas, estiveron prendidas e iluminaban todo o cuarto onde estábamos.Eran moi chulas!
E ao final tomamos unas boas castañas feitas polo ex-director Manolo.Estaban riquísimas! Viñeron os pais, déronlle unhas poucas castañas e un bocadillo de chourizo.En fin pasámolo moi ben!ESPERAMOS VOLVER FACER O SAMAÍN COMO TODOS ESTES ANOS.
17
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Ao chegar ao cole, a mestra entregounos unhas tarxetas que decoramos e puxemos de medallón.
Este día cantamos unha canción de Toy Story titulada “Hai un amigo en min.” Estivemos ensaiando unha semana antes para que nos saíra todo ben.
No recreo sentámonos por cursos en sitios diferentes, esperando a que Jorge, o noso cociñeiro, trouxera o chocolate e a rosca. Mmmm! Que rico!!!!! :) :) :)
Cando acabou, todos os cursos fomos as aulas de infantil a entregarlles os medallóns, e eles déronnos os que fixeron eles mesmos.
Ao acabar, fomos todos as aulas a facer uns pouquiños deberes mentres non foi a hora do comedor. Despois, saímos ao recreo e xogamos ata que tocou o timbre para irnos aos nosos fogares .
Cando chegamos á casa, démonos de conta do que significaba o Dia da Paz: significaba non ter diferenzas entre os/as compañeiros/as e ser todos amigos/as.
18
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
No día do deporte escolar todos os nenos e nenas dende 3º ata 6º xogamos con outro colexio a diversos deportes como: fútbol, balonmán, baloncesto, bádminton e xadrez. Este ano xogamos con Carballedo e Cerdedo. Con Carballedo quedamos empatados: gañamos XADREZ e BÁDMINTON, e empatamos a FÚTBOL, e eles gañaron a balonmán e a baloncesto. Con Cerdedo perdemos, so gañamos a FÚTBOL. Gústanos participar no deporte escolar porque nos divertimos moito. Coñecemos a moitos rapaces. As veces enfadámonos pero arranxámolo rápido, e senón cambian a rapaza ou rapaz que fixo a falta por outra persoa.. Todos os anos recibimos una medalla para cada neno/a pola participación e un trofeo para o colexio. Cando Cuco era profesor de ED. Física sempre arbitraba os partidos de deporte escolar.Agora só cando estamos no noso pavillón .Faino moi ben! Agora xa non vén con nós aos outros colexios a arbitrar. Que pena!!
CROSS: Todos os nenos/as dende 2º ata 6º participamos todos os anos no cross e pasámolo moi ben. Corremos con outros colexios. Despois de correr todos, danos chocolate con rosca .Que rica!!
Fran y Nuria 6º
19
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Debuxa O POEMA:
Vendo peixes de cores, un cangrexo morado cun ramo de flores ! e un volador alado!
O tabeirón marrón, vermello o cabaliño, rosa o salmón, cun verde zapatiño.
A ruidosa onda celeste coas algas douradas, ven soando ao oeste coas correntes xeadas. 20
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
A estrela rosa vive co rodaballo colorado. Vai co mexillón tigre e o peixe serra mareado.
Unha branca foca cun negro botón, sinalaba á rocha onde estaba o peixe león.
Vendo sete cantares e ao laranxa delfín, que vai sucando os mares! e xa chega ao
FIN!
Traducción da poesía inspirada no poema “Vendo nubes de colores” (Rafael Alberti), feita polo alumnado do 2º Nivel. 21
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
O BOSQUE, FONTE DE VIDA Este ano tivemos unha charla da Garda Civil sobre prevención de incendios, na que aprendemos moitas cousas sobre a actuación das persoas que traballan na prevención e control de incendios nos bosques. Logo fomos a realizar unha plantación de árbores coa colaboración da Comunidade de Montes de Viascón. A continuación, resumimos brevemente ideas que nos pareceron importantes. As árbores son os pulmóns da Terra. Significan moito para todos os seres vivos, desde o animal máis pequeniño ata o máis grande. Se contaminamos o bosque e cortamos árbores, sen volver a plantar outras, teremos un medio ambiente máis contaminado e unhas paisaxes máis erosionadas. Nalgúns casos extremos, con perigo de desertización. Recordemos que os bosques cumpren unha función moi importante no ciclo da auga. As follas axudan a recoller pouco a pouco a auga, e o chan vaise enchoupando , mentres a terra absorbe a humidade e a chuvia. Esa auga formará parte dos regatos e fontes que manan á superficie, permitindo o ciclo da vida a moitas especies animais e vexetais. De non existir vexetación, esa auga correría pola superficie, arrastrando a capa de humus superficial tan importante para o nacemento de nova vexetación. O lume é tamén un inimigo implacable que acaba cos nosos bosques e a riqueza dos ecosistemas. Moitas veces, o monte arde por causas naturais ou descoidos nunha queima controlada. Pero outras, os incendios son intencionados, sen causa que xustifique semellante acción contra a natureza.
Desde aquí mandamos unha mensaxe a toda a xente que nos queira escoitar: COIDA O TEU BOSQUE, É FONTE DE VIDA. Alumnado do 3ºciclo 22
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
SURFEANDO NA WIKIPEDIA
O alumnado de 5º estivo indagando sobre diferentes temas, para facer un traballo de grupo que había que presentar usando as novas tecnoloxías. A súa tarefa centrouse en contidos tan diversos como a paisaxe das Médulas en León, o mundo submarino, un moderno avión de caza e o Universo. A continuación, presentamos algún retallo do que atoparon sobre o mundo submarino.
MUNDO SUBMARINO O fondo do mar está cheo de especies curiosas. Nós falamos dalgunha delas, que nos chamou a atención pola súa anatomía, o seu colorido ou o seu hábitat. Son o cabaliño de mar, o peixe globo, o pez pallaso, a medusa, a balea, os golfiños e as candorcas. Os cabaliños de mar ou hipocampos, constitúen un grupo de peixes mariños pertencentes á familia Syngnathidae. Nos peixes desta familia, as femias poñen os ovos nunha cavidade do peito do macho, e logo este, fecúndaos e incúbaos. O seu corpo está cuberto por unha armadura de placas ou aneles. Adoitan unha posición recta, impulsándose coa súa aleta dorsal. A balea azul é o animal máis grande do mundo. É moi longa, polo que ten aspecto fusiforme. Esta característica permítelle moverse a gran velocidade na auga. Tende a ser un animal solitario. Cando aparece en clans, débese probablemente a presenza de alimentos nunha rexión. Aliméntase de plancto.
O peixe globo ten a capacidade de incharse cando se sinte atacado por algún depredador. Aínda que parece inofensivo pode inocular no atacante unha substancia velenosa.
Os golfiños son mamíferos. Teñen a cabeza grande, o fociño longo e o corpo fusiforme. Na parte superior da cabeza está o espiráculo, orificio de contacto do aire co seu sistema respiratorio. É unha das especies máis intelixentes do planeta. Os peixes pallaso viven e reprodúcense nos arrecifes de coral.
23
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
24
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
HISTORIAS DE MONICREQUES O alumnado do 3º ciclo argallou un feixe de monicreques e recreu algún dos contos clásicos para representar. BRANCANEVES, A NENA DO CIRCO Había unha vez unha nena chamada Brancaneves que traballaba no circo. Ao ser tan fea a utilizaban de atracción. Un día escapou cara un bosque espeso e tenebroso. Alí apareceu por sorpresa un lobo de ollos vermellos que comezou a perseguila. Na persecución caeu por un barranco de arbustos espiñentos e quedou inconsciente. Cando espertou apareceu nunha casa onde vivía un cazador moi amable que lle dixo: -Atopeite a carón do río, tróuxente á miña casa e sandei as túas feridas. Onde vives? -Non teño casa!- respondeu Brancaneves. O cazador faloulle dunha casiña abandonada … En realidade, esa casiña estaba habitada polos sete ananiños, que estaban a traballar na mina. Brancaneves marchou á casiña. Cando chegou alí, viuna toda sucia e comezou a limpar. Logo subiu ao piso de arriba e deitouse en sete camiñas.
25
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
MAMÁ CABRA E AS SETE CABRITIÑAS Esta é a historia de mamá cabra e as sete cabritiñas. A mamá cabra coas súas sete filliñas vivían nunha cabana alá no bosque. Eran moi felices pero tiñan un problema moi grande, que no mesmo bosque tamén vivía un lobo feroz. Un día que mamá cabra saíu a facer uns recados, deulles un aviso moi importante ás súas filliñas. Facíao así todos os días, porque sabía moi ben que o lobo un día que tivese fame podía facer calquera cousa. Mamá: Tende moito, moito, moito… coidado. Ben sabedes que, no bosque, hai un lobo que pode aproveitarse de que eu non estou na casa, e vir a facervos mal. Non abrades a porta a ninguén. Narrador: Cando mamá cabra saíu, ao lobo, que estaba vixiando, entroulle moita fame e, moi amodiño, acercouse a casa de mamá cabra e petou na porta. Lobo: Toc, toc! Cabriña 1: Quen é? Meeee! Lobo: Son eu, a vosa mamá, abrídeme a porta que veño moi cargada. Cabriña 1: Non, non! Ti non es a nosa mamá! A nosa mamá ten a voz máis doce. Meeee! Cabriña 2: Claro que non,claro que non…! A nosa mamá ten a voz máis fina e ti tes a voz moi ronca…. Vaite da nosa porta! Meeee! Cabritiña 3: Vaite lonxe, lobo! Sabemos ben que ti es o lobo. Fuxe lonxe! Nós, non lle abrimos a porta a ninguén. Esa voz é dun lobo. O lobo, enfurecido, marchou a un galiñeiro, e bebeu ducias de ovos para 26
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Cabriña 4: Non, non vaite de aquí.Ti non es a nosa nai. Meeee! Cabriña 5: Mete a túa patiña por debaixo da porta. Meeee!!!! Lobo: Aquí está a patiña, mirade como é a da vosa nai! Cabriñas 5 e 6: Esta pata non é a da nosa nai. Mamá ten a patiña branca e esa é negra.Vaite! Meeeee…! Narrador : O lobo enfariña a súa patiña e volve de novo. Lobo: Toc, toc! Cabriña 7: Quen é ? Lobo: Son eu, a vosa nai! Cabriña 7: Pois mete a patiña por debaixo da porta. Meeee! Narrador : As cabriñas pensan que é a mamá e abren a porta. O lobo bótaas ao lombo e marcha correndo. Mamá: Que pasou aquí? Onde están as miñas cabriñas? Cabriña 7: Mamá, mamá! Veu o lobo e enganounos. Abrimos a porta, atou a todas as cabritiñas e levounas. Narrador: Saen correndo e desatan as cabritiñas. Coa mesma corda atan ao lobo, que está durmindo. Todas felices abrázanse e marchan de novo para a súa casa. Todas as cabritiñas xuntas: ASÍ APRENDEMOS UNHA BOA LECCIÓN, “NON ABRIR A PORTA A NINGÚN DESCOÑECIDO E FACER SEMPRE O QUE MANDAN OS PAPÁS E AS MAMÁS”.
Alumnado de 6º
27
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Adaptación do conto de Santillana ¿Dónde están las llaves?
28
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
29
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
30
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
O ALUMNADO DE ED. INFANTIL DE 4 ANOS COMPARTIRON OS SEUS MOMENTOS CON SUSO
31
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
32
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
33
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
34
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
35
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
Consulta o cรณdigo e descifra a mensaxe segreda.
A M
N
B ร
C O
D P
E Q R
F S
G T
H U
I V
L X 36
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
37
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
DESPEDIDA Acábasenos a Primaria
Non vos preocupedes por nós,
o Instituto que sorte ten!!!!
Desde Infantil ata sexto,
seguro que estaremos ben,
Chegamos os de sexto,
aquí o pasamos moi ben,
todos xuntos empezamos de novo
Xa nos poden dar os parabéns.
aprendemos cousas divertidas,
outra etapa que xa nos vén.
estudamos moito tamén
Esa etapa é Secundaria,
AOS NOSOS COMPAÑEIROS DE 5º Convosco fixemos este 3º ciclo Nós, este ano rematamos.
Ata o ano compañeiros/as Esperámosvos no Instituto.
Vós, farédelo para o ano que vén. Compartimos: festivais, talleres, xogos de patio e demais… Tamén recreos de choiva xuntos.
38
CEIP DE TENORIO
CURSO 2013-2014
PREOCÚPANOS O MEDIO AMBIENTE 39
Recomendaciรณns literarias