Skip to main content

Revista Breogán 2015

Page 1

ALEXANDER GIL– 5º B

Equipo de Dinamización da lingua galega do Ceip Balaídos de Vigo

Secretaría xeral de Política lingüística


2


1.– XA ESTAMOS DE VOLTA! _Editorial_ ……………………………………………………….4 2.- ¿QUEN ERA FILGUEIRA VALVERDE?.........5 3.- LIBROS CEIBES …………………………………………..8 4.– RECREANDO A ALMUDENA APARICIO…..10 5.– EDUCACIÓN INFANTIL……………………………..18 6.– EDUCACIÓN PRIMARIA: 1º CICLO……………………………………………………………33 2º CICLO…………………………………………………………..42 3º CICLO…………………………………………………………...51 7.– RELIXIÓN………………………………………………………..61 8.– MÚSICA…………………………………………………………...63 9.– DESPEDIDA DOS DE SEXTO……………………. 64 3


Un ano máis, dende hai 34 anos, sae á rúa a revista do CEIP Balaídos. Faino coincidindo co mes da celebración das LETRAS GALEGAS 2015. Este ano adicado a

Neste número salientamos a despedida dos nenos de 6º, a recreación da obra da ilustradora viguesa ALMUDENA APARICIO, os traballos realizados sobre a LUZ e a actividade de LIBROS CEIBES. Como sería imposible amosar aquí toda a labor desenvolta durante este curso, aconsellámosvos que visitedes a nosa web e a galería fotográfica que hai nela: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/ Sen máis, agardamos que vos guste e vémonos no próximo número 4


5


Xosé Filgueira Valverde Homenaxeado no día das letras galegas

Naceu en Pontevedra o 28 de Outubro de 1906

Realizou os seus estudos primarios en Pontevedra, obtendo moi boas cualificacións.

Acadou o premio extraordinario en Historia cun traballo feito sobre Cantigas medieveis, tema sobre o que escribiu varios libros e artigos.

Estudou a carreira de Dereito en Santiago e a carreira de Filosofía e letras en Zaragoza.

Foi membro fundador do Seminario de estudos galegos.

Foi profesor de Lingua e Literatura Española en Lugo e no Instituto de Pontevedra. 6


En 1927 funda o museo de Pontevedra, do que foi primeiro secretario, e dende 1942, director.

Foi alcalde de Pontevedra dende 1959 ata 1968.

En 1981 foi nomeado Conselleiro de Cultura e defendeu no Parlamento español a introdución do galego no ensino.

Foi membro numerario da Real Academia Galega den 1942.,

Recibiu numerosos premios como “Festa da Fala”, “Academia Alfonso X el Sabio”, “Medalla de Ouro” de Pontevedra,...

7

Iniciouse na creación literaria cunha serie de relatos breves titulados “Os nenos”.


Estamos entusiasmados coa actividade que puxemos en marcha este ano: “Libros ceibes”. Comezou todo coa doazón de libros, algo que foi todo un éxito. Logo colocámolos polo corredor da planta principal distribuído por ciclos, para maior comodidade dos usuarios.

8


Todo o alumnado do centro pode coller o libro que mĂĄis lle guste e levalo a sĂşa casa, lelo e comentar no blogue: librosceibes.blogspot.com

9


10


11


12


13


14


15


16


17


18


19


20


21


22


SUPERMERCADO MOLI! Os nenos e nenas de 4 anos A traballamos durante o segundo trimestre o proxecto do supermercado. Tivemos a oportunidade de ir todos xuntos a un supermercado de verdade e na clase fixemos un libro. CANTO APRENDIMOS!

23


24


Os nenos e nenas de 4 anos B traballamos o supermercado. Mirade que ben o pasamos:

Os clientes

FroitarĂ­a

Bebidas 25


Latas e conservas

Varios

Fogar

Lรกcteos e ovos

Caixa 26


27


28


29


30


31


32


33


34


35


36


37


38


39


40


41


42


43


44


COMO LUCEN OS HORTOS ARRINCANDO HERBA

COIDANDO AROMÁTICAS COIDANDO AS CEBOLAS

ETIQUETANDO AS PLANTAS

NON SON PERAS… SON TOMATES 45


PLANTANDO MENTA PLANTANDO TOMATES

46


47


48


OPINIÓN “A polémica rotonda do barco” Eu teño dúas opinión: •

A primeira é que estou dacordo en que poñan o barco,as veces está ben cambiar as cousas,se non aburrímonos de ver sempre o mesmo. Seguramente quedará moi ben porque é mais chamativo cas árbores. Antes na rotonda había unas rás feitas con arbustos ,eu púxenme moi contenta cando miña nai me dixo que as puxeran noutra rotonda,a que está entre o centro comercial novo , o do GADIS e o LIDL da Florida.

•

Por outra parte non estou dacordo en que poñan o barco porque todos os cartos que invertiron nel, puidéronos utilizar para alimentar as persoas en paro,pobres, desauciadas,… Os manifestantes se non querían o barco,tiñan que dicilo antes de que retiraran as plantas e toda a terra porque agora xa están coas obras. Eu entendo que fixeran o que fixeran iban ter que perder diñeiro.Creo que o puxeron na rotonda para esquecerse dél e que a xente e os turistas o admirasen. O que a min me preocupa é que cando acaben as obras ,van vir os maleducados e vano pintar e vai quedar feo.Agora está moi chulo! Pensando ben podíano poñer mais preto do mar,simplemente no “Museo do Mar”.

AMALIA BOURGOIN,4ºB

49


CURIOSIDADES SOBRE THOMAS ALVA EDISON, o gran inventor Naceu en 1847 en Milán-Ohio-Estados Unidos. Era unha persoa moi curiosa.Cando rea pequeno,preguntáballe a todo mundo o que era a electricidade; e só o entendeu, cando o revisor do tren,para que o deixaran en paz,respondeulle:”a electricidade é coma se fose un can que ten a cabeza en Londres e o rabo en Escocia.Ti tíraslle do rabo en Escocia i él ladra en Escocia”. Aos doce anos empeza a traballar como vendedor de periódicos no tren.Aproveitando as viaxes,instalou no último vagón un laboratorio de química e unha imprenta.Con tanto experimento,un día provocou un incendio.O revisor deulle tal tirón de orella,que o deixou medio sordo para toda a vida. Encantáballe ler e coleccionar libros.Unha noite foi a axudar a limpar unha librería que cerraba.Os donos regaláronlle un saco cheo de libros vellos.Ía pola rúa có saco as costas cando o detivo a policía pensando que era un ladrón. Só durmía tres ou catro horas ó día,pasábase a vida lendo e experimentando.Patentou mais de mil inventos,entre os que destacan: o telégrafo,micrófono,fonógrafo,kinetoscopio(a primeira máquina que producía películas mediante a rápida sucesión de imaxes),a boneca parlante,…e a bombilla eléctrica, que tanto nos facilitou a vida ó ser humán. A bombilla ten múltiples aplicación,dende as farolas que temos nas nosas rúas ata as luces curtas ou longas do noso coche. Logo fomos lle contar estas cousas aos nen@s de Ed. Infantil.

50


51


As Illas Cíes As Illas Cíes son anchas e longas. Con cores verdosos coma pedras de esmeralda.

Nas Illas Cíes hai moitas praias con area tan fina coma unha manta.

Nas Illas Cíes na beira do mar hai peixiños que xogan sen parar.

Hai quen pensa que non debemos pescar porque os peixiños non poden volver a xogar. Violeta Magdalena Alvarez. 5ºA

52


Entrevista a una bombilla Hoxe imos ter unha entrevista coa primeira bombilla do mundo: Entrevistador: -Bos días bombilla. Bombilla: -Bos días. Entrevistador: -Que che parece se comezamos a entrevista? Bombilla:-Pois claro Entrevistador: -Poderíasnos dicir quen foi o teu inventor? Bombilla: -O intelixente inventor que me fabricou foi Thomas Alva Edison. Entrevistador: -Saberías en que ano máis ou menos inventáronte? Bombilla: - Aínda que me coste recordar un pouco inventáronme máis o menos alá polo 1879 e conseguíu a miña patente un ano despois. Entrevistador: - Ti fuches o mellor invento de Edison? Bombilla: -Non, nin moito menos! Fun uns dos mellores, pero tampouco o mellor. Entrevistador: - Eres fráxil ou resistente aos golpes? Bombilla:- Eu son moi fráxil. Á mínima que caia, rómpome . Entrevistador:- A que se debe iso? Bombilla:- Porque estou recuberta por un vidro moi fino. Entrevistador: -Pois esta era a última pregunta Dona Bombilla . Bombilla: -Ata outra, amigo presentador. Alba Argones Arias. 5ºA

53


O pasado mércores 12 de abril, no suplemento “A voz na escola” (do periódico A Voz de Galicia), publicouse un artículoentrevista que o alumnado de 5ºB utilizou na clase de Valores como base para unha reflexión sobre varios temas relacionados coa educación. Un dos temas máis importantes que se trataban era a idea da “cidade dos nenos”. A partir de aí, e pensando en que se podería facer na nosa cidade, xurdiu a idea de escribir unha carta ao alcalde de Vigo. Cadaquén escribiu a súa carta e, posteriormente, entre todas e todos, se elaborou unha carta da clase. Todas estas cartas se enviarán por correo ordinario, tentando que cheguen ao Concello. A continuación reproducimos a carta que a clase de 5ºB quere dirixirlle ao alcalde da nosa cidade:

En Vigo, a 7 de maio de 2015

Estimado Sr. Alcalde: Somos os nenos e nenas Da clase de 5ºB do CEIP Balaídos de Vigo. Queriamos pedirlle que mellore a nosa cidade para que sexa máis segura para os nenos e nenas que vivimos nela. Hai uns días limos no periódico unha reportaxe de Francesco Tonucci sobre a “cidade dos nenos” e pensamos que a nosa cidade non é así. Precisamos máis sistemas de redución de velocidade para os coches, unhas beirarrúas máis amplas, máis pasos de peóns, máis zonas peonís, máis verde na cidade e que se propoña un sistema de vixiancia para favorecer a seguridade dos nenos e nenas nas nosas rúas. Esperamos que cando lea esta carta se motive para intentar que a nosa cidade sexa unha “cidade para nenos”. Un saúdo: Nenos e nenas de 5ºB do CEIP Balaídos 54


PASATEMPOS

Busca nesta sopa de letras as palabras correspondientes a estas definicións en relación coa luz: - Aparello portátil de iluminación. - É a propiedade dunha substancia para emitir luz - Instrumento óptico destinado á observación de obxectos a gran distancia. - Satélite da Terra. - Momento no que sol desaparece no horizonte. - Corpo celeste que emite luz. - Estrela de tamaño medio, ao redor da que xiran os planetas do sistema solar. - Dispositivo que produce luz. - Radiación que recibe o ollo polo sentido de vista. - Insecto que emite luz. (Realizado por Duna Lorenzo, 5ºB)

55


56


57


58


59


60


61


62


63


64


65


66


67


68


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Revista Breogán 2015 by ceip balaidos - Issuu