A COLLEITA N
º 30
O EASTER BUNNY
Aparecen cacas e árbores rabuñadas polo Easter Bunny no patio do cole.
PARQUE ACUÁTICO
O LOBO VISITA O COLE
O lobo entrevistouse co profe Fran para matricular o vindeiro ano as súas crías.
CEIP ARMENTEIRA CURSO 2022/23
O COMEDOR
O Burriking e o PanDonals serán os encargados de servir o menú no comedor o próximo curso.
SHAKIRA E BIZARRAP
Este verán comezarán as obras no Ceip Armenteira para a construción dun parque acuático no patio.
Shakira e Bizarrap acudirán ao Solifesti 2023 a cantar "O Pirimpinpin" cos rapaces do Ceip Armenteira.
COLOREA O MURAL
DESEÑO DE TAMARA BAZ
MURAL TAMARA BAZ
SAMAÍN/HALLOWEEN
MAGOSTO
NADAL
DÍA DA PAZ
ENTROIDO
8M DÍA DA MULLER
EASTER
SEMANA DO LIBRO
PASATEMPO CO GALEGO
PROXECTO COLE SOSTIBLE
INFANTIL: "CARABICHOS"
1º CICLO: COUSIÑAS
INGLÉS:HEROES AND VILLAINS
AUTOBIOGRAFÍAS 6º
PÁXINA DE FIRMAS E RECORDOS
ÍNDICE
Se hai unha celebración que guste especialmente na Armenteira esa é o Samaín ou Halloween.
Coma todos os anos comezamos a última semana de outubro traendo a nosa cabaza decorada coa axuda das familias e adornando o cole de xeito moi arrepiante.
o
venres 28 de outubro foi o día grande. viñemos ó cole cos nosos
disfraces máis terroríficos e xa Dende primeira hora comezamos a celebración facendo un taller en cada unha das aulas no que preparamos os recipientes para facer o Trick or Treat.
Logo do recreo tiveron lugar as espectaculares actu que prepararamos nas clases de música e inglés e ta de premios das cabazas máis votadas.
SOARON CANCIÓNS COMO " QUE SUSTO" " O MOUCHO" " EN EL MUNDO PIRATA" OU "WHO TOOK THE CANDY?" ENTRE OUTRAS.
para rematar a xornada, cada unha das aulas visitou ás demais para levar a cabo o Trick or Treat (Truco ou Trato) e dar uns cantos sustos ós compañeiros/as .
na armenteira xa agardamos con ilusión esta máxica celebración o curso que vén. Viva o samaín!!
MAGOSTO
O 18 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO NA NOSA ESCOLA.
O TEMPO NON ACOMPAÑOU MOITO PERO DEIXOUNOS FACER O QUE TIÑAMOS PREPARADO:
DISFRUTAR DOS XOGOS POPULARES ORGANIZADOS POLO 3º CICLO, DEGUSTAR AS CASTAÑAS ASADAS E POR SUPOSTO PINTAR AS CARAS COS TIZÓNS.
ENCÁNTANOS CELEBRAR XUNTOS ESTA FESTA POPULAR!
NADAL 2022
A ALUMNADO DE INFANTIL GAÑOU O CONCURSO DAS POSTAIS DE NADAL!
FÍXOLLES MOITA ILUSIÓN!
ESTE NADAL TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CON UNS INVITADOS ESPECIAIS NO ENSAIO DOS CANTOS DE REIS: O ALUMNADO DO TALLER DE MEMORIA DA NOSA PARROQUIA.
QUE EMOCIÓN!
ELABORAMOS ADORNOS DE NADAL CON MATERIAIS QUE TIÑAMOS NA CASA COA AXUDA DA NOSA FAMILIA. PODEDES COMPROBAR QUE SOMOS UNS ARTISTAS!
COA PROFE MARÍA FIXEMOS ESTES BELÉNS CON CARTÓN E CAIXAS DE OVOS!
FIXEMOS CON MOITO CARIÑO UNHAS POSTAIS PARA MANDARLLE AS NOSAS FAMILIAS!
E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA! RECUPERAMOS A TRADICIÓN QUE TIÑAMOS ANTES DA PANDEMIA: IR CANTAR OS REIS POLOS LUGARES DA ARMENTEIRA.
A PENA FOI QUE NON PUIDEMOS IR A TODOS OS SITIOS PREVISTOS POLO MAL TEMPO, SÓ OS DE SILVÁN TIVERON A SORTE DE RECIBIRNOS PARA CANTAR NO SEU LOCAL SOCIAL AS PANXOLIÑAS QUE PREPARAMOS COA PROFE PAULA DE MÚSICA.
DESPOIS DESTA ÚNICA ACTUACIÓN TODAS AS FAMILIAS PUIDERON ESCOITARNOS E CANTAR CON NÓS NA ESCOLA!
“
QUE O COLE DA ARMENTEIRA POR
E
DÁMOLA DESPEDIDA
MOITOS ANOS VIVA”
DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da non violencia.
Este ano colaborou con nós a asociación Acougo , que pretende visibilizar a importancia das familias de acollida. Con este motivo viñemos, todo o cole en pixama. Tamén nos contaron un conto.
Nas aulas fixemos diferentes manualidades relacionadas coa paz. Na biblioteca recitamos un poema de Gloria Fuertes do mesmo tema.
Bailamos todo o cole as danzas do mundo, que preparamos na clase de música.
Neste código poderás ver o precioso vídeo que elaboramos na clase de inglés o alumnado de primaria.
En Educación Física representamos, co noso corpo, unhas letras que forman palabras de paz.
“Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño” Mahatma Gandhi
ENTROIDO 2023
Comezamos o entroido cos mandatos do Meco. Este ano foi moi divertido porque tivemos que crear adornos e disfraces coma estes…
LUNS
Se un cole sostible queremos ser, un adorno con material de refugallo o luns non podemos esquecer traer.
MÉRCORES
Como xa hai comedor na Armenteira, viremos todos de cociñeiros e cociñeiras
MARTES
Como é o dia dos namorados, con corazóns viremos adornados.
QUE BEN COMEMOS NO COMEDOR !
XOVES
Como da choiva e do frío estamos aburridos, com se fósemos a praia viremos vestidos.
ARMENTEIRA BEACH
Euapúntomeao chapuzón!
Máscaras sostibles e o III Festival de variedades.
VENRES
EDUCACIÓN INFANTIL
Vou dar o baño ! OS MAIORES DO COLE, NEGOCIANDO CO DIRE FRAN A CREACIÓN DUN PARQUE ACUÁTICO. Migueeel, espera por min ! Xa estou lista !
1º CICLO
III FESTIVAL DE VARIEDADES NO CEIP ARMENTEIRA
UXÍA TOCANDO OVIOLÍNTÍTERES DO 3º CICLO
2º CICLO
3º CICLO
"LEITE CON JALLETAS" PRESENTANDO O SEU NOVO TEMA
CIENCIA DIVERTIDA CON OMAR E JANDRO
AS ARTISTAS DE 1º CICLO COA CANCIÓN DE MÉRCORES
ALEJO E SARA FACENDO UN CONTACONTOS MUSICAL MIGUEL, IVÁN E MARTÍN COS SEUS CHISTES
BAILARÍNS DE 3º CICLO
BAILARINAS DO 2º E 3º CICLO
QUEIMA DO MECO
AULAS CON NOME DE MULLER
O 8 de marzo conmemoramos na escola o “Día internacional da muller” participando en actividades como o IV concurso de carteis do Concello de Meis ou a iniciativa “AULAS CON NOME DE MULLER” que tivo a súa 3ª edición consecutiva.
En canto ao concurso de carteis, no cal participaron todos os centros educativos do Concello, o gañador foi Ángel
Dovalo, alumno do 6º curso do CEIP Armenteira. Parabéns
Ángel!
Pola súa parte, a iniciativa “AULAS CON NOME DE MULLER” deixounos unha xornada que gardaremos no recordo. Ao igual que en edicións anteriores, o obxectivo foi nomear as aulas do centro con nomes de mulleres relevantes para o alumnado.
Cartel gañador do IV I concurso de carteis do Concello
de Meis. Elaborado por Ángel Dovalo (6º Primaria).
Este curso foi a quenda do comedor e do ximnasio.
Co nome do comedor quixemos facer unha homenaxe ás avoas, por iso dende este día pasa a chamarse “COMEDOR AVOAS
DA ARMENTEIRA”.
Como non podía ser doutro xeito, convidamos ás avoas ese día ao colexio para pasar con elas unha xornada emocionante. Primeiro inauguramos o comedor destapando a correspondente placa. A continuación cada un dos nenos/as do centro mandou unha mensaxe cariñosa á súa avoa dicindo o que máis lle gustaba dela. Finalmente cada neto/a foi saíndo a facer unha breve entrevista
á súa avoa en relación coas súas experiencias na cociña.
Ah! E por suposto que houbo tempo para degustar as receitas que as avoas achegaron ao centro!
Para o ximnasio escollemos o nome da piragüista olímpica
Teresa Portela. Un exemplo de superación e amor polo deporte que agardamos inspire a moitos nenos/as. Ao non poder estar con nós ese día no centro, enviounos un vídeo que xuntos desfrutamos na biblioteca. Que sorte e que agradecidos estamos!
Aínda non sabemos que aulas renomearemos o próximo curso pero o que si sabemos e que continuaremos traballando en favor da igualdade con actuacións como esta ademais dos xa coñecidos “Venres inclusivos”, Talleres de Igualdade dende o Concello, colaboracións co CIM do Salnés, etc.
Aquí podes ver a galería de imaxes das avoas no colexio que nos dedicou o Faro de Vigo.
Aquí podes o vídeo que Teresa Portela fixo especialmente para nós.
Na Armenteira despedimos o 2º trimestre coas xa habituais actividades tradicionais de Pascua. Unha destas actividades é a decoración de ovos.
Como cada curso, fixemos unha exposión con eles que, coma sempre, foron auténticas obras de arte.
Este ano os máis votados de cada clase resultaron os ovos de Valeria, Manu , Eva e , no 3º ciclo; a obra grupal dos ovos de Nerea, Sara, Noa e Alba.
Outra das actividades foi a realización de cestiñas para meter os ovos de chocolate por se nos visitaba o easter bunny ( cousa que si que aconteceu). non faltou tampouco a emocionante carreira de ovos ( rolling eggs) que estivo moi disputada, pero que finalmente gañou ángel.
e por suposto, a actividade favorita da maioría de nós, a busca de ovos de chocolate polo patio, que remata coa barriga chea e os morros manchados de todo o alumnado da armenteira. a pascua no noso cole mola moito!!
Semana do libro 2023
Este curso escolar, do 17 ao 21 de Abril, celebramos a semana do libro con actividades todos os días despois do recreo,no proxecto lector.
Comezamos o luns 17 cun conto contado.Xa que durante todo o curso son os rapaces os que lle contan contos aos seus compañeiros, quixemos que este día foran as profes as contadoras. Así Paula & Laura, contaron e escenificaron o divertido “Sopa verde”.
O martes 18 foi o turno dos apadriñamentos lectores, actividade que coñecimos grazas á visita que fixemos ao cole de Castrelo. Consiste en que un neno maior apadriñe a un máis pequeno para contarlle un conto nun recuncho acolledor do patio. Ademais tivemos sorte, porque tocounos un día espléndido.
O mércores 19 fixemos unha plantación conxunta de árbores, co CRA de Meis e CPI de Mosteiro pois este curso o proxecto que traballamos dende a biblioteca foi “Un cole sostible”.
O xoves 20 de Abril tivemos a presentación de dous libros feitos polo alumnado:
“Greguerías de animales” e “Obxectos con arte”.
Comezamos con “Greguerías de animales”, feito pola rapazada de 3º ciclo.
Que ocorrentes son estes rapaces da Armenteira!
As greguerías son textos breves de carácter humorístico e un pouco filosófico, acompañado de ilustracións. Pois os rapaces de 3º ciclo leron para toda a escola as suas composicións.
Se queredes ler o libro enteiro escaneade este código QR.
A continuación presentaron o libro “Obxectos con arte”, que é o resultado do traballo feito con elementos de refugallo no 1º trimestre; e está formado por creacións plásticas e poéticas realizadas por todo o alumnado da escola.
Para ler o libro enteiro escaneade o código QR.
O venres 21 de Abril, para rematar a semana, foi o turno dos contos cantados e a xa clásica feira do libro usado.
Comezaron os contos cantados os rapaces de infantil co conto “Cucu tras”, onde se transformaron en animaliños cantadores.
Cuando tú tienes oído atento y escuchas que alguien dice cua cua
Deseguido a rapazada de 1º,2º e 3º de primaria cantou e dramatizou o divertido e porcalleiro conto “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. Por último as rapazas e rapaces de 4º,5º e 6º, interpretaron o poema musicado “Al rico trasto” do fermoso poemario “Trastario” de Pedro Mañas.
Este gústame!
E xa para rematar a xornada e a semana do libro, celebramos o que xa vén sendo un clásico na nosa escola; a feira do libro usado que este ano xa vai pola décima edición! Nesta X feira do libro usado os rapaces podían elexir 2 ou 3 libros para a súa casa.Libros procedentes do expurgo da nosa biblioteca.
Gústanme os Bolechas!
Ai mi madriña!
Creo que escoitei ao lobo!
O MAIO NO CEIP ARMENTEIRA
O ALUMNADO E O PROFESORADO DO CEIP ARMENTEIRA, FESTEXARON A FESTA DOS MAIOS DUNHA FORMA MOI DIVERTIDA, EMPREGANDO OS RECURSOS DA CONTORNA E FACENDO EXEMPLO DE "COLE SOSTIBLE", XA QUE APROVEITARON OS MATERIAIS
PARA FACER UNHA MERENDA SAUDABLE E CREAR ADORNOS PARA XOGAR E PARA CONSTRUIR O MAIO. QUEDOU FERMOSÍSIMO !
RECOLLIDA DE FLORES E XESTAS
PREPARACIÓN DOS ADORNOS E DO MAIO
SIGUE POR AQUÍ, QUE VIN UNHAS BOAS XESTAS !
BUUUF, ESTE OVO NON QUERE SAÍR !
MANS Á OBRA NENOS E NENAS :)
IVÁN E MIGUEL FORON OS ENCARGADOS DE REPARTIR O ZUME
“Pasa tempo co galego” é unha proposta que nace co obxectivo de fomentar o uso do galego entre o alumnado así como o coñecemento da nosa fermosa contorna á vez que nos relacionamos con ela.
Cada unha das aulas elaborou en equipo un pasatempo, neste caso unha sopa de letras, cunha temática relacionada co coñecemento da contorna: lugares da Armenteira, árbores da contorna, vilas da comarca do Salnés, etc.
Posteriormente imprimíronse todos os pasatempos do alumnado en manteis desbotables co propósito de repartilos entre os locais de hostalaría da Armenteira.
Deste xeito, o martes 16 de maio toda a escola saíu camiñando a repartir os manteis ao Bar a Fonte e ao Bar o Comercio para que o Día das Letras Galegas os repartiran entre os seus clientes. Así, toda a xente que se achegou a algún destes establecementos o 17 de maio puido xogar e “pasar tempo co galego” ao tempo que coñecía un pouco máis sobre o lugar no que vivimos.
Ademais desta actividade, con motivo das Letras Galegas, levamos a cabo varias actuacións: exposicións orais sobre a figura de Francisco Fernández del Riego, o concerto do Proxecto X no auditorio do Mosteiro ou un karaoke de cancións populares galegas como A saia da Carolina, A Rianxeira, O Galo, O Pirinpinpin ou o Himno Galego.
PROXECTO : UN COLE SOSTIBLE
Este curso dende a biblioteca escolar estivemos traballando o proxecto: “Un cole sostible”. A través del quixemos concienciar ao noso alumnado da importancia do coidado do medio ambiente, e da reciclaxe.
No 1º trimestre comezamos o curso cunha limpeza por un tramo do río Armenteira, actividade que fixemos por estar inscritos no Proxecto Ríos.
En Outubro deu comezo a Brigada antilixo. Todos os venres un maior e un pequeno facían unha limpeza polo noso patio, recollendo plásticos, papeis e demais porcalladiñas que atoparan.
Ademais durante todo o curso os venres inclusivos trataron temas de reciclaxe, contaminación ou coidado do noso planeta. Contaron contos coma: “Rescate planeta” , ”El bosque del perezoso” , “La tortuguita y el mar” , “¿Porqué debo reciclar”,”Capitán verdeman héroe del reciclaje”
PUAJ! Que porcallada!
Dende plástica tamén traballamos o tema da reciclaxe . No 1º trimestre a través da artista “Louise Nevelson”. Inspirándonos nas suas obras os rapaces fixeron as suas propias creacións a partir de elementos de refugallo : botellas de plástico, envases de iogures, tapas, chapas…
Ademais nas festividades como Samaín ou nadal tamén se fixeron actividades con elementos de reciclaxe.
No 2º trimestre púxose en marcha un composteiro na nosa escola,xa que estábamos inscritos no Plan Revitaliza,programa que quere promover a compostaxe e que os rapaces coñezan todas as suas vantaxes. Por elo viñeron a escola a darnos varias charlas.Os maiores foron os encargados de levar os restos de comida ao longo do curso ao composteiro.
Ao longo do curso os rapaces, e mestres, traballaron no invernadoiro da nosa escola. Prepararon a terra, sementaron e obteron ricos resultados!
BO TRABALLO!
Xa estou cansa!
En plástica no 2º trimestre tamén traballamos a reciclaxe.Inspirámonos na obra do artista Alexander Calder, e reproducimos as suas esculturas estáticas e móbiles reutilizando cartón, procedente de caixas.
No entroido fixemos un taller de máscaras con bolsas de papel e antefaces con cartón.
BUH!
Tamén tivemos unha charla a cargo da empresa Valoriza, empresa adicada a limpeza e recollida de residuos.
E xa no 3º trimestre,continuamos unha actividade que se fixera hai dous cursos,clasificar as árbores do noso patio. Así a rapazada de 1º,2º e 3º estudou e clasificou as nosas árbores. Logo colgamos en cada unha delas un carteliño resistente ,co seu nome.
AGÁRRATE FRAN!
Se queredes escoitar o traballo dos rapaces ,ide a nosa canle de youtube.
Tamén fixemos unha plantación de árbores conxunta co CRA de Meis e CPI de Mosteiro en Portapisón. Ademais levamos para a nosa casa un sabugueiro!
E os rapaces de 5º de primaria fixeron uns telexornais onde falaban da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.
En xuño seguimos facendo cousas , pero xa non puidemos metelas na revista!
O día do medioambiente, os zumos saudables, o día da mascota…
Pois aquí remata este proxecto do cole sostible.Despedímonos como dicía a canción: É importante reciclar,se a natureza queres coidar.
S CARABICHO DE INFANTI
A clase do 1º ciclo
ESTE ANO A CLASE DO 1º CICLO TRABALLOU MOITO. AQUÍ TEDES UNHA
PEQUENA MOSTRA DE TAREFAS, TRABALLOS E PEQUENOS PROXECTOS CARGADOS DE CARIÑO QUE FIXERON ESTE CURSO CARMEN, SOFÍA, ALEJO, MAYA, SARA RIAL, VEGA, SARA RODIÑO E MANU.
O Universo O Paso do Tempo Outras propostas... :)
SUPERHEROES AND VILLAINS VOL. 2
CHANLIEONG CHANLIEONG
Firmas e recordos
A nosa páxina da Xunta de Galicia
O noso facebook
A nosa canle de youtube
ARMENTEIRA
DIXITAL
EXEMPLAR REALIZADO POLO ALUMNADO E PROFESORADO DO CEIP ARMENTEIRA NO CURSO 2022/23