A COLLEITA
CEIP ARMENTEIRA
CURSO 2023/24
Nº 31
2023-2024 2023-2024
EQUIPO ARMENTEIRA EQUIPO ARMENTEIRA
ENTROIDO
PLÁSTICA:
SAMAÍN/HALLOWEEN MAGOSTO NADAL DÍA DA PAZ
8M: DÍA DA MULLER EASTER SEMANA DO LIBRO
ÍNDICE
PROXECTO O XOGO INFANTIL 1º CICLO: COUSIÑAS INGLÉS AUTOBIOGRAFÍAS 6º FIRMAS E RECORDOS
XOGADE
PROXECTO RÍOS
ORLAS 1000 FORMAS DE PENSAR A LETRA A O MAIO
Unha das celebracións máis agardadas no noso colexio é, sen lugar a dúbidas, o Samaín, festa ancestral de raíces celtas, que precede en antigüidade á festividade globalmente coñecida hoxe en día como Halloween.
Como cada ano, comezamos a última semana de outubro traendo a nosa cabaza decorada coa axuda das familias e adornando as instalacións do cole coas típicas teas de araña, bruxas, pantasmas e outros motivos arrepiantes.
O día 31 de outubro, acudimos ao centro ataviados cos nosos disfraces máis atemorizantes e empezamos a xornada decorando de maneira terrorífica as cadeiras e preparando as caixas para o "truco ou trato".
Posteriormente, participamos nun xogo de cadeiras ao son de melodías tenebrosas. Unha experiencia emocionante e divertida para todos os presentes!
Logo do recreo tiveron lugar as actuacións musicais que prepararamos nas clases de música e inglés e tamén a entrega de premios das cabazas máis votadas.
Este ano, os afortunados foron valeria (infantil) , Miguel ( 1º ciclo) , vega (2º Ciclo) e nerea (3º ciclo)
““HELLO,TRICK OR TREAT, SUPER SPOOKY HALLOWEEN STORM OU HALLOWEEN STOMP FORON ALGUNHAS DAS CANCIÓNS QE SOARON.
FO
Rematamos o día co "truco ou trato" polas clases do cole; momento moi desexado e que aproveitamos para dar uns cantos sustos!! trick or treat!!!
RAPAZADA DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA
NENOS E NENAS DE 4º, 5º E 6º COS SEUS DISFRACES MÁIS ARREPIANTES
OS POUCOS NENOS E NENAS DE INFANTIL QUE NON ESTABAN ENFERMOS ESE DÍA
MAGOSTO
CHEGOU O MES DE NOVEMBRO, TEMPO DE CASTAÑAS, ISO NO COLE DA ARMENTEIRA É SINÓNIMO DE QUE HABERÁ UNHA XORNADA NA QUE MESTRES
E ALUMNADO CELEBREN ESTA FESTA POPULAR.
E ASÍ O FIXEMOS DE NOVO ESTE CURSO, AS FOTOS DAN BOA CONTA DO QUE DISFRUTAMOS NESTE DÍA.
XOGOS POPULARES. Organizados en grupos de diferentes idades vamos pasando por diferentes estacións de xogo: comecastañas, petanca, bolos, zancos, comba, a rá…
DEGUSTACIÓN DAS CASTAÑAS
“SEÑORA MARÍA, SEÑOR MANUEL, CASTAÑAS ASADAS E VIÑO CON MEL.”
PERO SABEDES CAL É A FORMA MÁIS DIVERTIDA DE REMATAR
O MAGOSTO?
PINTARNOS COS TIZÓNS DE A SAR AS CASTAÑAS!
ASÍ DESPEDIMOS O MAGOSTO ATA O PRÓXIMO AÑO!
CANTAMOS
NADAL
O NADAL é tempo de ilusión para todos e todas, tempo de maxia, tempo de agradecer e tempo de compartir momentos moi especiais.
Na nosa escola tamén pasa todo isto como podedes ver nas diferentes actividades que fixemos ó longo do mes de decembro.
FIXEMOS POSTAIS NAVIDEÑAS PARA ENVIAR AS NOSAS FAMILIAS
OS CANTOS DE REIS COAS AVOAS DO TALLER DE MEMORIA
COMPARTIMOS
CELEBRAMOS O CHRISTMAS JUMPER DAY. CON AXUDA DA NOSA FAMILIA TROUXEMOS UNHA PRENDA DECORADA CON MOTIVOS NAVIDEÑOS.
CHEGOU O GRAN DÍA, O DÍA DE IR CANTAR OS REIS POLAS ALDEAS
CABEZA DE BOI
SILVÁN
VILAR
REMATAMOS A FESTA NA PRAZA DA FONTE CELEBRANDO TODOS XUNTOS O CAMBIO DE ANO CON GUSANITOS!
DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da P az
Entre todos os nenos e nenas do cole, fixemos un mural, con moita arte, cheo de siluetas e cores.
Tamén fixemos outro mural debuxando bandeiras de diferentes países do mundo, e a palabra “paz” no idioma de cada un deles.
Cantamos e bailamos cos xa tradicionais “A carrasquiña” e “Amiguiños.
Contamos o conto “¡Vivan las uñas de colores!” e pintamos as nosas uñas de moitas cores. Algúns ata puxemos uñas postizas!
E así de chulas nos quedaron!!
ENTROIDO 2024
Comezamos o entroido cos mandatos do Meco. Este ano foi moi divertido porque tivemos que poñer a imaxinación a funcionar ! Aquí tedes algúns dos mellores momentos…
LUNS
VIVA O ENTROIDO !
Como o proxecto deste ano vai de xogar, do xogo que elixas teraste que adornar.
MARTES
Para causar sensación, zapatos e calcetíns desemparellados por riba do pantalón, se son coloridos moito mellor.
MÉRCORES
Se hoxe non te queres vestir, ao cole en pixama poderás vir. Non esquezas traer as zapatillas tamén.
XOVES
ARMENTEIRA ROCK SCHOOL
Molamos mazo !
Para o festival de variedades estamos ensaiando un montón, hoxe virás á escola como unha estrela do rock. IV Festival de variedades.
BRAIS E AITOR EN CONCERTO HOXE NA ARMENTEIRA !
VENRES
EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO
IV FESTIVAL DE VARIEDADES NO CEIP ARMENTEIRA
OMAR, MAYRA E MARTÍN. TODOS UNS BAILARÍNS !
INFANTIL FACENDO UNHA ACTUACIÓN CÓMICA
CELIA E O SEU DEBUXO SORPRESA
TÍTERES DO 3º CICLO
2º CICLO
VARIADO DO 3º CICLO
ARTISTAS DO 1º E 2º CICLO
ALEJO E SARA FACENDO UN PUZZLE
MIGUEL, FACENDO O MIMO.
BAILARÍNS DE 3º CICLO
BAILE DO 2º E 3º CICLO
QUEIMA DO MECO
AULAS CON NOME DE MULLER
8 de marzo
Por cuarto ano consecutivo a iniciativa “AULAS CON NOME DE MULLER” foi protagonista na conmemoración do “Día Internacional da muller” no 8 de marzo.
Co propósito de nomear as aulas do centro con nomes de mulleres importantes para nós, d ende este ano o despacho de dirección levará o nome de Viky Rodríguez, a primeira directora que tivo o CEIP Armenteira.
Tivemos ademais a enorme sorte de que a propia Viky nos acompañara durante a mañá. Tampouco quixeron perder este momento tan especial os antigos alumnos e alumnas de Viky, hoxe en día nais e pais de nenos e nenas do colexio.
Na biblioteca o alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un repaso pola traxectoria de Viky e a súa pegada na escola. Logo, todos xuntos desfrutamos dunhas palabras ben emocionantes de Viky e dunha vídeo-montaxe de fotografías dende a inauguración da escola ata a actualidade.
Aquí podes ver a vídeo-montaxe que fixemos para Viky.
Xa por último Viky destapou a placa co seu nome rodeada de mestres, mestras, nenos, nenas, nais e pais.
Por outra banda, o V Concurso de carteis do Concello de Meis polo 8M volveu contar cunha gañadora do CEIP Armenteira: Celia Rodríguez de 6º de Primaria! Parabéns!
Xunto coas actividades levadas a cabo no día 8 de marzo, o colexio segue traballando en favor da igualdade con diferentes actividades durante o curso escolar: “Venres inclusivos”, Talleres sobre igualdade, dinámicas, etc.
Como cada curso no noso cole despedimos o 2º trimestre con varias actividades de Pascua. Para comezar, decoramos ovos na clase de inglés cos que fixemos unha exposición e concurso. Este ano os máis votados de cada clase foron os ovos de Martiño ( infantil) , Jandro ( 1º ciclo) , Eva ( 2º ciclo) e a obra grupal dos ovos de Nerea, Noa, Celia, Brais e Aitor. (3º ciclo) Eva conseguiu o premio por 2º ano consecutivo. Os nenos e nenas de 6º premiados inspiráronse na súa futura graduación para crear a súa obra.
preparándonos para a posible visita do easter bunny, tamén realizamos unhas cestiñas para meter os ovos de chocolate . quedaron moi “cuquiñas”.
tamén fixemos a xa tradicional carreira de ovos ( rolling eggs) que este ano ganou mayra.
por último, tivemos a sorte de que o easter bunny visitara o cole e nos deixara agochados ovos de chocolate polo noso patio. Fixemos unha busca e recollemos todos os que atopamos nas nosas cestiñas. como este ano facía moita calor tivemos que comelos moi axiña porque se derretían, cousa que non nos importou nadiña de nada. coa cara e as mans ben manchadas de chocolate os nenos e nenas da armenteira despedimos esta festa ata o vindeiro curso.
SEMANA DO LIBRO 2024
Este curso escolar celebramos a semana do libro do 22 ao 26 de abril; e todos os días fixemos actividades relacionadas coa lectura.
Comezamos o luns 22 con 2 talleres. No primeiro taller cada rapaz fixo un marcapáxinas coa súa propia foto. Recortaron, plastificaron, fixeron pompóns…e quedaron así de xeitosos!
que recortar amodiño!
A continuación cada rapaz debuxou o seu libro favorito, para logo colgar e decorar na árbore da escola.
E xa para rematar este día, o alumnado de 4º e 5º de primaria fixo unhas recomendacións literarias aos seus compañeiros; recomendacións de libros que tiñan coma temática o xogo : libros de xogos de palabras, de adiviñas, de xogos matemáticos…
Hai
Mirade que chulo!
Vou coller ese libro o próximo día!
O martes 23 de abril, día do libro, fixemos o divertido “Pic-nic literario” xunto co CRA de Meis.
Chegamos sobre ás 10 ao Campo da Boca, en Portapisón. Alí nos esperaba o polifacético Ce Pantasma, para explicarnos xogos tradicionais e xogar un bo anaco con eles.
Deseguido comezamos o pic-nic literario, no que os rapaces de 4º,5º e 6º contaron e cantaron contos aos pequeniños do CRA de Meis. Despois xa con fame, merendamos grazas á ANPA da nosa escola! Ñam ñam!
E xa para rematar esta xornada, asistimos ao concerto ao aire libre do estupendo “Orquestra Ce Pantasma” que coa súa música, fixo cantar e bailar a todo o público.
Xoaniña voadora xoaniña a voar!
Grazas ANPA!
O mércores 24 de abril, despois do recreo, no proxecto lector, tivemos a presentación de dous libros de produción propia, é dicir feitos na nosa escola.
Comezamos con “Lerias e enredos da Armenteira” unha recopilación de adiviñas,refráns,trabalinguas e fórmulas de apandar feitas polo noso alumnado. Deste xeito, proxectado na pantalla ,cada rapaz ía lendo o xogo de palabras que fixera. E o dúo “Jack Palmeiras ” puxo a nota musical para que toda a rapazada cantara. Se queredes ler o libro
escaneade o código QR
A continuación presentamos “Des-carados” un divertido xogo libro para inventar caras e nomes!
O xoves 25 de abril, tivemos unha sesión de contos contados e cantados. A temática dos contos eran “ Os cus”. Comezou o profe Fran contando o divertido “Un culete independiente” e logo coa profe Paula cantamos “Culetes” sobre os cus dos animais. Para rematar esta xornada o profe Fran fixo uns trucos de maxia abraiantes!
ABRACADABRA!
Neya
Darea
Joguel
Iteo Veis Nocas Marjandro
Manura
E xa para rematar a semana, o venres 26 de abril fixemos dúas actividades.
Primeiramente na biblioteca, o dúo “Jack Palmeiras”, contou e cantou, con acompañamento musical, o estupendo conto “A figueira de Pelostortos”, no que algún se levou un bo susto polo medio!
Cando estábamos vivos ,viñamos por figos! Agora que estamos mortos, vimos por Pelostortos!
Ia ha ha ha ha ha , ia ha haha ha ha!
E para rematar ,como xa vén sendo un clásico, celebramos a nosa feira do libro usado que este ano vai pola XI edición. Nesta XI feira os rapaces puideron elexir libros para levar a súa casa, libros procedentes do expurgo da nosa biblioteca.
A min gústame este do gatiño!
E TOUPORROUTOU, A SEMANA DO LIBRO REMATOU!
i
Ei chicos! Mirade que chulo!
Eu levo estes!
O MAIO NO CEIP ARMENTEIRA
O ALUMNADO E O PROFESORADO DO CEIP ARMENTEIRA, FESTEXARON A FESTA
DOS MAIOS DUNHA FORMA MOI DIVERTIDA, EMPREGANDO OS RECURSOS DA CONTORNA E FACENDO EXEMPLO DUN COLE SAUDABLE E ACTIVO, APROVEITANDO OS RECURSOS DA CONTORNA PARA FACER UNHA MERENDA SAUDABLE, XOGAR E CREAR ADORNOS PARA CONSTRUIR O MAIO. QUEDOU FERMOSÍSIMO !
RECOLLIDA DE FLORES E XESTAS
Que ben cheiran !
PREPARACIÓN DOS ADORNOS E DO MAIO
MIGUEL, ESTE OVO NON SAE, BUF
!
MANS Á OBRA NENOS E NENAS !
ZUME DE LARANXAS DA CASA ! VAIA DELICIA !
Que
O MAIO
rico !
“1.000 formas de pensar unha A” – Creación do selo do colexio
Plástica
Durante o 1º trimestre todo o alumnado de Primaria traballou ao mesmo tempo sobre a proposta “1.000 formas de pensar a letra A” . A idea era que o alumnado iniciara un proceso creativo utilizando os materiais á súa disposición para explorar as diferentes maneiras nas que se pode deseñar a letra A, de Armenteira .
Foi incrible a cantidade de ideas diversas que saíron e que fomos colocando unha a unha en exposición na zona das escaleiras.
Unha vez finalizada a experiencia os nenos e nenas votaron polos seus deseños favoritos e, coa obra que máis gustou, encargouse a elaboración dun selo para o colexio.
A xogar
Proxecto o xogo
Durante este curso, dende a Biblioteca Escolar, traballamos arredor da temática “O Xogo”. Tratamos de explorar o xogo en todas as súas variantes: xogos de palabras, xogos tradicionais, xogos deportivos,xogos e manualidades,xogos de música e movemento…
No 1º trimestre xa comezamos coas primeiras actividades relacionadas co xogo. Nos primeiros días de curso xuntámonos toda a escola no patio para facer dinámicas e xogos grupais co obxectivo de fortalecer a relación entre todos os nenos e nenos que forman parte da escola. Tamén comezamos as andainas dende o colexio ata o Mosteiro da Armenteira.
Corro coma unha centella!
No mes de outubro tivemos a visita do club de Balonmán Asmubal Meaño e os nenos e nenas participaron nunha sesión de iniciación a este deporte guiados por adestradores e xogadores do equipo.
Que atentos están!
Gústame este deporte!
Armenteira ao completo!
Vaia tropa!
chavalada!
No 2º trimestre o xogo foi o fío conductor no día da paz, como xa vichedes anteriormente.
Na semana do Meco o luns tivemos que vir disfrazados dalgún xogo, e os disfraces foron espectaculares!
Mirade que ghuapiño estou!
Eu veño de oca e dominó.
O 14 de Febreiro ,día de San Valentín, repartimos as “Cartas de amor e de amigo”, que sempre teñen éxito entre o noso alumnado.
Carai,que bonito! Quen me escribirá a min?
Ese día tamén fixemos o xogo dinámica dos medos. Cada rapaz tiña que pensar nun medo que tivera, debuxalo, e logo lelo en alto. Os compañeiros deron posibles solución para superar eses medos, e coma fin ,tiralo ao lixo para que desapareza!
A min danme medo os lobos!
Os medos ao lixo rapaces!
No 2º trimestre en Plástica tamén traballamos o tema do xogo, a través da actividade “Os señores caixa”. Consistiu en facer unha máscara cunha sinxela caixa de cartón. Os rapaces debían debuxar,recortar e pintar en cartón as distintas partes da cara: ollos, cellas, boca, nariz, orellas… para logo pegar na caixa e lista para xogar!
Quen vive na piña debaixo do mar?
Dende música aprendimos xogos de mans, cancións xogo acumulativas ,fórmulas de apandar , xogos de roda , teatrillo de títeres…
Tantarantán tantarantiña o que non come non ten barriguiña!
Unha vella tiña un can..
Este gharotiño …
E xa para rematar o segundo trimestre, que mellor xeito que xogando na Pascua! Buscando ovos de chocolate e facendo a carreira de rolling eggs, pero eso xa volo contou a teacher Aida noutras páxinas!
Nos recreos o xogo é a parte máis importante. Por elo o mural da entrada da escola estaba adicado á organización dos xogos nos recreos: que días se pode xogar ao fútbol, cando poden utilizar bicicletas e triciclos, que propostas de xogos hai; comba,gomas,xogos tradicionais ,datchball, basket…
Que ben!
Hoxe podemos andar en triciclo!
Encántame a carretilla! É divertidísima!
No areeiro sempre hai moito ambiente!
Tamén tiñamos o cubo dos “Contos no recreo” por se alguén quería estar un pouco máis tranquiliño.
Que porá aquí?
Grazas a ANPA temos unha preciosa casiña de madeira e unha estupenda mesa de picnic para colocar próximamente no noso patio! Serán fantásticos para xogar!
Esta mesa é moi xeitosa para merendar!
E tamén para xogar!
CUCÚ!
No 3º trimestre, rematamos o mural “O xogo” que estaba na entrada da biblioteca. Nunha parte debuxamos o noso xogo favorito, e noutra había xogos de palabras recopilados polos rapaces.
Nesta estupenda páxina “Orella pendella” podedes atopar centos de xogos de palabras, adiviñas,refráns,trabalinguas etc..
Escanea este código para ir á paxina
Na semana do libro fixemos varias actividades relacionadas co xogo,coma a xornada de xogos populares e os xogo libros feitos na nosa escola, dos que xa vos falamos anteriormente.
En abril tivemos un encontro co CEIP de Castrelo, onde tamén houbo xogos. Comezamos a xornada no Mosteiro da Armenteira onde o noso alumnado explicoulle diferentes cousas do Mosteiro aos rapaces de Castrelo; e xa na nosa escola fixemos dous talleres: un relacionado co xogo e educación física e outro xogando coa arte inspirándonos en Manolo Paz.
Unha parte fundamental deste proxecto do xogo, foi que este curso a nosa escola estivo inscrita no programa “Xogade”, da Xunta de Galicia , a través do cal os rapaces puideron practicar e coñecer moitos deportes ao longo do curso, pero deso xa vos falará Laura a continuación.
E COLORÍN COLOROU, ESTE XOGO REMATOU!
PLAN PROXECTA-XOGADE
ESTE ANO O CEIP ARMENTEIRA FORMOU PARTE DO PROGRAMA XOGADE. TRÁTASE DUNHA INICIATIVA
PROMOVIDA E FINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA, CO OBXECTIVO DE LEVAR A ACTIVIDADE A TODOS OS CONCELLOS GALEGOS E BRINDARLLES AOS ESCOLARES A POSIBILIDADE DE PRACTICAR E COMPETIR COS CLUBS E COLEXIOS DE TODA A COMUNIDADE AUTÓNOMA. AQUÍ TEDES ALGÚNS DOS MELLORES MOMENTOS DESTE CURSO 2023/24.
PIRAGÜISMO-DRAGÓNS
CROSS EN MONTALVO
COÑECE O MEU CLUB ARMENTEIRA E PUNTO
XOGOS POPULARES
PLAN PROXECTA-XOGADE
ATLETISMO EN PISTA
ORIENTACIÓN NA ILLA DAS ESCULTURAS
PROXECTO RÍOS
Un dos proxectos que continúa a ter moita importancia ao longo do curso é o PROXECTO RÍOS. Trátase dun proxecto que levamos varios anos desenvolvendo de forma conxunta cos dema is centros do Concello, o CPI Mosteiro-Meis e o CRA de Meis.
Ao redor da nosa contorna fixemos varias actividades nas que o alumnado puido desfrutar da natureza así como da aprendizaxe compartida con outros nenos e nenas.
LIMPEZA DO RÍO
En setembro, toda a escola participou na recollida de lixo na contorna do Río Armenteira.
SAÍDAS POLA CONTORNA
Ao longo do curso o alumnado de Infantil realizou varias saídas pola contorna co obxectivo de, ademais de desfrutar da natureza, observar os cambios dos elementos naturais nas diferentes estacións do ano.
ACTIVIDADES COMPARTIDAS
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria visitou o CPI Mosteiro -Meis para compartir co seu alumnado traballos feitos sobre as árbores e animais da contorna así como para participar nunha actividade relacionada coa colección de ósos de diferentes animais.
DÍA DA ÁRBORE – DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celebramos o “Día da árbore” e o “Día da poesía” na contorna de Porta Pisón xunto con alumnado do CRA de Meis e do CPI Mosteiro. Axudados pola Comunidade de Montes e o profesorado continuamos a plantación de árbores iniciada o curso pasado.
DE INFANTIL
A clase do 1º ciclo
ESTE ANO A CLASE DO 1º CICLO TRABALLOU MOITO. AQUÍ TEDES UNHA
PEQUENA MOSTRA DE TAREFAS, TRABALLOS, SAÍDAS E PEQUENOS
PROXECTOS CARGADOS DE CARIÑO QUE FIXERON ESTE CURSO: CARMEN, SOFÍA, JANDRO, MATEO, MIGUEL, IVÁN E MARTÍN.
Our teachers! LAURA PAULA ”THELITTLEONE”
PAULA FRAN ”THEBIGONE” MARGA
ROCIO AIDA MARIA
Armenteira dixital
A NOSA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA
O NOSO FACEBOOK
O NOSO INSTAGRAM
A NOSA CANLE DE YOUTUBE
EXEMPLAR REALIZADO POLO ALUMNADO E PROFESORADO DO CEIP ARMENTEIRA NO CURSO 2023/24