BRINQUIÑOS
ANEXA
LUGO XUÑO
2024
LETRAS GALEGAS 2024
Nº 2 REVISTA ESCOLAR CEIP
-
-
LUÍSA VILLALTA
da Dirección
San Froilán 2023
Xa temos 3 primaveras - 4º EI
Somos artistas - 4º EI
de lava - 5º EI
pintoras - 5º EI
O astronauta - 6º EI
Proxecto: Os romanos - 6º EI
Proxecto romanos / astronautas - 6º EI
Conmemoracións e actividades - 6º EI
As aventuras de 1ºA
A nosa aula - 1º EP 15-16
Entrevistamos a María e Lucía - 2º EP 17-18
Coñecendo os animais - 2º EP 19-20
Semana da prensa - 3º EP
A primavera - 3º EP
Visita ao Castro de Viladonga - 3º EP
cos aparellos - 4ºEP
de Rosalía de Castro - 4ºEP
o meu río - 5º EP
As irmás Touza - 6º EP
do libro - 6º EP
Maquetación: Ana Elisa González Fernández e Carmen Rodríguez López. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración! T Á B O A D E C O N T I D O S
Coordinación: Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Ceip Anexa
Saúdo
7
8
9
1
2
3-4
5-6 Lámpada
Bolas
Proxecto:
10
11
12
13-14
21 Poema:
22
24-25
26 Gústame
27-28
29
30
de Luisa Villalta
6º EP 31-32 Caldo de letras 33 Día das Letras Galegas 2024 34-35 Autismo preto de ti
Audición e Linguaxe 36
37 Tempo
38 As
39 66
40
Despedida
sexto
43-44 A biblioteca recoméndanos 45 Pasatempos 46
EP 47
23 Experimentando
Día
Día
Biografía
-
-
Ecohortas viaxa a Burela - Pedagoxía Terapeútica
de Advento e Nadal - Relixión
mans no mundo piden a paz - Relixión
Concurso de Belenismo
Construíndo unha clase de música activa - Educación Musical 41-42
do alumnado de
curso
Graffiteando - 5º
Páx
´ ´
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, elaborada coas
achegas de todos os niveis educativos, e de todo o profesorado e alumnado do Centro, vimos dar a benvida á segunda edición da revista dixital“Brinquiños”.
A nosa revista recolle nas súas páxinas algunhas das actividades desenvolvidas no curso escolar 2023/24, e o seu obxectivo é, sen dúbida, ser de utilidade para reforzar o uso da Lingua Galega na escola a nivel comunicativo e expresivo e que se veña a corresponder coa valoración da mesma; moi presente, entre outras, no desenvolvemento das actividades transversais do currículo.
“Brinquiños” complementa os blogs de aula e a páxina web do Centro, e supón ao mesmo tempo, unha actividade colaborativa no que avidadocentroseatopareflectida.
O alumnado do Centro quere continuar informándonos de novas noticiasque conforman cada curso escolar.Quedamosáespera!
E dende aquí, desexarvos unhas entrañables e satisfactorias vacaciónsa toda aComunidadeEducativa!!
EquipoDirectivo
SAN FROILÁN 2023
Mara Demanuel Cerezal, alumna de 6º curso de EP, foi a autora do cartel escollido para anunciar unha das celebracións máis emblemáticas da nosa cidade: "San Froilán Miudo 2023".
Sen dúbida, un fermosísimo traballo, digno deste recoñecemento!
"Antes de poñerme máns á obra, penso moito o que quero facer. Cando teño unha idea clara, empezo a traballar e persisto ata que me gusta o resultado".
MOITOS PARABÉNS!!
voltar ao índice
Xornal "El Progreso" xoves, 5 de outubro de 2023
voltar ao índice ´
voltar ao índice
voltar ao índice
voltar ao índice
Lámpada de Lava
Materiais:
voltar ao índice
Bolas Pintoras Materiais:
voltar ao índice
PROXECTO : O ASTRONAUTA
Osalumn@sde6ºAdeE.Iaprenderonmoitosobreosastronautas,o espazo,osplanetas,asconstelacións,...
ao índice
voltar
PROXECTO: OS ROMANOS
A través de búsqueda do tesouro, distintas manualidades e a visita á DomusdeMitreoosnen@sde6ºAdeE.Iaprendenmoitísimo.
voltar ao índice
voltar ao índice
voltar ao índice
Na aula de 1º A cada día foi unha nova aventura. Aprendimos contidos novos, melloramos as nosas habilidades, exploramos a nosacontornaeestimulamosanosacuriosidadeeacreatividade. Convidámosvosadescubriralgunhasactividadesquerealizamos:
Participamos en varios obradoiros na facultade de maxisterio onde realizamos diversas composicións de temática natural e abstractaempregandovariastécnicasplásticas.
Aprendimos a plantar e xerminar sementes e agora é a nosa responsabilidade diaria coidar delas para que crezan sanas e fortes. Todos os días, comprobamos se teñen abonda auga e se reciben a cantidade axeitada de luz. É emocionante ver como as nosas sementes setransformanenfermosasplantas!
A A
voltar ao índice
Elaboramosmarcapáxinasparalembraronde deixamosasnosasaventurasliterariasepara mantervivaaemocióndecontinuarlendo.
Xogamos ao xogo romano do Muíño. Sentimos como se viaxásemos ao pasado dos antigos romanos. Foi unha forma divertida de exercitar a nosa mente e pór en práctica a estratexia e o pensamento táctico. Xogar co noso grupo de compañeiros e compañeiras fixo que compartísemos risas e emocións, e cada partida axudounos a mellorar e a ser máis expertos!
Profundizamos sobre os hábitos saudables participando no programa Alimentes organizado polo supermercado Gadis e agasalláronnos cun prato saudable para axudarnos a crear comidassanaseequilibradas.Foiunhavisitamoidivertida!
´ voltar ao índice
A nosa aula 1ºB
Os nenos e nenas de 1º traballamos, experimentamos e descubrimos unha chea de cousa na área de CCNN Nestas dúas follas imos contar algunhas das nosas aventuras neste proceso de aprendizaxe
Hábitos saudables
Traballamos os hábitos saudables Por exemplo, a hixiene, e como inflúe un bo lavado de mans!
O noso medio
Agora estamos co medio que nos rodea, plantas, animais
Clasificamos follas segundo a súa forma ou o seu bordo, as construimos e por último plantamos!
º B
1
Plantas
voltar ao índice
Animais
Tamén estamos a observar o ciclo da vida dos nosos pequenos dragóns de auga. Lemos instrucións, medimos cantidades de auga, alimentámolos, osixenamos a auga e observamos os seus cambios
1 2 3
Agradecementos
Non se nos pode esquecer darlle as grazas ás nosas familias porque entraron na aula a compartir os seus coñecementos sobre estes temas connosco Lemos contos, como por exemplo a “Ra de tres ollos”, onde se nos explica a importancia de coidar a nosa contorna Tamén fixemos sopas de letras, fichas e ata xogos. Grazas familias!
Tamén temos que darlles as grazas aos profesores da facultade de maxisterio porque compartiron varios obradoiros connosco Neles experimentamos distintas técnicas artísticas e á vez ampliamos os nosos coñecementos sobre os órganos, as plantas carnívoras, os animais dos ríos, os paxaros carpinteiros Grazas Estela e Vicente!
A nosa aventura non remata aquí Agora continuamos con máquinas e tecnoloxía!
Continuará... voltar ao índice
Entrevistamosa MARÍAELUCÍA
Os nenos e nenas de 2º A tivemos a sorte de compartir este curso moitas experiencias coas mestras María e Lucía. Despois de todo este tempo, quixemos conversar con ela sobre o seu traballo e darlle así máis visibilidade á grandísima labor que desempeñan cada día. Isto foi o que nos contaron...
Grazas por responder ás nosas preguntas con tanta paciencia e cariño.
En que consiste o traballo que realizas no colexio ?
María: É un traballo moi privilexiado. Trátase de colaborar cos nenos/as e compartir espazo e tempo con seres marabillosos coma vós.
Lucía: O noso traballo consiste en axudar aos nenos/as a que consigan todos os obxectivos no colexio.
Como decidistes que queriades adicarvos a esto ?
María: Cando era pequena, igual que vos pasa agora a vós, tiña ilusións e soños. Eu sempre xogaba a ser mestra e o destino levoume ata aquí.
Lucía: Sempre me gustaron moito os nenos/as. Ensinarlles, axudarlles, pasar tempo e xogar con eles...
Cantos anos fai que empezastes a traballar como mestras ?
María: Hai xa 25 anos.
Lucía: Hai 20 anos.
A cantos nenos e nenas atendedes este curso no colexio ?
María: Neste curso atendo de xeito específico a uns 10 nenos/as, aínda que a nosa axuda nas aulas tamén se dirixe a outros alumnos/as que o precisen dentro de cada grupo.
Lucía: Este curso axudo a nenos/as de 2º A, 3ºA, 3ºB, 5ºA e 5ºB.
Tamén traballo co alumnado de 6º no horto escolar e con outros nenos/as que queren participar nesta actividade.
Lucía Morandeira (mestra de PT)
María de la O Pérez (mestra de AL)
voltar ao índice
Que recursos empregades para traballar con estes nenos e nenas ?
María: Son recursos moi variados e elaborados pensando sempre nas necesidades específicas de cada neno/a co que traballamos. Basicamente son recursos visuais como os pictogramas.
Lucía: Sobre todo empregamos material visual para que lles axude a saber o que teñen que facer. Exemplos destes recursos son os pictogramas, secuencias temporais...
Como sodes tan creativas para elaborar estes recursos ?
María: A creatividade da que falades é froito da motivación que vós nos dades cada día.
Lucía: A experiencia cos nenos/as é o que nos axuda a crear estes materiais adaptados a cada necesidade.
Gústavos o voso traballo ?
María: . Si, moito. Son unha privilexiada por poder traballar con nenos e nenas coma vós.
Lucía: A min tamén me encanta o meu traballo porque me encantan os nenos e nenas.
Como vos sentides ao realizar este traballo ?
María: Síntome moi realizada e con un gran enriquecemento porque día a día eu tamén aprendo moitas cousas de vós. Nós aportámosvos cousas pero é un intercambio recíproco; vós tamén nos aportades moito.
Lucía: Pois síntome moi orgullosa dos nenos/as cos que traballo. E sobre todo, cando consigo que cheguen ás súas metas, sinto unha gran satisfacción. O voso esforzo é a mellor recompensa.
Que é o que máis vos gusta do voso traballo cos nenos e nenas ?
María: O que máis me gusta son os retos que vós nos propoñedes día a día. Eses retos fan que teñamos que estar investigando, experimentando... para poder atender ás vosas necesidades.
Lucía: O que máis me gusta é estar cos nenos e nenas cos que traballo e velos contentos. O que menos me gusta é a parte de burocracia que tamén conleva o noso traballo.
Se non vos tivésedes adicado á ensinanza, que outro traballo vos gustaría realizar ?
María: Eu teño unha espiña que sempre me quedou... Gustaríame adicarme á investigación. Son unha persoa curiosa e a miña fórmula é: “curiosidade + creatividade + coñecemento = talento”.
Lucía: Eu estudaría Bioloxía porque me encantan os animais e as plantas. Pero aínda que o tivese feito, posiblemente acabaría adicándome igualmente á ensinanza. Entrevista realizada
de 2º A voltar ao índice
polos alumnos/as
Coñecendo os animais
No 2º trimestre, os nenos e nenas de 2ºB indagaron sobre datos interesantes dos animais.
Cada un e unha elixiu na casa un animal e pensaron nunha curiosidade sobre el e as súas características. Unha vez escollido, leváronno debuxado á aula e intercambiáronno co obxectivo de que aprendesen un pouquiño máis sobre o ser vivo doutro compañeiro ou compañeira.
Os alumnos e alumnas tomaron o rol de investigadores/as e completaron unha ficha técnica do animal escollido, especificando o nome, tipo de animal, como se reproduce e unha curiosidade sobre el.
voltar ao índice
Unha vez rematados os traballos, expuxémolos no taboleiro da aula.
Moito saben estes nenos e nenas!
2ºB de educación primaria
´
voltar ao índice
EN 3º A SOMOS PERIODISTAS
A noticia
Durante a semana integramos os medios de comunicación escrita na aula. Observamos as diferentes seccións, cada periodista elixiu unha fotografía e elaborou unha noticia seguindo as distintas partes e cuestións ás que hai que responder.
Seguimos reutilizando os xornais.
Seguimos utilizando o papel de xornal. Nesta ocasión para poñer as brillantes mentes de 3º a pensar. A ver quen consegue facer a tira de papel máis longa... Temos cinco minutos!
Aí tedes aos gañadores!!
Utilizamos o papel para facer música. Acompañamos a Marcha do “Crevanoces” de Tchaikovsky, con sons que lle fomos sacando ao papel: rasgar, golpear, arrugar... Quedounos ben bonito!
CEIP ANEXA Marzo - 2024 Gran concurso final!
27 voltar ao índice
voltar ao índice
VISITA AO CASTRO DE VILADONGA
A finais de abril o alumnado de 3º de Educación Primaria , fixemos unha saída ao Castro de Viladonga.
Alí puidemos ver unha recreación en vídeo de como era o castro e a vida nel, fai máis de 2000 anos, coa reconstrución das vivendas coa cuberta de madeira e palla, as murallas , os cultivos que realizaban…
Despois, fixemos unha visita guiada polo arqueólogo onde puidemos ver as catro murallas, onde se situaban algunhas das portas destas, os fosos que as rodeaban, unha das vivendas coa súa cociña, a canalización que empregaban para recoller a auga da choiva e non ter que facer tantos desprazamentos… Tamén tivemos a oportunidade de subir á muralla e dende alí divisamos o castro por completo e os arredores a varios kilómetros.
Para finalizar o percorrido por fóra, baixamos a ver unha cova na que medra un tipo de musgo moi singular, porque é de cor verde fosforito, e pódese ver na escuridade.
E para rematar a nosa visita, fixemos un obradoiro de cerámica, no que puidemos realizar unha taza de barro, coas nosas mans , tal e como facían os homes e mulleres que viviron no castro.
voltar ao índice
EXPERIMENTANDO COS APARELLOS EXPERIMENTANDO COS APARELLOS
A finais do mes de xaneiro, as doutoras da USC, Rocío e María, viñeron ao noso colexio para impartir un taller sobre os aparellos dixestivo e circulatorio aos nenos/as de 4º de Primaria.
Primeiro ensináronnos o aparello dixestivo dun gato deshidratado, que xa traían. Encantounos! Debía ser un gato moi grande!
Dividiron cada clase en grupos, e cada un encargouse de facer unha tarefa: comezamos triturando nun vaso, como se fose a boca, cun aparello simulando os dentes, galletas, leite, cebola, kiwi, etc A continuación esta mestura metémola nunha bolsa de plástico e engadímoslle limón (tamén valía vinagre).
Pechámola e axitámola ben, porque tiña que facer a función do estómago.
Despois vertemos todo nunha media, simulando o intestino delgado. Aquí escurriu o líquido que tiña.
Por último sacamos a mestura da media e puxémola nunha toalla que sería o intestino groso Así rematou o experimento, foi super, super interesante!!
voltar ao índice
Tamén nos mostraron un aparello respiratorio, feito artesanalmente, donde puidemos ver como funcionaban os pulmóns e o diafragma
Por último, coas cebolas que sobraron, cada un sacamos unha lámina moi fina, tinguímola de azul e observamos no microscopio as formas xeométricas das súas células.
A actividade foi moi divertida, sorprendente e, o mais importante, que o pasamos moi ben e aprendemos moito.
Dende a nosa revista queremos mostrar o agradecemento a Rocío e a María por ensinarnos tantas cousas!!!
voltar ao índice
Día de Rosalía de Castro
23 de Febreiro
EN CUARTO DE PRIMARIA, OS RAPACES FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DE POEMAS, ONDE CADA UN ESCRIBIU UN FRAGMENTO. COAS FOLLAS ESCRITAS ENCADERNAMOS UN LIBRO, QUE POSTO NUN ATRIL SERVÍUNOS COMO SOPORTE PARA O RECITADO DOS POEMAS, NA ANTESALA DA BIBLIOTECA, NUN ESCENARIO IMPROVISADO.
A ACTIVIDADE RESULTOUNOS MOI AMENA, ESPERTOU EN NÓS O GUSTO POLA POESÍA DE ROSALÍA E O RESPECTO POLO TRABALLO DOS COMPAÑEIROS E POLO PROPIO.
Recitando os poemas
Espertando o gusto pola poesía de Rosalía
voltar ao índice
Gústame o meu río é un programa de educación ambiental organizado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a través do cal, quixemos achegarnos á un valor esencial como é a auga, e, máis concretamente, aos ríos. O alumnado de 5º do CEIP Anexa, tivemos a sorte de ser uns dos seis colexios participantes neste proxecto.
No primeiro encontro, coñecimos a Misi, a mascota do proxecto, a súper pinga de auga doce, que nos acompañou durante todo o proceso de aprendizaxe e nos guiou para converternos en grandes coidadores dos ríos.
Gústame o meu río MISI
Realizamos tres visitas ao río en diferentes épocas do ano, co obxectivo de poder observar a dinámica do ecosistema fluvial ao longo das distintas estacións e a fenoloxía dos seus seres vivos, descubrindo a través de actividades entretidas, a protección e o coidado do medio natural .
A N O S A M A S C O T A
voltar ao índice
Aprendimos, mediante xogos e experimentos, os conceptos do ciclo da auga , da depuración , da potabilización... , realizamos medicións dos parámetros físico-químicos máis relevantes que caracterizan á auga , e, comprendimos os efectos das fontes de contaminación nos ecosistemas fluviais e no ciclo da auga.
A identificación de macroinvertebrados, foi outra actividade que tamén fixemos. Entendimos o concepto de “animal bioindicador” e valoramos a calidade da auga (moi boa, por certo), utilizando como indicadores, a presenza destes invertebrados.
Como remate, contamos asistir a un congreso onde teremos a oportunidade de xuntarnos con rapaces/as doutros colexios, que tamén están a participar neste proxecto, para coñecer a súas propostas e poder dar a coñecer a nosas.
No seguinte código qr podedes seguir as nosas actividades
voltar ao índice
TOUZA As Irmás
I O G R A F Í A B I O G R A F Í A
Lola, Amparo e Julia, foron tres irmás emprendedoras de Ribadavia que crearon un negocio de rosquillas, bocadillos, melindres e bebidas no quiosco da estación Tamén crearon unha rede clandestina para salvar a centos de xudeos.
U N H A H I S T O R I A D E C O N T O U N H A H I S T O R I A D E C O N T O
A neta dun xudeo holandés, Alexandra Touza, publicou un conto sobre as irmás Touza de Ribadavia, Ourense
Lola , Ampro e Julia Touza, as denominadas “irmás Schindler galegas”, axudaron desde Ribadavia a salvar a vida de 500 xudeos que fuxían dos campos de concentración nazis, grazas a unha rede clandestina que as conectaba directamente co cónsul portugués de Sousa e que contaba coa colaboración de dous taxistas de Ribadavia, un toneleiro, un barqueiro, do avó Ramón...
Os pasaxeiros da liña Hendaya-Vigo só tiñan que pregunta por “ a Nai”, que era o alcume de Lola, para ser escondidos no quiosco da estación de Ribadavia ata que, aproveitando a escuridade da noite, os trasladaban para cruzar a fronteira con Portugal a pé, en coche, ou cruzando o río.
A propia Gestapo chegou a visitar Ribadavia varias veces entre 1941 e 1945 para realizar inspeccións, pero non descubriron nada.
A heróica historia das irmás Touza e o papel fundametal do quiosco como escondedoiro permaneceu oculta ata o ano 2005, cando xa morreran todos os colaboradores.
E
L I B E R
D E E S T A C I Ó N L I B E R D A D E
S T A C I Ó N
D A
R E D E C L A N D E S T I N A R E D E C L A N D E S T I N A P A C T O D E S I L E N C I O P A C T O D E S I L E N C I O
voltar ao índice
B
DÍA DO LIBRO
Trabucouse?
Alá polo lonxe nun día chuvioso apareceu un barbeiro pouco amimoso. Don Quixote pensou sen moito tino que levaba o helmo do rei Mambrino O cabaleiro andante atacou ao barbeiro para arrebatarlle dun golpe o seu sombreiro
Señor cabaleiro! quere parar? que a miña bacía me vai estragar!
voltar ao índice
Luísa Villalta Gómez
POESÍA, NARRATIVA E TEATRO POESÍA: “RESERVADA” “RUÍDO” Luísa Villalta A Coruña 1957 Filla de Rafael e María Irmá: Susana Villalta ESTUDOS: FILOLOXÍA MESTRA DE LINGUA GALEGA TOCABA O VIOLÍN XOVE ORQUESTRA DE GALICIA FUNDOU O GRUPO ESCANIO
BIOGRAFÍA voltar ao índice
“ROTA AO INTERIOR DO OLLO”
ESCRIBÍU EN XORNAIS
membro da mesa pola normalización
lingÜística
NARRATIVA: “Silencio, ensaiamos” “As chaves do tempo”
ARTIGOS EN “A NOSA TERRA” “LIBRO DE COLUNAS”
TEATRO: “Concerto para un home só”
DEFENSORA DO IDIOMA GALEGO
premio
Letras Galegas
FINOU
espiral 2004
2024
POR MENINXITE 06/03/ 2004
voltar ao índice
Caldo de letras
Es quen de atopar as respostas ?
Nome da escritora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. 1. Primeiro apelido da escritora. 2. Cidade natal da escritora. 3. Instrumemto musical que tocaba. 4.
Título da súa primeira obra narrativa: “Silencio, ... ” 5.
Enfermidade que causou a súa morte 6
Mes do ano no que connmemoramos o Día das Letras Galegas. 7.
M A S N I L O I V K L F C G I E H F A O G E H B O A U O V D N V S E A W E O L M Q H R I U I N V I L L A L T A L D U F K N X J O A U C Ñ G I A B Ñ S O X J E O T V I B A O P U A Ñ H I F K E I U D S A Z V E I O S T O I V E N H G A D J L S A Ñ E N S A I A M O S X A E T O B
voltar ao índice
´
Letras Galegas
Xogos Populares
Despois de achegarnos, á vida e obra de Luisa Villalta, xuntámonos para conmemorar o Día das Letras Galegas con xogos populares: carreiras de sacos, o pano, a raiola, o
tira da corda, a chave, pato-ganso, a ra ... , nos que, un ano máis, contamos coa colaboración do alumnado e profesorado do CPI de FP Politécnico de Lugo. Moitas grazas!
2024
voltar ao índice
O noso agradecemento á Asociación Cultural Foliada de Bosende por acompañarnos un ano máis na conmemoración do Día das Letras Galegas. Moitas grazas!
voltar ao índice
O galo cando canta é día ...
AUTISMO PRETO DE TI
Uníndonos a campaña de Autismo España, o lema do presente curso é “Autismo cerca de ti”
A campaña deste ano pretende sensibilizar e visualizar que as persoas autistas están ao noso carón, máis cerca do que pensamos. No noso colexio, compartindo aula, recreo, comedor
Dende o Departamento de orientación propoñemos unhas actividades
O día 2 de abril foi decretado como o día da concienciación sobre o autismo
Este día representa un compromiso que busca a igualdade, a equidade e a inclusión, buscando a plena participación de todas as persoas con autismo e asegurar que teñan acceso ás ferramentas necesarias para exercer os seus dereitos e liberdades
Para visualizar esta realidade propoñemos a seguinte tarefa “Como é ter un compañeir@ con autismo? Cadaquén pode contar que aprende dese compañeir@, como lle axuda a estar mellor no seu día a día Podemos facer uso do seguinte enlace
ACTIVIDADES
Durante esta semana haberá na biblioteca un recuncho de lecturas relacionadas co tema en cuestión.
Por aula, traballo da seguinte canción pictografiada.
Cada persoa con autismo enfrentase a desafíos diferentes.
VIDEOS SENSIBILIZACIÓN AUTISMO
Educación infantil e primeiro ciclo de primaria “A HISTORIA DE VALENTINA”
Segundo e terceiro ciclo de primaria. “A VIAJE DE MARÍA”
Plantilla para colorear o símbolo do infinito
´
voltar ao índice
Ecohortas viaxa a Burela
Para poder ampliar coñecementos sobre outros proxectos de ecohortas, viaxamos á localidade costeira de Burela para levar a cabo unha xornada de convivencia co profesorado e alumnado do IES Monte Castelo desta localidade e o Ceip de Prácticas da Coruña; centros que tamén están a participar no PLAN PROXECTA.
Recibíronnos cos brazos abertos, e con todos eles, pasamos unha xornada moi especial.
Fixemos unha viaxe polo tempo nas fases de recollida do millo, identificamos diferentes plantas silvestres e aromáticas, pintamos con nogalina, realizamos tarefas de plantación, e sobre todo, aprendimos a importancia da colaboración no traballo en grupo.
Agradecemos a acollida do IES Monte Castelo de Burela, e o traballo das nosas asesoras, que como sempre, nunca deixan de sorprendernos.
MOITAS GRAZAS!! voltar ao índice
empodeAdventoeNadal empodeAdventoeNadal
do de Relixión Católica elaborou calendarios de Advento como n á conmemoración do Nadal. Achegándonos a estas datas, creamos on diferentes materiais que representan o nacemento de Cristo. s que vos gusten!
voltar ao índice
AS MANS DO MUNDO PIDEN A PAZ
O alumnado de 5º e 6º de EP elaboraron o mural das mans do mundo
voltar ao índice
Concursode 66
O ano 2024, comezámolo cunha moi boa nova!
O Belén do noso colexio, acadaba o 1º premio do “66 Concurso de Belenismo” convocado pola Asociación de Belenistas de lugo, na modalidade de “Belenes en Centros Educativos”.
O noso conserxe, Alfonso, recolleu o premio acadado.
Moitos Parabéns a Alfonso, e a todos os membros do centro que participaron na súa creación, e que cada ano, traballan para deleitarnos con verdadeiras obras de arte de Nadal.
´
voltar ao índice
Construíndo unha clase de música activa
Son Marta, mestra de música do CEIP Anexa e neste artigo quero expresar o que é para min unha clase de música activa e a importancia de construila día a día e codo con codo cos nosos alumnos e alumnas.
Non hai nada tan máxico como as bolboretas que se sinten antes de sair a un escenario.
A guitarra acompañounos en cada canción que interpretamos ó Longo deste curso.
Carl Orff foi un director de orquestra, compositor alemán e educador musical. Destaca pola súa metodoloxía e por crear os actuais instrumentos.
c voltar
ao índice
Unha clase de música activa é unha clase con máis oportunidades de aprendizaxe, é unha clase con máis comunicación, unha clase que aporta e recibe, unha clase que se abre a un mundo sen complexos.
Unha clase de música activa é unha clase con máis posibilidades, con máis recursos e máis atención á diversidade do alumnado. É unha clase transparente na que o protagonista da aprendizaxe é o alumnado.
Por estas razóns, no noso cole tratamos de que as clases de música sexan dinámicas facendo ao noso alumnado unha parte activa das mesmas.
“A arte é a expresión dos máis profundos sentimentos polo camiño máis sinxelo”. Esta frase de Albert Einstein xustifica o importante que é introducir a educación artística e musical na vida dende a primeira infancia, é por iso que mediante a música e o movemento tratamos de que o noso alumnado de educación
infantil adquira amor pola mesma e aprenda a expresar e xestionar as súas emocións.
Por outra banda,cos nenos e nenas de educación primaria, os motores da materia de música e danza son os seguintes:
Escoitar
Crear Coñecer Interpretar Compartir
En definitiva o meu maior desexo como profesional e como persoa é que a Educación Musical esté o alcance de todos os nenos e nenas do centro con ilusión e motivación.
voltar ao índice
P R O M O C I Ó N
2 0 1 5 - 2 0 2 4
Marchamos, pero non é un adeus, é un ... ata logo!
Morriña:
Seguro, é o que sentiremos nuns meses.
Si, botaremos de menos o noso segundo fogar do que nos levamos grandes e marabillosas lembranzas. Ben, e tamén algunhas, non tanto... o normal!.
Aquí, aprendemos a convivir como unha familia grande e variada, con todas as súas ledicias, tristezas, rarezas, teimas.. etc, iso que nos fai máis tolerantes, máis sociais, en fin, máis persoas.
Supoñemos, que tarde ou cedo, voltaremos ter contacto co centro como exalumnos para intercambiar as nosas futuras experiencias.
Agarimo:
Queremos agradecer a todas as persoas que durante algo máis de nove anos nos axudaron a formarnos en todos os ámbitos da persoa: a todos os mestres, persoal administrativo, persoal non docente, etc... En especial, aos nosos titores e mestres especialistas, que nos amosaron o camiño do saber e que cos seus ensinos, consellos e exemplos, forxaron en nós inquedanzas cara ao coñecemento e a vida. Grazas por apoiarnos e orientarnos na nosa formación. Grazas pola vosa paciencia, polo voso agarimo, polo voso amor e pola paixón coa que nos ensinastes
Lembranza:
Aos nosos compañeiros, queremos dicirlles, que este ano rematamos unha etapa nas nosas vidas. A amizade que forxamos en todo este tempo, perdurará por moitos anos.
voltar ao índice
Levámosvos na memoria, non vos esquecemos!
Da nosa andaina polo colexio, atesouramos unha chea de anécdotas... Tamén, botamos de menos, saír máis de excursión. Sería fenomenal convivir máis fóra das aulas, cos nosos compañeiros, amigos, mestres e mestras.
Fixemos grandes amizades coas que pelexamos e compartimos a merenda. Pero, o realmente importante, é que sempre seremos alumnos/as do CEIP ANEXA.
Así que ... ATA LOGO,
COLE!, VERÉMONOS AXIÑA!
Cando vaiamos paseando por diante do colexio, diremos con orgullo:
“A ESE COLE, FUN EU!”
Unha forte aperta Alumnado de sexto
voltar ao índice
BiblioAventuras Anexa
recoméndanos
EducaciónInfantil
1º e 2ºdeEP
5 e6ºdeEP
3ºe4ºdeEP voltar ao índice
´
...
Atopa as 5 diferenzas.
Adiviña o xeroglífico.
Quefagocoasovellas? -------
Adiviña, adiviñanza ...
Nahortafuncriada, atadaconverdeslazos aquelquechorapormin estamepartindoapedazos.
Nahortadomeuamo haiungaliñofrancés. Tendentesenontenboca, tencabezaenontenpés.
v
i i ll ll a a l L t t a a TA TA
v
Son a
Son o ---:saznerefiD.1 a roc sad saton ,siacisum a artel ,L a roc sad sadno od ,ram a adatrop od ,orbil o ilob .edrev .2 :ocifílgoreX .”saatlóS“ .3 :sañividA a alobec e o .olla Solucións: voltar ao índice
------
onosoxornal!
ataovindeirocurso!
voltar ao índice
voltar á páxina principal 1