CANXAR. Revista de fotografía etnográfica

“Canxar. Revista de fotografía etnográfica” é unha publicación da Sociedade Antropolóxica Galega que nace no ano 2020 co afán de promocionar, valorizar e divulgar a fotografía etnográfica e o traballo dos seus autores, así como visibilizar o campo da antropoloxía visual, en xeral. A revista ten unha vocación internacional, por iso se edita en formato dixital e en tres idiomas (galego, español e inglés), buscando chegar ao maior número de público interesado posible. “Canxar” é de visionado libre na web http://antropoloxiagalega.orgDATOS EDITORIAIS:DIRECCIÓN: Rafael Quintía PereiraDESEÑO ARTÍSTICO: Ana Durán PenabadEDICIÓN: DixitalIDIOMAS: galego, español e inglésCOLORPERIODICIDADE: SemestralENTIDADE EDITORA: Sociedade Antroplóxica Galega (SAGA)LUGAR DE EDICIÓN: Galicia (edición dixital)ISSN: 2792-3363DEPÓSITO LEGAL: OU 139-2020