A Biblioteca Central Rialeda celebra en 2014 o centenario da publicación de “Platero y yo” con exposicións bibliográficas adicadas a Juan Ramón Jiménez e as súas obras. A expo “Burriños e outras mascotas: 100 anos de Platero y yo” é unha selección de contos, narracións, poemarios que teñen como denominador común o amor aos animais. Libros que celebran a relación entre as persoas e os animais, que falan de aventuras cheas de emoción, historias de afecto e solidariedade. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Trae a túa mascota a Rialeda,
EN FOTO!!!
nun formato non superior a este cadrado (7x7). Se queres podemos escaneala na biblioteca. Podes enviala ao correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org, asunto “Burriños e outras mascotas”. Colocarémoscha na Galería de Mascotas. Temos as dalgúns famosos-as escritores-as!!!
A Biblioteca Central Rialeda celebra o centenario en 2014 da publicación de “Platero y yo” con exposicións bibliográficas adicadas a Juan Ramón Jiménez e as súas obras. A expo “Burriños e outras mascotas: 100 anos de Platero y yo” é unha selección de contos, narracións, poemarios que teñen como denominador común o amor aos animais.
Libros que celebran a relación entre as persoas e os animais, que falan de aventuras cheas de emoción, historias de afecto e solidariedade. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos
Inspiración “Burriños”: O pintor Chagall pintou este burriño de cor verde. Segue a tendencia pictórica que prefiras: pop-art, abstracción, hiperrealismo, surrealismo, cubismo, etc. e colorea estes simpáticos cuadrúpedos para a nosa Galería de Burriños.
Ánimo artistas!!!