CATALOGACIÓN Aquí tedes a TÁBOA SIMPLIFICADA DA C.D.U. (Clasificación Decimal Universal) coas cores identificativas segundo o xénero e a temática das obras tal e como as veredes colocadas nos andeis da biblioteca
#bibliosabon Contacto Avda. Arsenio Iglesias s/n biblioteca@iesdesabon.org
Horario L a V de 9 - 14 h
@bibliosabon
Guía de Uso
PRÉSTAMOS
Os libros préstanse 15 días, renovables a outros 15, agás se o libro está na lista de lecturas obrigatorias. Só poderán levarse un máximo de 3 préstamos á vez. Os Dvd préstanse 2 días , renovables a outros 2; enciclopedias, manuais, xogos e outros materiais só poderán consultarse na propia biblioteca. Os préstamos faranse nos recreos polo profesorado encargado ou o equipo de voluntariado da biblioteca; debe presentarse o exemplar que se vai levar e o nº de lector que será entregado a cada usuario a 1ª vez que faga un préstamo. Existe a posibilidade de solicitar un libro na lista de espera cubrindo o formulario que está no blog da biblioteca #bibliosabon Os libros están catalogados nos andeis por cores segundo se pode ver na CDU. Estarán colocados por orde alfabética segundo o 1º apelido do autor e no lombo do libro figurará unha etiqueta como esta que che axudará a localizalo. Este libro pertencería á Narrativa Galega, 82 N-G, o autor sería Castelao , CAS (as tres primeiras letras do 1º apelido en maiúsculas) e o título da obra Cousas, cou (tres primeiras letras do título sen artigos)
ACTIVIDADES
NORMAS DA BIBLIOTECA
•
A biblioteca é un espazo común de traballo e lecer, por iso non se poden facer certas cousas como comer ou beber, falar en voz alta ou facer ruídos que molesten aos demais.
•
A disposición de todos temos un par de computadores fixos que poden ser empregados en calquera momento, non obstante o ordenador do mostrador é de uso exclusivo do profesorado da biblioteca e do equipo de alumnado voluntario.
•
Cando non se devolva un préstamo en prazo, o alumno/a será considerado “moroso” e non poderá facer novos préstamos ata que non devolva o que ten. No caso de que esta situación se prolongue, poderase tomar a decisión de non entregarlle as notas.
•
Voluntariado biblioteca
Animámoste a formar parte do equipo de voluntariado que axuda na biblioteca; recibirás un certificado polo teu traballo, que pode servir para o teu currículo académico, ademáis de gozar doutras moitas vantaxes.
•
Temos moito máis: exposicións, concursos, celebracións, clubs de lectura...