Issuu on Google+

1º CICLO Diario secreto de Adrián Mole” Sue Towndsend. Edicións Xerais. Adrián Mole é un namorado adolescente que relata a súa vida. A aparición dos seus grans mistúrase coa caótica vida matrimonial dos seus pais e cos seus parentes chiflados.

“Campos de fresas” Jordi Sierra i Fabra. Ed. SM Luci está en coma por tomar pastillas de éxtase. Os seus amigos, a súa familia e a policía loitan para que a moza esperte e que o culpable sexa castigado.

2º CICLO “Poetízate” Fran Alonso. Edicións Xerais. Poesía para cantar, para berrar, para rapear, para musicar, para rebelarse contra o mundo ou para falar suave na orella. De Rosalía ás poetas novas. É un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía.

“Corazón de tinta” Cornelia Funke. Ed. Siruela. Mortimer Folchart e a súa filla Meggie comparten a súa afición pola lectura e máis un don: se len en voz alta fan aparecer na realidade personaxes do libro pero tamén fan que persoas reais se vaian ó mundo da fición.

BACHARELATO: “A praia dos afogados” Domingo Villar. Ed. Galaxia. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba

“Antología de poesía para jóvenes” Ángel González. Ed. Alfaguara. Selección das mellores poesías do autor que están dirixidas ó publico novo, as máis humorísticas, as que se escriben nas carpetas… as que levan ó lector a soñar co amor e a vida.

“El hijo del viento” Henning Mankell. Ed. Tusquets. Hans Bengler abandona os estudos de medicina e viaxa a África para atopar un insecto que ninguén descubriu aínda e así facerse famoso. Atravesa o deserto de Kalahari, coñece a un neno negro que quedou orfo, adóptao e regresa a Suecia, o seu país.


ADULTOS: ”A clase” François Bégaudeau. Ed. Xerais

Boletín nº8

Case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos.

“El lector” Bernhard Schlink. Ed Anagrama Michael Berg atópase mal volvendo á casa e Hanna acude na súa axuda. Así comenza unha relación na que antes de amarse, ela sempre lle pide a el que lle lea fragmentos de escritores de prestixio. Anos máis tarde Michael acude a un xuizo contra mulleres acusadas de criminais de guerra nazis.

Boas vacacións… cun bo libro !!!

Bo verán !!!


guía_veran_2009