Page 1

PLANO DA BIBLIOTECA

E SPAZO S DA BI B LI OTECA ∗ ZONA DE LIBROS DE LITERATURA NARRATIVA.: os libros de ficción, contos, ordenados por idades e cores. ∗ ZONA DE LIBROS DE CONSULTA: libros que conteñen información sobre diferentes temas, (Ex: historia, corpo humano, animais, manualidades, etc.) ∗ ZONA DE LECTURA INFORMAL: para poder gozar da lectura cómodamente. ∗ ZONA DE INTERNET: 4 ordenadores con conexión a internet para que poidas buscar toda a información que necesites. ∗ ZONA DE EMPRÉSTITO: para consultar dúbidas e deixar rexistrado o empréstito. ∗ ZONA DE TRABALLO: mesas grandes para traballar en grupo ou individualmente. ∗ EXPOSITOR DE NOVIDADES: ultimas novidades de libros ou libros relacionados con algunha celebración ou actividade que esteamos realizando.

Podes consultar o noso catálogo de fondos vía internet entrando no noso blogue: www.bibliotecapinodeval.blogspot.com

GUíA DE USUARIOS

C U R S O 2010 2011 BIBLIOTECA ESCOLAR A VAC A E S PI N AC A - C . E . I . P. P I N O D E V A L -


… F UN C IO N AMEN TO DA

BI B LI OTECA E A LG U NH AS NO RM AS

… QUE É A C . D.U E PARA QUE SI RVE? ∗ Todos os libros están ordenados segundo a C.D.U (Clasificación Decimal Universal).

∗A biblioteca permanece aberta para o

empréstito de libros nos recreos dos luns, mércores e venres.. ∗ O período máximo de empréstito de cada libro será de 15 días. ∗ Podes ampliar o plazo renovando o período de empréstito outros 15 días. ∗ Se ordenado/a: deixa os libros onde os atopaches. Usa o teu marcador-separador para localizar o lugar onde colliches o libro. Se tes dúbidas, non o coloques, déixao no caixón que di “colocar”. ∗Se atopas un libro en mal estado, avisa ao mestre e colocao na caixa que pon “reparar”. ∗ Na biblioteca debes estar en silencio e cando traballemos en grupo procuraremos non alzar a voz para non molestar aos demáis. ∗ Non comas nin bebas dentro da biblioteca. ∗ Podes facer uso dos ordenadores sempre co permiso do mestre/a de garda. ∗ Se coidadoso/a: coida todo o que hai na biblioteca (libros, mobiliario, revistas, ordenadores, etc.) ∗ E por último, deixa todo recollido antes de sair.

∗ Este sistema, que atoparás en moitas bibliotecas, baséase na división de todo o coñecido en 10 grupos que á súa vez se subdividen noutros grupos.

∗ Estas 10 áreas son as seguintes: 0. Xeneralidades: enciclopedias, dicionarios… 1. Filosofía. Psicoloxía. Ética. 2. Relixión. Mitoloxía. 3. Ciencias Sociais: Socioloxía, Economia 4. Producción propia. 5. Matemáticas. Ciencias Naturais ... 6. Ciencias Aplicadas: Mediciña ... 7. Arte. Deportes … 8. Lingua. Literatura. 9. Xeografía. Historia.

∗ Podes localizalos coa axuda dos carteis que están colocados na parte superior das estanterias.

… COM O ATO PAR O S LI B RO S?

∗ Para atopar os libros que buscas tes que ter en conta a etiqueta (tejuelo) que teñen colocada na parte inferior do lombo.

82 N G NEI arm

∗ Arriba escribimos o número da CDU que lle corresponde: neste caso “82” porque é Literatura, “N” porque é narrativa e “G” porqué esta en galego.

∗ Debaixo escribimos en maiúsculas as 3 primeiras letras do 1º apelido do autor. Neste caso,” NEI” porque o autor se chama “Xosé Antonio Neira Cruz”

∗ E a continuación escribimos en minúculas as 3 primeras letras do título sen artigos nen preposicións. Neste caso concreto, “arm” porque o título do libro é “O armiño dorme”.

∗Ademáis, debemos saber que os libros de literatura están ordenados por diferentes cores reflectidas nas etiquetas e colocados en distintas estanterias: Amárelo:Lectores Expertos (12 a 14 anos) Verde: Lectores Autónomos (9 a 11 anos) Vermello: Primeiros Lectores (6 a 8 anos) Azul: Prelectores ( ata 6 anos)

guia de usuarios  

guia que contén información sobre o funcionamento da biblioteca