Issuu on Google+

I ES Po et a A ñó n - O ut e s ITINERARIO 8.30: Saída do IES Poeta Añón 10.30 Chegada a Allariz

Por terras do LOBIS-HOME

11.00: Percorrido guiado polo casco histórico visitando: Museo do Xoguete Museo do Coiro Museo do Tecido Museo do Muíño do Burato 14.00-15.30: Xantar 16.00 Paseo en barca polo río Arnoia 17.30 Visita do eco-espazo O REXO 18.30 Regreso a Outes

ALLARIZ

20.30 Chegada ó IES

CURSO 2012-13 C l ub d e l e c t u r a“ L a r et a s”


B REV E G UÍA, MAPA e ITI NERA RIO

In for m aci ón pr op or c ion ada p ol a O fi cin a de Tur is m o d e A ll ar i z

1. MUSEO GALEGO DO XOGUETE

2a. Muíño do Burato

2c. Museo do Coiro

Este peculiar museo localízase na rúa do Portelo, nun edificio de finais do século XVII construído na súa orixe como pazo señorial, convertido máis tarde en Xulgado de Primeira Instancia e posteriormente rehabilitado como Centro Social. O Museo Galego do Xoguete naceu como consecuencia dunha doazón dun veciño de Allariz, Alberto Oro Claro, da súa colección de case 800 xoguetes de distintas características e épocas que abranguerían os primeiros anos do século ata os anos sesenta aproximadamente.

Situado na marxe esquerda do río Arnoia, é unha edificación do século XIX que foi rehabilitada para convertelo en Museo no ano 1992, como expoñente dos numerosos muíños hidráulicos que se poden atopar ao longo do río Arnoia. Este muíño cesou a súa actividade definitivamente arredor dos anos sesenta. Trátase dun muíño hidráulico de turbina, mecanismo posterior ao tradicional rodicio, con dúas moas denominadas “francesas” e que incorpora ademais un motor eléctrico que permite continuar os traballos de moenda nas épocas de estiaxe. Ao Muíño do Burato acudían xentes de distintas aldeas da comarca que o mantiñan en funcionamento durante as vintecatro horas do día, convertendo as muiñadas en reunións festivas nas que participaban sobre todo mozos e mozas cantando e bailando.

A Fábrica de Curtidos da familia Nogueiras é unha impresionante edificación do século XVIII de planta cadrada e cun gran patio central. Situada na marxe dereita do río Arnoia, no Parque do Portovello, é un claro exemplo dunha florecente industria que, durante o século pasado e principios do presente, fixo da vila de Allariz e das aldeas como Vilaboa ou Acea de Meire un importante referente no relacionado co curtido de peles, chegando a prover de coiros a un total de douscentos zapateiros da comarca.

SABÍAS QUE... ...durante o período en que este edificio funcionou como Xulgado de Primeira Instancia celebrouse nel o xuizo do homelobo de Allariz, Manuel Blanco Romasanta?

2. PARQUE ETNOGRÁFICO DO RÍO ARNOIA O Parque etnográfico do río Arnoia nace no ano 1995 co obxectivo de recuperar elementos do patrimonio etnográfico que aínda subsisten no territorio, pertencentes ás actividades económicoculturais xeradas arredor do río, principalmente o curtido de peles e a transformación de gran de cereal. O parque está integrado por tres pezas museísticas, todas elas son mostras representativas do que nun tempo significou o modo de vida e a economía de Allariz:

Muíño do Burato Museo do Tecido “O Fiadeiro” Museo do Coiro “Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras”

2b. Museo do Tecido “O Fiadeiro” “O Fiadeiro” adopta o seu nome das antigas xuntanzas que tiñan lugar, sobre todo nas casas do rural, para fiar e convertéronse en auténticos centros de reunión e diversión, xerme dun rico folclore e tradición cultural. Situado no que con anterioridade foi o matadoiro da Praza de Abastos, trátase dunha sala dedicada principalmente ao proceso de cultivo e transformación do liño, dende a sementeira ata a elaboración final de pezas artesanais no tear. O Museo reproduce a través de distintos utensilios os traballos sobre a planta de liño ata convertela en fío e, con posterioridade, en tea; lenzos cos que se confeccionaban pezas de vestir ou colchas e mantas xa directamente tecidas, de xeito complexo, no tear.

5. ECO-ESPAZO O REXO O Eco - espazo do Rexo é a obra resultante dunha intervención pictórica e escultórica do artista vasco Agustín Ibarrola, sobre un e s p a z o n a t u r a l recentemente reutilizado. Baséase na harmonización de elementos naturais contidos na propia paisaxe: árbores, pedras, terra, auga... coa achega de materiais reutilizados e presentes na cultura galega: granito e lousa, para integralos nel, transformándoo así nun espazo único construído utilizando de modo integral as enerxías renovábeis. A mensaxe é clara: o desenvolvemento do individuo e o goce do medio natural son compatíbeis.


Triptico allariz