BASILISCOS
Laura Louro Vรกzquez 1ยบA Curso 2011-2012 Proxecto Interdisciplinar
INDICE Pax. 1) Introdución...............................................1 2) Definición e tipos.......................................2 3) Historia dos basiliscos.................................5 4) Basiliscos na tradición española ...................6 5) Basiliscos na literatura e no cine...................7 6) Bibliografía................................................9
1.-Introdución O termo Basilisco provén do grego
basilikos, que é o diminutivo de
basileus (rei). Son moitos os mitos e lendas que se contan destes seres. Un gran número de criaturas lendarias foron imaxinadas por primeira vez nos vales mesopotámicos entre os ríos Tigres e Eufrates. Logo desde aquelas culturas difundíronse en Oriente e Occidente. Algunhas destas bestas caracterizáronse por reunir atributos animais e humanos, outras mais monstruosas como os basiliscos mitolóxicos reúnen a combinación de dúas especies animais. Son seres asociados ao horror e a fealdade. A verdade todo isto é fantasía. Aínda que tamén existe o basilisco animal real que é como un lagarto. Nativo de América Central, parecido ás iguanas aínda que mais pequeno e delgado. Estes animais viven nas árbores e prefiren habitar nas zonas preto a fontes de auga. O que os fai realmente peculiares é que, teñen unha notable habilidade de ser capaces de camiñar sobre a superficie da auga. A diferenza dos basiliscos mitolóxicos, son moi asustadizos, cando hai unha ameaza, saltan das ramas onde repousan zambullíndose na auga, buscando refuxio. Estes basiliscos son algo delicados e non toleran demasiado o contacto co home. Despois desta introdución o traballo vaise centrar nos basiliscos como seres mitolóxicos. Basilisco esmeralda nunha rocha. (Réptil real)
Basilisco Mitolóxico
1
2.- Definición O basilisco era un animal mitolóxico, acerca do modo en que nace existen dúas versións principais. A primeira cóntanos que do sangue que derramou Medusa (mitoloxía clásica) ao ser decapitada por Perseo, naceron tódalas serpes, incluído o Basilisco, que emite horrendos silbidos, capaces de aterrorizar a tódolos outros monstros. Mata antes de morder e a gran distancia. Pretende ser o rei do deserto, pois en deserto converte todos os lugares polos que pasa. Herda da súa nai a capacidade de matar coa mirada, pero se a súa mirada se reflicte nun espello morre. A segunda di que xurde da estraña unión dun galo e unha serpe. Os seus ovos son gardados e vixiados e incubados por un sapo durante nove anos. Desta xestación nace o basilisco, gardando as características de tódolos seus proxenitores. Ten o corpo de galo, cola de serpe en forma de lanza, patas de galo, ás espiñosas e pel de sapo. Dise que é o rei das serpes e que podía matar coa mirada. A única forma de desfacerse dese terrible animal é vestir a un home cunha armadura de espello e o basilisco ó cruzarse con el morre ao verse a si mesmo
reflectido. Os basiliscos teñen un poder especial; o de converter en
pedra todo o que tocan. Son por iso uns inimigos
moi perigosos. Si o seu
contrincante non leva a protección adecuada intentará lanzarse corpo a corpo e usará o seu pico para petrificar. Só as armaduras de metal resisten ao seu poder. Os basiliscos son inmunes ao poder petrificante doutros basiliscos.
Cabeza de Medusa
Ovos de Basilisco
2
Existen 4 tipos:
Basilisco Común Este basilisco é un híbrido dun galo, un réptil e un morcego. O basilisco nacerá dun ovo rexeitado pola galiña e que non é ovalado, senón redondo. Este ovo debe ser incubado por un réptil.
Basilisco Saurio Estes basiliscos son réptiles de tamaño bastante grande. Teñen 8 patas, as súas escamas son pardo-verdosas e os seus ollos verdes brillantes.
3
Basilisco Saurio Mayor Os basilisco-saurios maiores teñen as mesmas características que os basilisco saurios excepto o seu maior tamaño e unha intelixencia algo máis desenvolvida.
Pirolisco É igual que o basilisco común pero ten unha única pluma vermella no rabo. As súas ás tamén son rubias. Esta variedade é moito máis perigosa que o basilisco, xa que a súa mirada é capaz de prender lume en calquera ser vivo que o mire fixamente o pirolisco.
O seu inimigo natural é o fénix, ou ave
máxica que arde en chamas para renacer das súas cinzas.
4
3.- Historia dos basiliscos Como a maioría das bestas mitolóxicas a orixe dos basiliscos pérdese no tempo. As culturas antigas deixaron algunhas mostras da crenza nel e noutras serpes monstruosas nas artes , pero é na tradición escrita
onde mellor se
pode seguir a súa traxectoria e evolución. Os basiliscos teñen unha longa historia, que está presente en culturas e pobos tan diferentes como afastados, e entronca en case todas as crenzas e relixións. Así, por exemplo, se atribúe a San Trifón o logro de ter domesticado esta besta e, pola súa banda, Isaías, cando se dirixe aos pecadores, afirma que tales bestas «incuban ovos de víbora, tecen teas de araña e o que come dos seus ovos morre, e, se se esmagan, saen basiliscos» Para os antigos exipcios, o basilisco nacía dos ovos do ibis.No Antigo Testamento poden encontrarse referencias ao basilisco en catro libros. En xeral, xa nos albores do s. I d. C., o animal é descrito como unha forma de serpe excepcionalmente daniña, concepto que lograron perpetuarse ata ben entrado o s. XVIII debido á súa inclusión durante a Idade Media nos tratados naturalistas. Para os gregos, este animal era moi temido polos seus efectos nocivos sobre o home. Desta época data xa o que del se di de terrorífico, pois exhalaba pola boca grandes labaradas de lume ocasionando que as plantas se murchasen, se queimasen os pastos, se fendesen as rochas e as augas se impregnasen de letal veleno. É durante o Medievo cando esta criatura experimenta un cambio na súa morfoloxía, pasando a ser un ser con forma de
galo de catro patas,
plumas amarelas, grandes ás espiñentas e cola de serpe rematada en gancho. Incluso no Renacemento, a pesares da proliferación das universidades, e que os coñecementos en Ciencias Naturais son maiores e mais críticos séguese admitindo a existencia destes animais malditos chamados Basiliscos. Físicos e médicos estudan o seu nacemento e a capacidade letal do seu veleno. Mais tarde aparecen referencias en obras literarias de Lope de Vega, Cervantes e Quevedo. A figura do basilisco,
estaba firmemente arraigada no saber popular e nas
crenzas das clases mais refinadas. 5
Ata non fai moitos séculos, a crenza da existencia desta fantástica besta era tal que incluso algúns viaxeiros contaban historias como por exemplo, que alguén vira mulleres que mataban aos homes coa mirada, ou outra que dicían que a fera morría cando oía o canto dun galo, por iso que entre os aventureiros que tiveran pensado facer unha viaxe por algún deserto africano, tiñan a precaución de levar un galo para protexerse de tan temido animal. Na
escultura, a figura do basilisco usábase principalmente nos capiteis das
igrexas, puntualmente pódense
encontrar
en tallas de marfil y artes
aplicadas.
4.-Basilisco na tradición española Na tradición cultural española recolléronse diferentes variantes desta besta de fábula, segundo as rexións. Unha delas localízase nas montañas cántabras, onde se contaba que, cada século, os miñatos poñían un ovo de cor vermella, do cal saía unha ave blanquinegra, que, tras cincuenta anos cabais de vida, morría e, do seu corpo xa putrefacto, saía un verme que ía mudando de forma ata converterse no negro 'Galo da Morte'. Outra achámola no Pireneo catalán, onde se aseguraba que o basilisco era unha besta que se encontraba só nas sepulturas dos que se levaban ao féretro as súas riquezas, de cuxa custodia se encargaba con gran celo este temido animal. Existiron outras variantes deste animal, e, en definitiva, todas elas coinciden en describilo como un ser terrorífico e infernal, polo efecto letal e maléfico da súa mirada, ao que, nalgúns casos, se lle asociou o carácter de fiel gardián deses tesouros ocultos en grutas, tan recorrentes nas lendas. As historias que se contan sobre esta besta inclúena dentro da mesma familia da cocatriz (ou 'cockatrice'), outro animal fabuloso do que o basilisco tan só se diferenza polo feito de que esta nace dun ovo de galiña incubado nun niño de serpes. Na actualidade, a socioloxía ponnos de manifesto que o mito do basilisco e os seus maleficios desapareceu da nosa sociedade. Non obstante, o recordo deste animal de fábula parece pervivir aínda subliminalmente en forma noutros animais reais, desprovistos xa da súa
6
fascinadora mirada mortal, pero considerados moi perniciosos polas xentes pola súa gran capacidade velenosa. Como exemplos poden citarse o 'tiro', moi temido entre os homes de certos pobos da provincia de Toledo a causa da terrible eficacia do seu veleno, que, ao final, non é máis que un réptil con aspecto de lombriga de terra, sen patas e cego, e totalmente inofensivo. Outros casos constitúenos o ' alicante ' que, segundo se conta, parecía habitar a Cova do Gato de Benaoján (Málaga), o cal se describiu como unha cobra cuxa perigosidade era extrema, e o 'can', unha cobra de escasa lonxitude, que cacarexa agresivamente como un galo en época de celo, pero, polas comprobacións levadas para efecto, ambos os dous casos non son máis que un réptil inofensivo.
5.- Basiliscos na literatura e no cine 1. Basilisco en Harry Potter O segundo libro da serie Harry Potter da autora J. K. Rowling ten un basilisco. Nela o monstro teme o canto dos galos e é temido principalmente polas arañas.
2. Basiliscos no libro “Devoradores de Mortos” O libro “Devoradores de Mortos” foi escrito por Michael Crichton. Nunha parte do libro, o nome basilisco é citado, dando a entender que sería mellor evitar un conflito directo. Pois asi como acontece na mitoloxía almacénase unha espada no basilisco e o veleno percorre a espada ata acadar o brazo de quen o ataca tendo que amputalo inmediatamente para manter o seu corpo vivo. 7
3. Basilisco e Os Cavaleiros do Zodíaco Serie xaponesa na que o basilisco é unha ave que fai un voo exterminio, e non ten figura de serpe. 4. Rei das serpes Mentres realizan unha escavación arqueolóxica en Libia, un equipo de arqueólogos atopa enterrado un basilisco petrificado decidindo traelo ao Museo Nacional de Historia dunha pequena localidade estadounidense para estudalo. Durante a presentación ao público, coincidindo cun eclipse solar, a pedra se derrétese e devólvelle a vida ao basilisco milenario.
8
6.- Bibliografía http://corporate.enciclonet.com/busqueda?q=o+basilisco&t=0 http://www.vivapets.es/raza/basiliscos_verde/187 http://www.infomascota.com/articulos/generales/reptiles/2007/1/11/ basiliscos_1/ http://www.seresmitologicos.net/terrestres/basilisco/ http://www.gibralfaro.uma.es/leyendas/pag_1684.htm http://lascosasquenuncaexistieron.com/articulos/116/basiliscos http://tuatera.com/foro/cuidados-lagartos-fichas-articulos/cuidadosbasilisco-marron-basiliscus-vittatus-ficha-de-mantenimiento/ http://es.wikipedia.org/wiki/Basilisco_(criatura_mitol%C3%B3gica) http://www.wikilearning.com/monografia/animales_y_seres_mitologi cos-el_basilisco/1726-1 http://es.wikipedia.org/wiki/Medusa_(mitolog%C3%ADa) http://www.gibralfaro.uma.es/leyendas/pag_1684.htm
9