Page 1

Marcos Calveiro en primeira persoa

Chámome Marcos Calveiro e nacín en Vilagarcía de Arousa no ano 1968.

Son neto de taberneiros e feriantes. De pequeno quixen ser arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto, e acabei estudando dereito e exercendo como avogado.

Vivo en Vigo coa miña parella e os nosos dous fillos, a quen sempre lles dedico os meus libros.

Escribir permíteme ser todo iso que desexara de pequeno e que non alcancei: arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto. E tamén todo aquilo que xamais se me pasou pola cabeza: como revolucionario en México xunto ao xeneral Pancho Vila.

OUTRAS OBRAS DO AUTOR

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

“TODOS SOMOS” Marcos Calveiro Marcos Calveiro na biblioteca do IES Poeta Añón

25 NOVEMBRO 2013


Para o debate...

A contracuberta do libro Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.

Como interpretas a capa do libro? Diche algo?

O libro iníciase cunha cita:“Demos a nova que todo xornalista querería dar” Ana Rosa Quintana. A conto de que pensas que o escritor recolle esta frase?

Hai algún personaxe polo que sintas máis simpatía?

Cres que o narrador é obxectivo describindo ós protagonistas da historia ou pola contra percibiches unha certa antipatía por algún deles?

A desaparición de Natalia é descrita como un tsunami, como se un terremoto o sacodese todo. En que sentido?

a praza da bichoca

“Nós facemos televisión, non procuramos a verdade” Que opinas desta afirmación?

“Realmente era o interior dunha mazá de grandes edificios de vivendas que semellaban competir entre eles por cal era o máis laido. (A praza) estaba toda cuberta de céspede e atravesada en diagonal por un camiño de terra… Unha xigantesca bichoca de teselas cobreadas xurdía da terra no medio do parque e volvía afundirse para aparecer de novo case onde a herba remataba”. P. 61

Como describirías ó pai de Natalia?

A solución á inseguridade cidadá está na formación de patrullas urbanas de vecinos. Estás de acordó?

Que che parece o final da novela? Cambiaríalo?

Pensas que este libro pertence o xénero políciaco ou de misterio?

Lina Souto mantén nunha carpeta que leva un segredo sobre a súa vida. Cal é?

Cal é a relación Lina Souto-Andrés recepcionista do hotel? Como a definirías?

Manuel Gando e Belén Soliño son dous xornalistas que aparecen na historia. Cres que son tratados da mesma maneira?

Que relación manteñen os pais de Antón?

Como interpretas o sistema que ten o autor de nomear os capítulos da novela? (non emprega números)

ESCENARIO DA NOVELA:

PRAZA DA MIÑOCA (Vigo)

Artigo : “LA INDECENTE RENTABILIDAD TELEVISIVA DEL CASO ASUNTA”

Texto completo dispoñible en: http://www.cadenaser.com

Todos somos- Marcos Calveiro  

Guía do libro (Club de Lectura do IES Poeta Añón de Outes, A Coruña)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you