Page 1

MICRORRELATOS

CONTRA A VIOLENCIA DE Xร‰NERO

4ยบ ESO


LA HISTORIA DE SIEMPRE

Fasjh era un niño de 10 años, no tenía amigos y se reían de él. A los 14 años su nota media era 9,9 y sus amigos, 0.Una tarde se chocó con una chica, fue el típico amor a primera vista de las películas. Diez años más tarde estaban casados. Todos creían que Fasjh era un buen hombre, pero sólo su mujer sabía la verdad: era un hombre acostumbrado a la soledad que no sabía valorar a quien lo quería. Fasjh se dio cuenta de esto el día que su puño mató a su mujer. Días después se suicidó, no aguantaba la soledad de nuevo.

ISABEL ABELLEIRA


POR ENÉSIMA VEZ

O reloxo marcaba as tres da madrugada e Tania deixou a enésima mensaxe no contestador de Rafa. Media hora despois chegou este, completamente ebrio, e comezou a cotiá discusión entre ambos, ata que a filla espertou e rompeu a chorar polo sberros. Sucedía o de sempre. Ó día posterior Rafa recibiu i enésimo perdón de Tania, co mesmo resultado na madrugada do día seguinte.

XURXO ANTELO ALVITE


Eran las dos de la mañana. Celia entró en casa descalza para intentar no hacer ruido. Cerró la puerta, todo parecía ir bien, pero en ese momento se encendió la luz. Lucas estaba allí y sucedió lo indeseable. A las once de la mañana se levantó, fue al baño y se vio rflejada en el espejo, no era producto de su imaginación, Lucas le había pegado. Tenía toda la cara marcada y llena de moratones y en su labio inferior aún se podía notar el tono rojizo de un hilo de sangre. “Todo por los malditos celos” repetía continuamente. “No hice nada.Es mi mejor amigo y nos fuimos a tomar unas cañas- argumentaba pero éste sumergido en un mundo de oscuridad y rencor decía una y otra vez que los había visto salir juntos de la oficina. Celia cogió la puerta y se fue, no podía aguantar más esa contínua angustia y el temor a hacer algo que le pudiese molestar. Había llegado el momento; lo iba a denunciar.

DIEGO GARCÍA GARCÍA


EL VIAJE DE MARTA

Marta odiaba la noche, porque sabía que sus pesadillas volvían, cuando el picaporte giraba y su agresor llegaba. La luz del día le devolvía, momentáneamente, la ilusión, porque el monstruo se iba. Aquella jornada comenzó como todas, pero se propuso firmemente que el final cambiaría. Quería ser libre y lo sería. Abandonó la casa y con paso firme se dirigió a la estación, cogió un tren, al azar, sin rumbo fijo.Un viaje sin retorno, que le devolviera sus sueños, que curase sus heridas. Un viaje fantástico. ¡Eso es!Así lo llamaría. El fantasma de la noche ya nunca más volvería.

IRIA GARCÍA GARCÍA


UN DÍA REGALÁCHESME UN SORRISO.

Un día regaláchesme un sorriso. Logo chegaron os abrazos, as búsquedas entre a xente, as mans nas costas… . Non tardaron en aparecer as miradas que o dicían todo, os silencios eternos as palabras bonitas… os bicos… E si, agora, coas mans ensanguentadas, pregúntome o porqué. O porqué daquel sorriso

SARA MATO GONZÁLEZ


Non me deixas saír, os nenos non soen xogar porque non me deixas levalos, o único que fas é berrar. Chegas a casa e pégasme, sinto moita dor, choro, os nenos choran, acobárdome e perdóote unha e outra vez, “Non volverá pasar, perdóame…” disme, eu penso “Dareille outra oportunidade?”, douche outra, seguimos igual, pero tanto amor non se pode olvidar e douche outra, outra…. Pero se un día estás ben ó seguinte vólvesme pegar, non aguanto máis, algún día esto háse terminar.

ESTELA VILARIÑO DA SILVA


DÍAS FELICES Pasaron aqueles días felices nos que nos abrazabamos, nos que nos bicabamos. Non diciamos nada, non era necesario, os sorrisos e o silencia falaban por si mesmos. Logo comezaron as desconfianzas, os celos, seguíronlle as discusións e as miradas de rabia e odio. E agora que xa non me podes facer ningún mal pregúntome como algún día puidemos ser tan felices…

ANTÓN QUINTELA LOURIDO


UN MUNDO INXUSTO

“Aquí estou, no evento máis triste da miña vida. Amigos e familia están aquí para darlle o último adeus á miña mellor amiga. Ela, esa persoa á que tanto quero xa non está con nós. Ese que está sentado na primeira fila matouna a sangue fría e aínda ten o coraxe de presentarse no enterro. Eu a ela xa lle advertirá que non era un bo home. El non lle deixaba falar comigo porque non soportaba escoitar cando recordábamos tempos moi felices nos que el non estaba. Pero agora xa non hai volta atrás. Só desexo que a miña amiga descanse en paz no ceo e que ese mal home se pudra entre reixas.

ALBA VILA


COBARDÍA Chegou a hora. Si, eu sabía que chegara pero intentaba enganarme… pero tamén sabía que se chegaba tarde as cousas ían ser peores do que me imaxinaba.Non quería chegar a casa… Cada día que marchaba era un peso menos, pero cando volvía tiña outra vez ese nó na garganta que me perseguía ata en soños. Non quería velo, pero non me quedaba outra. Entrei na casa desexando que el non estivese, pero tiven mala sorte. El esperábame como tódolos días. Ao verme xa me gritou por chegar uns minutos tarde, logo comezou a berrar con un ton moito máis alto e agarroume. Desexaba por enriba de todo que ese pesadelo acabara. Cada día convencíame máis de que o camiño que elexira non era o correcto e tamén sabía que era unha cobarde deixándome manipular por el, pero non era capaz de facer nada por cambialo. Estaba segura de que algún día todo isto acabaría, e ese día sería elexido por el, o día que el me apartaría da súa vida para sempre. Pero o que nunca me imaxinei foi que acabaría coa nosa relación e coa miña vida o día que cheguei cinco minutos tarde. MARTA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ


QUERIDA LORENA Esos rizos rubios e longos que lle facían xogo cuns preciosos ollos azuis, respondían ó nome de Lorena e era a rapaciña máis fermosa que vira nunca. Tiña tres anos, adoitaba vela pasar por diante da miña tenda de larpeiradas. Sempre que a vía regaláballe unha desas saborosas piruletas que tanto lle gustaban. Soía darme as grazas cun amplo sorriso decíndome que ía ó parque cos seus pais. Aparentaban ser a familia máis feliz do mundo. Os días pasaban e Lorena seguía vindo a visitarme, aínda que eu notaba unha clara diferenza, non me miraba coa mesma mirada de sempre, faltáballe o brillo deses preciosos ollos zuis. Certa tarde veu correndo a xunta min e díxome: Cando miña nai volva heille de regalar unha destas piruletas que tanto me gustan. Admito que foi de mala educación facerlle unha pregunta así a unha nena que non tiña nada que explicarme, pero non me puiden conter: -Lorena, onde está a túa nai? Por que non che acompaña a xogar? -Papá díxome que cando as persoas se portan mal hai que castigalas, e mamá está castigada. Entón seu pai chamou por ela e a pequena rapaciña marchou a correr; foi entón cando comprendín a que se debía a ausencia de brillo nos ollos desa pequena rapaciña; a que se debía ese sorriso finxido, esas presas que sempre tiña seu pai que nunca quería que falase comigo, comprendín por que facía máis dun mes que non vía esa muller. Comprendín que non ía volver a ver á nai desa rapaciña, nin eu nin a súa filla. Por todo isto marcho, voume desta casa, deste pesadelo,lonxe deste animal co que vivo. Voume para sempre, aínda que non sei como… Axúdame.


LAURA NOYA CONDE

A GAIVOTA

Achegouse canto puido á beira do precipicio. Albiscou ao lonxe unha gaivota solitaria que voaba por riba das nubes, libre, ceiba, despreocupada, trazando unha traxectoria imperturbable, allea a todo ao desazo do corazón da moribunda. Nos ollos daquela xove non se dexergaba máis que o infinito rodeado dun azul amargo e melancólico. As súas meniñas viraban cara ó interior do se usen intentando reprimir todos os recordos que lle anegaban o maxín. Certo é que a moza padecía do corazón, padecía de dor ante a impotencia de non poder volver os seus ollos cegos, as súas orellas xordas, o seu corpo indolente os seus sentimentos impasibles. A súa voz acabou por fuxir espavorida nun pequeno salouco que pretendía ser un berro. Todo o que ela sufriu a mans daquel home nin eu o sei, ninguén o poderá sospeitar. Non embargante, conseguir a mudanza do seu estado eran palabras imposibles, feitos anegados no fondo do mar a cuxas voces atraentes e engaiolantes de promesas de felicidade, non puido desdeñar. Nese preciso intre, converteuse nunha gaivota. MARÍA SACIDO


A CHAVE DOS ARQUIVOS

Alexandre percorría a casa de arriba abaixo, dun lado a outro, abrindo todos os caixóns na procura daquela chave. Sen embargo, foi no momento no que abriu a primeira caixa de segredos da súa mesiña de noite cando todo aquel espanto ante a perda da chave se desfigurou un rostro atroz. Levantou o seu achado, desencaixóuselle o xesto e toda a preocupación que o embargaba ata de agora, esfumouse como cinzas de magosto. Aquel folio que sustentaba nas mans servíralle de lenzo había 15 anos, anos nos que os seus pesadelos de nenez inzaban os papeis da casa de seus pais. Aquel debuxo nun puido máis que levalo a revivir todos os seus medos infantís, reconstruíndo todas as ceas das que el fora testemuña. O debuxo mostraba con trazos discontinuos e difusos; trementes, propios da man dun cativo. Asemellaban representarse un home gordo e fatuo, que sostiña na súa desproporcionada man os cabelos do que parecía ser unha muller famélica e de rostro cadavérico. Toda esta escena estaba presenciada ante un meniño louro que, cos ollos anegados en bágoas, parecía alentar ao seu pai en tan ruín facenda.

MARÍA SACIDO


VERDADEIRAMENTE CULPABLE?

Sorteou e traspasou o sacerdote as liñas entre a realidade e a fantasía dolorida do desamparo marcado polas rexas daquela cela. A condenada atopábase nun recuncho daquela derruída e tétrica prisión. Un cuarto de catro paredes marcadas por todas as inxustizas, castigos, asasinatos, roubos, crimes dos que foron protagonistas os seus inquilinos. Don Ramón aconchegouse a aquel corpo famélico e horrorizado. Pousou a man no seu ombreiro, feito ao que a moza actuou de xeito esquivo, aborrecía o contacto físico. O padre, vendo o imposible no que se abandonara aquela muller, limitouse a cumprir coa orde do xuíz de concederlle a libre absolución á rea. Segundo o veredicto do xuízo, a moza foi declarada culpable do asasinato do seu home, o que nunca se dixo foi a depresión profunda que padecía polas continuas e brutais malleiras que este dirixía cara á súa esposa. Este foi o tal grado de desesperación que invadiu á maltratada que foi xulgada como unha vil e sanguinaria asasina.

MARÍA SACIDO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (4º ESO IES Poeta Añón)  

Relatos 4º ESO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO