Skip to main content

Quantic love- Sonia Fdez-Vidal

Page 1

A AUTORA: SONIA FERNÁNDEZ -VIDAL

Outros libros da mesma escritora (dispoñibles na nosa biblioteca)

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

 Naceu o 8 de marzo de 1978, ás 7 da mañá, en Barcelona.  Doutora en Física Cuántica, realizou a súa tese no campo da Información e Óptica Cuántica. Se licenció en Física pola Universitat Autónoma de Barcelona.  No 2003 traballou no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), no proxecto do novo acelerador de partículas Large Hadron Collider (LHC). Alí empezou a degustar a divulgación científica participando como guía oficial e conferenciante do CERN.  No 2005 traballou nos Álamos (EE.UU.) colaborando coa división teórica do Laboratorio Nacional dos Álamos (LANL) nun proxecto sobre Decoherencia e Información Cuántica. Sen dúbida, un lugar onde calquera científico párase a reflexionar sobre as consecuencias e responsabilidade das nosas investigacións.  No 2006 traballou no Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) nun proxecto europeo sobre ?Computación Cuántica Escalable con Luz e Átomos? (SCALA).  Seguindo a súa paixón por divulgar a ciencia a todos os públicos, en marzo de 2011 lanzou a novela LA PUERTA DE LOS TRES CERROJOS, que foi reeditada numerosas veces, segue entre as listas dos máis vendidos e traduciuse a once idiomas.

”QUANTIC LOVE” Sonia Fernández-Vidal 28 Novembro 2013


ARGUMENTO DA NOVELA A nosa protagonista marcha a Xenebra porque alí atopa un traballo de verán no CERN, onde coñecerá a moitos científicos e a un reporteiro con acento italiano. Laila ao principio séntese desprazada xa que ela só é unha estudante de bacharelato que traballa no restaurante. Pero pronto se integra como unha máis do grupo e vivirá unha experiencia única, ademais de coñecer ao seu mozo ideal.

CERN (Xenebra-Suiza)

O CERN: ESCENARIO DA NOVELA A historia de Laila transcorre no CERN, siglas que corresponden co nome francés “Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire” (= Centro Europeo de Investigación Nuclear).Trátase dunha organización internacional cuxo obxectivo é operar no mundo máis grande de física de partículas do laboratorio. Pero tamén é un laboratorio de física nuclear no que se construiu o maior acelerador de partículas (Large Hadron Collider) do mundo con 27 km de circunferencia. 

Foi creado no 1954 trala 2ª Guerra Mundial para evitar o éxodo de cerebros a EEUU.

Alí naceu a World Wide Web.

Emprega a pouco menos de 2.400 persoas a tempo completo, 1.500 empregados a tempo parcial, e alberga a uns 10.000 científicos e enxeñeiros que o visitan, en representación de 608 universidades e centros de investigación e 113 nacionalidades.

O centro foi premiado en 2013 co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica xunto a Peter Higgs e François Englert

PARA O DEBATE...  A protagonista narra en primeira persoa . Gústache co-

ñecer en primeira persoa os sentimentos do personaxe principal? Por que?

 Resultouche amena a lectura da novela? Enganchouche

desde o principio?  Serías capaz de ir traballar un verán a un país estranxei-

ro con 18 anos, como a protagonista?  Que escenarios típicos de verán aparecen na novela?  Aportouche coñecer moitas curiosidades? Cal destaca-

rias?  Como ves a actitude de Laila na parte final do libro con

respecto a Alessio e Brian?  Que cidades aparecen na novela?  Que opinión che merece a fórmula de Enrique Rojas

“Soidade +Tempo= Depresión”?  Gustouche o final? Cambiaríalo? Resolvéronse todas as

incógnitas?  Como definirías aos principais personaxes: Angie, Brian,

Laila, Alessio…  Pensas que o amor é a enerxía máis poderosa do uni-

verso?  Pensas que a autora nos fai chegar a ciencia de forma

divertida e amena?  É unha novela romántica?  É só para adolescentes?  Consideras que a trama é bastante simple?  Reflexiona sobre estas dúas frases:

Mapa de ubicación do CERN e países membros

"Si haces siempre lo mismo no esperes resultados diferentes". “La ciencia puede hacernos avanzar, pero también puede llevarnos a la autodestrucción"


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Quantic love- Sonia Fdez-Vidal by IES POETA AÑÓN - Issuu