Page 1

DOMINGO VILLAR ( Vigo, 1971)

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

Domingo Villar é un galego emigrado a Madrid onde exerceu como guionista de cine e televisión.

Ligado desde neno ao mundo do viño, desde fai anos é crítico gastronómico nunha emisora de radio nacional e colaborador habitual en diversas publicacións escritas

Obtivo coa súa primeira novela “Ollos de auga”, o I Premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento, e foi finalista en dúas categorías dos Crime Thiller Awards en Reino Unido. Ata a data foi traducido a seis idiomas.

“A PRAIA DOS AFOGADOS” Domingo Villar Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

Fonte: Ed. Siruela

24 FEBREIRO 2014


O argumento O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ata as mans apunta a un asasinato. Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está relacionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mais o patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, mentres que os dous mariñeiros sobreviventes viven aínda en Panxón, pero non manteñen relación entre si e gardan un fondo silencio sobre o sucedido. Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñeiros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite do afundimento.

PRAIA DA MADORRA Panxón

Para o debate 

LEO CALDAS: triunfador ou fracasado?

Relación LEO CALDAS-PAI.

Relación LEO– compañeiros traballo

LEO CALDAS e o programa da radio .

LEO e as MULLERES

O personaxe de RAFAEL ESTÉVEZ (axudante de Leo)

Imaxe que se ofrece no libro de GALICIA:  Meteoroloxía  Gastronomía  Paisaxe

O mundo mariñeiro e as SUPERSTICIÓNS.

Por que cres que os capítulos están encabezados por definicións de termos ?

A especulación urbanística na novela (Panxón, Aguiño…)

“ A Leo Caldas non lle doían os mortos; doíanlle os vivos”. Que quere dicir con isto o autor? Estás de acordo?

“O libro dos idiotas”… que sentido ten? Animaríaste a escribir ti un?.

A novela ten banda sonora?

algunhas referencias do libro

Película: “Capitanes Intrépidos” 1937

Película: “Una historia verdadera” 1999 “Recordou unha película que vira con Alba no cinema. O protagonista era un ancián que percorría centos de qilómetros montado nunha máquina de cortar o céspede para visitar o seu irmán doente, co que levaba anos incomodado… (p. 301) Templo Votivo do Mar (Panxón) “Nas primeiras décadas do s.XX, o párroco e os fregueses de Panxón decidiran demoler a igrexa antiga, que quedara pequeña, para construíren unha dun tamaño maior. Saberdor destas intencións, o arquitecto Palacios viaxou ata a vila e convenceu os vecinos para que respectasen o arco visigótico que escondía a vella capela. A cambio, Palacios comprometeuse a realizar os planos dun novo templo consagrado á xente do mar. (p.198)

Praia dos afogados-Domingo Villar  

Guía do libro (CLub de Lectura do IES Poeta Añón de Outes, A Coruña)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you