Skip to main content

A noite que Wendy aprendeu a voar- A. Martín

Page 1

O AUTOR: Andreu Martín (1949)

É psicólogo, guionista de cómics e un autor moi recoñecido de literatura policial e xuvenil.

Gañou, con Jaume Ribera, o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1989 con No pidas sardinas fuera de temporada, a novela que comezou a serie dedicada ao detective Flanagan, da que se atopan nesta mesma selección Flanagan de luxe, Alfagan é Flanagan, Flanagan Blues Band, Flanagan 007, Eu tampouco me chamo Flanagan ou Flanagan, só Flanagan.

Andreu Martín NA NOSA BIBLIO

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

E A ADAPTACIÓN Ó CINE DA NOVELA

“A noite que Wendy aprendeu a voar” ANDREU MARTÍN

Con A noite que Wendy aprendeu a voar conseguiu o XI Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil. Documentación: http://www.vox.es/catalogos/proyectos_lectura/XG00140501_9 999998889.pdf

20 XANEIRO 2014


O argumento Wendy é unha policía de 23 anos que fai rolda co seu noivo, Roger, tamén policía, cando ambos reciben o aviso por radio dun asasinato no barrio de Sarrià-Sant Gervasi. Roger acaba de cortar a relación con Wendy, e neste momento de conmoción deben investigar a misteriosa morte a tiros de Darío Arpillera. Mentres Roger atende os preliminares da procura, Wendy descobre a mirada sospeitosa dunha nena duns 8 anos. Co seu persecución, a policía empeza unha aventura que a levará preto da morte en máis dunha ocasión, mentres os xefes de homicidios seguen a pista dun tesouro nazi, dunha seita masónica e dunha rara xoia envolta de misterio.

Símbolos masóns

Para o debate 

Que che di a portada? Esperabas unha historia policiaca?

Cres que Wendy toma as decisión correctas?

Que opinión che mnerece Roger Dueso? Como esta caracterizado na novela?

Pensas que os personaxes da novela son creíbles ou velos como estereotipos?

Sabes o que é...: Un código 60/ un Coche Z/ un “briefing”?

Con que personaxe te identificas máis?

Compartes a opinión final de Wendy?

Cres que o título do libro é acertado? Por que cres que a protagonista se chama Wendy?

Os videntes e as prediccións: cres nelas?

O corpo da POLICÍA:.

A avaricia humana no contexto do libro.

Extractos da novela

Pensa, pensa, ten que pensar. Non pode ser que se morra agora, tenmoitas cousas que facer, ten que casarse, quere ter fillos, quere ascender na súa carreira como policía, quere ser brillante, admirada, xenial e guapa comoAndrea Pasqual, quere que Roger Dueso volva namorarse dela.” Estarías de acordo con Wendy en que as maiores ambicións dunha muller profesional serían casar e ter fillos?.

A Roger pareceulle que Wendy choraba. Pensa que toleou. Que toleou de amor por el. E iso provócalle un pouco de mágoa, mais tamén de orgullo. Ningún dos seus amigos pode presumir de facer tolear de amor a ninguna moza” Que che parece esta reflexión de Roger Dueso?

Algunha vez escoitaredes que roubaron un cadro moi valioso de Van gogh ou de Picasso ou de quen sexa.Preguntarédesvos que se pode facer cun cadro tan valioso e coñecido. Pois únicamente se pode gozar del en privado en galerías coma esta, agachados, coñecidos por moi pouca xente, moitas veces visitados só polos propietarios delas” ALGUNHAS das REFERENCIAS CULTURAIS no libro


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook