Page 1

Cine

Cómic e novela gráfica

Biblioteca IES POETA AÑÓN Outes

LARETAS

O noso catálogo na rede http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED008 Web do centro http://www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Blog do club de lectura http://laretas.blogspot.com.es

Recomendacións para as vacacións Xuño -2013


A partir de 12 anos ESCUELA DE FRIKIS Gitty Daneshvar A Theo, Madeleine, Lulu e Garrison únelles só unha cousa: cada un deles sofre dalgunha fobia. Os catro acaban na misteriosa ESCOLA DE FRIKIS, un lugar inaccesible e illado rexentado pola excéntrica Mrs. Wellington e o seu maiordomo cego.

RAPOEMAS Aid Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se musican os grandes clásicos da literatura galega. Nunca antes se escoitara a Rosalía ou a Curros cantados desta maneira. A sorpresa vai ser grande.

JULIA, LA NIÑA QUE TENÍA SOMBRA DE CHICO Julia é unha nena que non fai as cousas «como todo o mundo», segundo lle din continuamente os seus pais: «es igual que un mozo». Ata que un día descobre que a súa sombra non é de nena, senón de rapaz, e por iso busca un lugar onde non ter sombra, e nesa procura atopará un amigo co que compartir a súa tristeza.

EL INCREÍBLE CASO DE BARNABY BROCKET John Boyne Barnaby Brocket é un neno especial que pertence a unha familia demasiado normal; peor aínda, tremendamente normal, aburridamente normal. Os seus pais e os seus irmáns son xente respectable e non lles gusta nada chamar a atención; pero o seu mundo ponse patas para arriba o día en que nace Barnaby. A súa nai dáse conta de que algo vai mal en canto empeza a notar as dores de parto, extrañamente intensos, aínda que o peor está por chegar: ¡o seu bebé sae disparado e quédase flotando no teito da habitación!

A partir de 14 anos O CORAZÓN DE XÚPITER Ledicia Costas Non é doado mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Isla devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo MI HERMANDA VIVE SOBRE LA REPISA DE LA CHIMENEA Annabel Pitcher Pouco antes de cumprir dez anos, o pequeno Jamie vaise a vivir ao norte de Londres co seu pai separado, a súa irmá adolescente Jasmine e o seu gato Roger para empezar desde cero. pasaron cinco anos desde a morte de Rose, a gemela de Jasmine, nun atentado terrorista islámico en Londres. Os seus pais non conseguiron superar a dor e parece que Jasmine tampouco: tinguiuse o pelo de rosa, fíxose piercings e optou por non comer. A familia veuse abaixo. O CONTADOR DE ESTRELAS Jaureguízar Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañándo á nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. O NOSO AMOR SERÁ ETERNO XH R Corcón O trobador Buserán era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade. Comprenderon que nada na vida tería sentido se non a vivían xuntos e xuraron que seguirían unidos, pasase o que pasase. Rocío e Ramón, veciños da mariñeira vila de Muxía coñecerán no acantilado da furna Buserana a fermosa pero tráxica historia de amor eterno entre o trobador e a súa namorada.

Lectores adultos EL INVIERNO DEL MUNDO Ken Follet Continuación do primeiro libro da triloxía “La caída de los Gigantes.” no que se relata a historia de cinco familias europeas, na época da Primeira Guerra Mundial. Un paseo pola historia dende 1933, momento do auxe do Partido Nazi en Alemaña ata 1949, o momento máis duro da guerra fría, pasando pola Segunda Guerra Mundial.

O RASTRO QUE DEIXAMOS A. Fdez. Paz Volume que reúne por vez primeira textos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios ao longo do tempo, así coma outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa vida, retallos da memoria agrupados en dúas liñas esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita.

UNA VACANTE IMPREVISTA JK Rowling A historia desta primeira obra de Rowling para adultos céntrase en Pagford, un imaxinario pueblecito do sudoeste de Inglaterra onde a súbita morte dun concelleiro desata unha feroz pugna entre as forzas vivas do pobo para facerse co posto do falecido, factor crave para resolver un antigo litixio territorial.

LA ASESINA A. Papadiamanti A historia transcorre nunhas illas gregas tan fermosas como pobres, O autor narra a estremecedora historia dunha hábil curandeira, viúva e nai experta en todo tipo de artes curativas que decide librar a varias familias das súas fillas pequenas ou recentemente nadas, pois estas, segundo ela mesma, serán só unha carga no medio de tanta miseria...

Lecturas veran 2013  

Recomendacións de lectura -e cine- para o verán 2013 (Biblioteca IES Poeta Añón- Outes)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you