Lecturas verán 2018

Page 1

CINE

Biblioteca IES Poeta Añón OUTES

ASUNTOS DE FAMILIA (2016) Unha parella de anciáns vive ao ritmo da rutina diaria na cidade de Nazaret. En Ramala, ao outro lado da fronteira, o seu fillo Tarek empéñase en ser o perpetuo solteiro; a súa filla está a piques de dar a luz; o esposo desta, que é mecánico, obtén un papel nunha película; e a avóa perde a cabeza. En Suecia, o fillo maior da familia espera a súa visita.

TAMÉN NO VERÁN

WONDER (2017) Auggie Pullman é un neno que naceu cunha malformación facial. Tras dez anos de hospital en hospital e de longos periodos na súa casa, terá que facer fronte a un gran reto: asistir por primeira vez á escola. Grazas ao apoio dos seus pais, Auggie tratará de encaixar entre os seus novos compañeiros e profesores, demostrando que pese ao seu físico é un neno como outro calquera.

VERANO 1993 (2017)

Frida, unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva trala morte da súa nai. Lonxe da súa contorna próxima, en pleno campo, a nena deberá adaptarse á súa nova vida.

UNA BOLSA DE CANICAS (2017) Segunda Guerra Mundial. Maurice e Joseph son dous irmáns xudeus que viven na Francia ocupada polos nazis. Para salvarse, deberán abandonar á súa familia. Facendo mostra dunha gran astucia, coraxe e enxeño para sortear aos invasores inimigos, os dous irmáns intentarán reunir a toda a súa familia de novo na zona libre do sur de Francia.

IES POETA AÑÓN -OutesPáxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Fontes consultadas para a elaboración desta guía:  Editoriais dos libros.  Biosbardia  Filmaffinity

Recomendacións de lectura e cine XUÑO 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.