Skip to main content

Hª de un segundo

Page 1

O AUTOR : Jordi Sierra i Fabra Jordi Sierra i Fabra é un escritor e comentarista musical que naceu o 26 de xullo de 1947 en Barcelona. Aínda que comezou a escribir xa con oito anos, terminou a súa primeira novela longa, de 500 páxinas, con só 12. Realizou estudos de aparellador mentres traballaba durante o día nunha empresa de construción, e a partir de 1968 comezou a publicar artigos na Prensa de Barcelona e no Novo Diario de Madrid, á vez que co-fundaba O Gran Musical da Cadea Ser. A partir de 1970 abandonou estudos e traballo para viaxar por todo o mundo acompañando aos grandes da música e publicou o seu primeiro libro, 1962-72 Historia da Música Pop, que resultou ser un éxito comercial. Á vez que desenvolvía diversos oficios relacionados co mundo da música seguiu escribindo ficción, quedando finalista e gañando varios premios. En 1977 fundou a coñecida revista Super Pop; ao ano seguinte quedou finalista do Premio Planeta de Novela. A partir de aí sucederíanse os premios: o Premio Ateneo de Sevilla, o Gran Angular de Literatura Xuvenil, o Premio Edebé; dedícase a dar charlas en colexios e institutos de toda España. Varias das súas obras son adaptadas á televisión, ao cine e ao teatro. No ano 2009, Sierra i Fabra supera os nove millóns de libros vendidos en España, sendo un dos dez autores máis lidos nos centros educativos do país.

SIERRA I FABRA NA NOSA BIBLIOTECA

CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

“HISTORIA DE UN SEGUNDO” 21 XANEIRO 2013


CONTEXTO HISTÓRICO ALGÚNS DATOS sobre a ALFABETIZACIÓN Historia de un segundo pódese encadrar polos datos aportados de forma indirecta dentro da historia de España na época da Restauración borbónica (1875-1931). Dada a temática do libro sería necesario ter uns breves apuntamentos sobre dous aspectos deste período: sociedade e ensino.

SOCIEDADE A finais do s.XIX e principios do s.XX emerxe a sociedade de clases baseada no criterio da riqueza. Na cima desta estrutura social estaban as clases altas, ás que pertence Elena, unha alianza entre a vella nobreza- na novela Mauricio Monteagudo- e a nova burguesía enriquecida- Candela Sanchidrián-, que monopolizan o poder político, económico, e os cargos públicos.. Por debaixo unhas reducidas clases medias- o médico e o cura- e unha gran masa con pouco poder económico- as clases populares-, e por último os marxinados ou excluídos (orfos, viuvas, tolleitos, vagos, moinantes, presidiarios, etc…) dentro das que se pode incluír a Eliseo pola súa condición de orfo e de semiescravitude.

ENSINO As escolas da Restauración borbónica amosaban un panorama desolador, especialmente no mundo rural. Método de aprendizaxe memorístico, repetitivo, sen dar cabida á critica, con diversos tipos de castigos físicos. Os temarios iguais para todo o Estado tiñan que estar aprobados polas autoridades civís e eclesiásticas. Lei Moyano de 1857 establece tres tipos de ensino: PRIMARIO: ler, escribir, catecismo, e as catro regras elementais matemáticas. Por cada catro nenos estudaba unha nena.

En 1870 só un terzo da poboación estaba alfabetizada (sabía ler, escribir e as catro regras matemáticas básicas)

En 1900 a porcentaxe de persoas alfabetizadas aumentou a un 45% da poboación.

En 1930 era ao redor do 70% a que estaba alfabetizada.

SECUNDARIO: Só podía estudarse nos Institutos que estaban nas principais cidades. Moito máis minoritario, aínda máis para as mulleres. UNIVERSITARIO. Totalmente minoritario. As mulleres non entran na Universidade ata o s.XX, en Galicia concretamente as primeiras alumnas en 1914 e a primeira profesora universitaria en 1924.

No 2009 a porcentaxe de persoas sen alfabetizar en España era dun 2.2% (1.9 en Galicia)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Hª de un segundo by IES POETA AÑÓN - Issuu