PELÍCULAS O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOAN (2006) Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión.
MI VIDA SIN MI (2003) Ann ten 23 anos, dúas fillas, un marido que pasa máis tempo en paro que traballando, unha nai que odia ao mundo, un pai que leva 10 anos no cárcere, un traballo como limpadora nocturna nunha universidade á que nunca poderá asistir durante o día.. Vive nunha caravana no xardín da súa nai, nos arredores de Vancouver. Esta existencia gris cambia completamente tras un recoñecemento médico. Desde ese día, paradoxalmente, Ann descobre o pracer de vivir, guiada por un impulso vital: completar unha lista de "cousas por facer antes de morrer". LOS GIRASOLES CIEGOS (2008) Galicia, anos 40. Cada vez que Elena pecha a porta da súa casa, bota a chave dos seus segredos. Ao mesmo tempo que sortea os rigores da posguerra, Elena levanta xunto ao seu fillo Lorenzo unha fachada de aparencia para ocultar a verdade sobre a súa familia: Elenita , a filla adolescente, fuxiuse embarazada co seu noivo Lalo un mozo que leva meses nas listas da policía; e Ricardo , o seu marido, vive oculto nun oco practicado no dormitorio matrimonial.
INVICTUS (2009) En 1990, tras ser posto en liberdade, Nelson Mandela chega á Presidencia do seu país e decreta a abolición do "Apartheid". O seu obxectivo era levar a cabo unha política de reconciliación entre a maioría negra e a minoría branca. En 1995, a celebración en Sudáfrica da Copa Mundial de Rugby foi o instrumento utilizado polo líder negro para construír a unidade nacional
Biblioteca IES Poeta Añón OUTES
LEMBRA QUE:
PODES LEVAR FONDOS DA BIBLIOTECA PARA AS VACACIÓNS
A ÚNICA CONDICIÓN É QUE NON TEÑAS NADA PENDENTE DE DEVOLUCIÓN
TAMÉN NO VERÁN
DEVOLVERÁS OS LIBROS E/OU DVDS NO MES DE SETEMBRO
SE 3 EXEMPLARES CHE PARECEN POUCOS, PORQUE QUERES LEVAR LIBROS PARA A TÚA FAMILIA, PÓDESE AMPLIAR O NÚMERO DE PRÉSTAMOS
Recomendacións de lectura e cine XUÑO 2011
PARA OS MÁIS NOVOS EL IMPERTURBABLE HANS H. Grant Pia, é unha rapaza de 11 anos que comezará unha investigación, xunto co seu mellor amigo, co fin de pescudar a desaparición de Katharina Linden, outra nena de once anos. Estes improvisados detectives descubrirán un misterio longamente silenciado.
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS T. González Costa Historia dunha nena, Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, doa Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta. PALABRAS DE CARAMELO G. Navaza Kori é un neno xordo que vive nun campo de refuxiados saharauís; gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e escribir. O día que a súa mestra entende que pode ensinarlle a escribir, algo moi especial sucede na súa vida: é capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente aquelas que xorden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo cor canela.
MENUDOS INVENTOS Unha variada colección de útiles inventos e explosivas ideas desde a agricultura ata o Mp3. Con divertidas ilustracións e datos de interese. Que ten que ver o velcro cun can? Como chegou o home ata a salchicha de Frankfurt? Podes imaxinar unha vida sen teléfono?
LECTORES EXPERTOS EL BAILE I. Nemirowsky Instalados nun luxoso piso de París, os Kampf posúen todo o que o diñeiro pode compra, excepto o máis difícil: o recoñecemento da alta sociedade francesa. Así pois, co propósito de obter o cobizado premio, preparan un gran baile para douscentos invitados
LA SOCIEDAD LITERARIA Y EL PASTEL DE PIEL DE PATATA DE GUERNSEY M Ann Shaffer Xaneiro de 1946: Londres emerxe das sombras da segunda guerra mundial. A escritora Juliet Ashton atopa a carta dun descoñecido, un nativo da illa de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro de Charles Lamb que pertenceu a Juliet. A medida que Juliet e o descoñecido intercambian cartas, ela queda atrapada no mundo deste home e os seus amigos, que resulta ser un mundo divertidamente excéntrico
NOVELA GRÁFICA MARZI 1984-1987 A POLONIA COMUNISTA VISTA DESDE OS OLLOS DUNHA NENA Vivir tras o Telón de Aceiro non debía de ser nada fácil. Cartillas de racionamento, as colas para poder conseguir calquera cousa, a fidelidade ao partido... pero é a vida de Marzi
TODO PARACUELLOS C. Jiménez O clima e as leis da educación que recibían os orfos da posguerra española. O fame, a soidade, os mestres, os sacerdotes e monxas e as súas rancias doutrinas. Tamén o lado máis luminoso do mundo da infancia, que intentaba sobreporse a tanta penuria e tanta tristeza.
UN BUEN HOMBRE AS SETE MORTES C. Vila Sexto Un relato fascinante que combina crime, esoterismo e misterio. Para quedar atrapados ata a última páxina.
LIMPEZA DE SANGUE Rubén Ruibal Esta obra teatral reflicte a experiencia de dous enfermos, pertencentes a mundos aparentemente opostos, que coinciden na sala de diálese dun hospital en espera dos seus respectivos transplantes. Forzados polas circunstancias, empezan a coñecerse ata que xorde unha gran amizade entre eles.
Este cómic narra como se recrutaba aos oficiais das SS entre analfabetos para poder manipulalos mellor e convencelos das condutas máis aberrantes. A obra profunda na vida diaria destes asasinos nas súas casas, das súas relacións familiares, de como uns abrazaron o nazismo por oportunismo, outros por medo ou seducidos pola ideas da comunidade racial aria .
ALICIA EN UN MUNDO REAL I. Franc– S. Martin A Alicia deste libro non vive no País das Marabillas. Pasou por unha experiencia que, lamentablemente, é real e común para moitas mulleres: un cancro de mama. Con todo, grazas ao seu espírito loitador, aloucado e positivo, soubo darlle a volta á situación.