30 DE XANEIRO
PELÍCULAS
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E
BIBLIOTECA
A NON VIOLENCIA
IES POETA AÑÓN -OUTES-
MAHATMA GANDHI “Una vez, un escritor muy conocido de mi país, la India, me llamó Mahatma que en mi lengua quiere decir “alma grande”. Decidió ponerme ese nombre porque decía que había hecho muchas cosas por los demás. Y lo que es más importante: siempre conseguí mis propósitos sin tener que recurrir a la fuerza. A lo largo de mi vida pude demostrar que la violencia es la peor forma de luchar por la igualdad entre los hombres y las mujeres. No sólo estoy en contra de las guerras, sino que pienso que las palabras y una vida ejemplar son las mejores armas para combatir al enemigo”.
REFLEXIONANDO sobre a PAZ e a NON-VIOLENCIA
(Texto do libro: Me llamo...Gandhi)
.
Guía de LECTURAS e PELÍCULAS
Curso 2012-13
ÁFRICA EN EL CORAZÓN– M. Carmen de la Bandera Diko é un mozo dowayo de Camerún que, fascinado polo paraíso europeo e empuxado pola crudeza do seu cotián vivir, decídese a «queimar» as barreiras que o separan do norte e a embarcarse na arriscada aventura de cruzar o Estreito. SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PAPEL– E. Coerr Historia real baseada na vida dunha nena enferma de leucemia a causa da bobmba atómica lanzada sobre a súa cidade, Hiroshima.
LA GUERRA DE NUNCA ACABAR– A. Gómez Cerdá Esta obriña de teatro é unha crítica cargada de humor e sátira sobre a natureza e o absurdo da guerra. Presenta como un ser humano cheo de poder é capaz de levar ó seu pobo á desolación e morte sen ningunha consideración. EL PAN DE LA GUERRA—D. Ellis Parvana é unha moza de once anos que vive en Kabul, a capital de Afganistán, durante a época do goberno dos talibáns. Cando o seu pai é detido, a súa familia ,sen recursos para poder vivir, buscará unha solución desesperada. O CARTEIRO DE BAGDAD– M. Calveiro Retrato da vida cotiá no Bagdad en guerra dunha familia que, malia os múltiples atrancos, intenta manter os vínculos, a súa forma de vida, o seu sistema de crenzas, lembranzas e tradicións, loitando por sobrevivir entre o medo e a angustia.
EL VIOLINISTA DE MAUTHAUSEN-Andres Pérez Domínguez En París, unha parella está a piques de casar na primavera de 1940, pero a Wehrmacht invade Francia e el, republicano español exiliado, é detido pola Gestapo e enviado ao campo de exterminio de Mauthausen. AGOSTO DO 36– Xosé Fernández FerreiroO autor aborda o tema da guerra civil en Galicia relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.
DIARIO - Ana FrankO diario de Ana Frank, é un relato verídico escrito por unha nena de 13 anos, que tivo que ocultarse por mais de dous anos no anexo dunhas oficinas xunto coa súa familia para escapar da represión nazi.
TRISTES ARMAS– Marina Mayoral Homenaxe da autora aos nenos da Guerra que marcharon exiliados á Unión Soviética. Rosa e Harmonía, dúas irmás refuxiadas en terras moscovitas, se crían alí alleas a todo o que en España está ocorrendo neses momentos: a morte do seu pai na fronte, a difícil vida da súa nai viuda... . LA BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ - A. G. Iturbe Esta novela está inspirada na historia real de Dita Dorachova, unha pícara checa de 14 anos que é levada xunto á súa familia ao campo de concentración de Auschwitz e que se converte, grazas ao seu empeño e valentía, na celosa gardiá dos únicos libros que existían no inferno nazi.
PERSÉPOLE– Marjane Satrapi Cómic de referencia, relato autobiográfico da autora sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época.
A HISTORIA DE ERIKA– R. Vander Zee Historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida.
GUERNICA– M Bernard Un “océano de dor e morte” en palabras de Picasso, plasmado nunha das obras de arte máis famosas de todos os tempos.
EL FOTÓGRAFO–Guivert, Lefèvre e Lemercier. Fotografías e viñetas do Afganistán de 1986 nas que o protagonista presenta a súa experiencia como acompañante dun equipo de Médicos Sen Fronteiras.
¡PUTA GUERRA! - Tardy-Verney Tardi retrata a I Guerra Mundial, focalizando no absurdo do conflito e nas historias a pé de trinchera nun cómic claramente antimilitarista e ben documentado grazas á colaboración co historiador Jean Pierre Verney