30 DE XANEIRO DÍA ESCOLARE POLA PAZ E
BIBLIOTECA
A NON VIOLENCIA
IES POETA AÑÓN - OUTESOUTES -
MAHATMA GANDHI “Una vez, un escritor muy conocido de mi país, la India, me llamó Mahatma que en mi lengua quiere decir “alma grande”. Decidió ponerme ese nombre porque decía que había hecho muchas cosas por los demás. Y lo que es más importante: siempre conseguí mis propósitos sin tener que recurrir a la fuerza. A lo largo de mi vida pude demostrar que la violencia es la peor forma de luchar por la igualdad entre los hombres y las mujeres. No sólo estoy en contra de las guerras, sino que pienso que las palabras y una vida ejemplar son las mejores armas para combatir al enemigo”.
C ONSTRUÍNDO A PAZ
(Texto do libro: Me llamo...Gandhi)
.
Guía de LIBROS e PELÍCULAS
Curso 2011-12
CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA— ROSA—J. Kerr A chegada de Hitler ao poder vai cambiar radicalmente a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandonar o seu país e deixar atrás moitas cousas queridas, como o seu coello de
SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PAPEL– PAPEL– E. Coerr Historia real baseada na vida dunha nena enferma de leucemia a causa da bobmba atómica lanzada sobre a súa cidade, Hiroshima.
LA GUERRA DE NUNCA ACABAR– ACABAR– A. Gómez Cerdá Esta obriña de teatro é unha crítica cargada de humor e sátira sobre a natureza e o absurdo da guerra. Presenta como un ser humano cheo de poder é capaz de levar ó seu pobo á desolación e morte sen ningunha consideración. ME LLAMO...TERESA DE CALCUTA Biografía narrada en primeira persoa dunha muller que adicou a súa vida a loitar contra a inxustiza.
O CARTEIRO DE BAGDAD– BAGDAD– M. Calveiro Retrato da vida cotiá no Bagdad en guerra dunha familia que, malia os múltiples atrancos, intenta manter os vínculos, a súa forma de vida, o seu sistema de crenzas, lembranzas e tradicións, loitando por sobrevivir entre o medo e a angustia.
EL PAN DE LA GUERRA— GUERRA—D. Ellis Parvana é unha moza de once anos que vive en Kabul, a capital de Afganistán, durante a época do goberno dos talibáns. Cando o seu pai é detido, a súa familia ,sen recursos para poder vivir, buscará unha solución desesperada: Parvana, que por ser muller ten prohibido gañar diñeiro, deberá transformarse nun mozo. AGOSTO DO 36– 36– Xosé Fernández FerreiroFerreiroO autor aborda o tema da guerra civil en Galicia relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.
DIARIO - Ana FrankFrankO diario de Ana Frank, é un relato verídico escrito por unha nena de 13 anos, que tivo que ocultarse por mais de dous anos no anexo dunhas oficinas xunto coa súa familia para escapar da represión nazi. AS RULAS DE BAKUNINBAKUNIN-A. Riveiro Historia da vida de Camilo Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, a cárcere e o exilio
COMANDANTE HUSSI– HUSSI– J Araujo A guerra truncou a infancia de Hussi e converteuno nun neno-soldado que conviviu de cerca coa morte, a miseria e a dor. A súa historia non está tan lonxe, nin no tempo, nin no espazo...
RUÍDO: relatos de guerra– guerra– M.A. Murado 13 relatos breves que teñen como escenario a guerra civil na antiga Iugoslavia e baséanse na experiencia real do autor como reporteiro no conflito balcánico.
A HISTORIA DE ERIKA– ERIKA– R. Vander Zee Historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida.
GUERNICA– GUERNICA– M Bernard Un “océano de dor e morte” en palabras de Picasso, plasmado nunha das obras de arte máis famosas de todos os tempos.
MAUS– MAUS– A. Spiegelman “Maus” é a historia dun sobrevivente de Auschwitz, Vladek Spiegelman narrada ao seu fillo Art, o autor do libro.
VALS CON BASHIR– A. Folman e D. Polonsky Novela gráfica baseada na película do mesmo título que denuncia o sinsentido de tódalas guerras