Skip to main content

Diez negritos

Page 1

A AUTORA: Agatha Christie (1890-1976)

OUTRAS OBRAS DA AUTORA

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

É a autora máis famosa do mundo de novelas de misterio e unha das máis prolíficas con máis de 80 novelas, ducias de relatos breves e 15 obras de teatro. Ostenta varios records Guinness por ser a autora con máis libros vendidos, xunto con Shakespeare. “A Ratonera”, unha das súas obras para o teatro, leva representándose de xeito ininterrumpido en Londres dende 1952. Naceu en Torquay, Reino Unido, 1891-Wallingford, 1976. Autora inglesa do xénero policíaco, sen dúbida una das máis prolíficas e lidas do século XX. Filla dun próspero rentista de Nova York que morreu cando ela tiña once anos de idade, recibiu educación privada ata a adolescencia e despois estudou canto en Paris. Deuse a coñecer en 1920 con “O misterioso caso de Styles”. Neste primeiro relato, escrito mentres traballaba como enfermeira durante a Primeira Guerra Mundial, aparece o famoso investigador Hércules Poirot, ao que pronto combinou noutras obras con Miss Marple, unha perspicaz señora de idade avanzada. En 1914 casou con Archibald Christie, de quen se divorció en 1928. Sumida nunha longa depresión, protagonizó unha desaparición enigmática: unha noite de decembro de 1937 o seu coche apareceu abandonado preto da estrada, sen rastros da escritora. Once días máis tarde rexistrouse nun hotel co nome dunha amante do seu marido. Foi atopada pola súa familia e recuperouse tras un tratamento psiquiátrico. Dous anos despois casou co arqueólogo Max Mallowan, a quen acompañou en todas as súas viaxes a Irak e Siria. Chegou a pasar longas tempadas nestes países; esas estancias inspiraron varios dos seus centenares de novelas posteriores, como “Asasinato na Mesopotamia“,”Morte no Nilo” (1936) e “Cita coa norte”(1938).

“Dez negriños” AGATHA CHRISTIE 16 ABRIL 2013


A historia dun título

O ESCENARIO DA NOVELA: Condado de devon (UK)

O argumento Dez persoas reciben unha invitación para pasar unhas vacacións na Illa do Negro na rexión de Devon (Inglaterra). A invitación é sumamente atractiva e misteriosa, xa que na illa só

No mapa inferior aparecen indicadas as localidades citadas no libro

hai unha casa que foi construída por un millonario norteamericano, quen logo a vendeu e ninguén sabe hoxe quen é o novo dono. A cada un dos invitados chegaralles unha invitación por carta asinada por unha persoa que di telos coñecido no pasado para pasar unhas vacacións nesa mansión tan luxosa situada na illa. Todos chegan á illa o día sinalado. Os invitados son sorprendidos ao ser recibidos no salón por unha voz en off que os acusa un por un de ser cómplices ou culpables directa ou indirectamente da morte de diversas persoas no pasado. Os invitados negan as acusacións e alegan que as mortes foron accidentais. Cada un dos invitados van sendo asasinados de acordo a cada unha das estrofas dunha antiga canción infantil chamada “Dez

A autora situa a acción da novela nunha illa ficticia, nas costas, do condado de Devon. Hai quen afirma que pudo terse inspirado en Burgh Island (preto de Plymouth) e no hotel de luxo deste pequeño illote ó que acudían estrelas de Hollywood a celebrar festas. A propia Agatha pasou tempadas aloxada neste establecemento.

O título orixinal do libro en inglés era “Ten Little niggers”. Nos EEUU este título resultaba ofensivo e por elo nos anos 40 foi cambiado a “Ten Little Indians”. Xa posteriormente pasou a “And then there were none” (“E non quedou ningún”). Na sociedade inglesa da época de Agatha Christie, sen embargo, era un termo descriptivo e para nada ofensivo que facía alusión ó nome da illa e á canción infantil na que se basea a historia.

BURGH ISLAND: inspirou a Illa do Negro da novela?

negriños”.

A novela foi adaptada en varias ocasións ó cine


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Diez negritos by IES POETA AÑÓN - Issuu