Ledicia Costas vista por ela mesma Ledicia Costas no IES Poeta Añón
Outros libros da autora
CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN
Decembro-2013
“Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia que pronto será traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato Negrita no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014). Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. A día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón”. Fonte: http://www.xerais.es/autores
2014
1999
2014
2015
Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
O CORAZÓN DE XÚPITER Ledicia Costas -201225 xaneiro 2016