Page 1

O AUTOR : Agustín Fernández Paz (Vilalba , 1947) CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN

OS NOSOS ANTEPASADOS IMAXINARIOS: OS MOUROS. A terra garda e documenta testemuñas do pasado.Así os túmulos coñecidos popularmente como mámoas, medelas,antas, arca, etc...aparecen vinculados a unha relixión ou ritual animista-panteísta mesturada ao mesmo tempo con lendas de seres imaxinarios que tiñan poderes máxicos, ouro encantado, etc...chamados mouros que poboaron eses lugares. A cultura popular transformou os sucesivos antepasados imaxinarios en poboadores máxicos de mámoas e incluso castros. Na actualidade a ensinanza histórica erudita e culta esta destruíndo esta noción do pasado da cultura popular por iso a sociedade galega xa non está en contacto con esas tradicións.

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ pode considerarse un dos máximos expoñentes da literatura infantil e xuvenil galega actual. Conta cunha produción ampla e variada, tanto en narración curta como en novela, e moitos dos seus libros están traducidos a outras linguas. Acadou premios de grande prestixio neste campo:

CARTAS DE INVERNO

• Merlín 1989 por As flores radiactivas. • Edebé 1994 con Trece anos de Branca. • Lazarillo 1990 con Contos por palabras. • Premio Rañolas 1995 con Cartas de inverno. • Premio Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire. • Premio Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker. • Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de Honor da CCEI en máis dunha ocasión. • Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil. Recientemente vén de recibir o Premio Trasalba que recoñece o seu labor como escritor de literatura dirixida aos lectores máis mozos así como o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagógica. Cartas de inverno é un dos best-sellers da literatura galega. Coincidindo coa saída á rúa da 20º edición en lingua galega en 2007, a novela vendera 65.000 exemplares en galego (20 edicións) e outros moitos en castelán (12edicións) e en catalán (16 edicións).

Agustín Fernández Paz

Páxinas web consultadas para a elaboración desta guía: Novela gráfica baseada na novela de Agustín Fdes. Paz

http://cadernodelingua.wordpress.com http://www.filix.org/materiais/cartas.pdf http://scarlattilee.blogspot.com.es/p/1-eso.html

5 MAIO 2014


ARGUMENTO Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor galego de sona Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin sequera somos capaces de imaxinar. Vai de cartas. As que Tareixa Louzao recibe de seu irmán, Xabier, co encargo de que llas entregue ao Inspector Soutullo se non ten novas del nun tempo determinado. E cartas, as que antes recibirá Xabier do seu amigo Adrián. Finalmente será Tareixa quen, seguindo as claves que atopa nas cartas de Xabier e as súas propias decisións, rematará para sempre co que se agocha debaixo desa casa misteriosa

Sobre o libro... Salvador Dalí : Muchacha en la ventana

 Por que cres que o autor titula o libro así?  Por que lle envía Xavier todas as cartas á súa

irmá?  Por que compra Adrián a "casa embruxada”?  A quen pertencera antes?  Sabes que é un PETROGLIFO?  Que escoitaba Adrián polo teléfono e fax?  Que atopou Adrián no faio?  Que sucedía cada vez que miraba o gravado da

moza?

Sobre H.P. LOVECRAFT (1890-1937)

 Que mensaxe pronunciaba a rapaza do gravado

e a quen se dirixía?  Que crees que había baixo a trapela?  Que atopou Teresa tralo incendio da casa ?  Que aconteceu cando Teresa queimou o libro de

gravados?

 Coñeces a existencia dalgunha casa encantada na túa contorna? E sabes doutras supersticións relacionadas co máis alá e o sobrenatural ?  Adrián, na última mensaxe que lle deixa escrita nun cartón ao seu amigo fala dun vulto repulsivo, uns ollos brillantes que parecían transmitir todo o horror que un humano é capaz deconcibir: «terías que ver o que eu vin, terías que saber o que hai aquí abaixo». Que pode ser?  Adrián e Xabier senten ao mesmo tempo terror e desexos de fuxir da casa e unha atracción imperiosa polo seu segredo máis escuro. Por que pensas que poden sentir iso? Sentiches algunha vez algo semellante?  “Aínda hoxe me río dos que me dicían que publicando en galego estaba pechándome fronteiras que escribir nun idioma minoritario era un labor inútil” (p. 21)  “Eu ben sei que a Santa Compaña desapareceu coa chegada da luz eléctrica… Xa non me lembraba como é esta Galicia nosa, amigo Xabier. Pero tiñas toda a razón cando me dicías que por debaixo da capa de modernidade seguía vivo o antigo sistema de crenzas, mesmo nas ciudades. E aquí en aldeas coma esta iso nótase moito máis”. (p.45)  Xabier di que o éxito non só llo debe á súa arte como escritor, senón tamén ao azar. ¿A que lle chama «azar» no seu caso?  Di Xabier: «a curiosidade puido máis ca min e, coma a muller de Lot, volvín abrir o libro pola páxina fatídica». Lembremos esa historia bíblica.  Adrián, cando confesa o seu medo, lembra os relatos que escoitaba de neno na casa de súa avoa, naquelas noites nas que se xuntaban ao redor da cociña, e non pode evitar un calafrío, quizais porqueaínda garda a lembranza do terror que lle invadía cando os maiores o mandaban á cama e tiña que subir só as escaleiras que levaban ao sobrado… ¿En que ocasións pasaches medo?

Escritor estadounidense considerado o mestre da literatura fantástica. A súa narrativa recrea unha mitoloxía terrorífica de seres dun inframundo paralelo. De feito, el mesmo creou unha complexa e persoal mitoloxía monstrosa en cuxo centro están os old ones, divinidades horribles e cheirentas expulsadas da Terra nos tempos prehistóricos e na loita para tomar posesión dela.

Para o debate...

Labirinto de Mogor e outros pretroglifos galegos

Cartas de inverno-Agustín Fdez. Paz  

Guía do libro -Club de Lectura do IES Poeta Añón de Outes, A Coruña-

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you