PREMIOS OTORGADOS a “AIRE NEGRO”
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ Naceu en Vilalba (Lugo) no ano 1947. Perito Industrial Mecánico; Mestre de Ensino Primario; Licenciado en Ciencias da Educación; Diplomado en Lingua Galega.
Lista de honra do IBBY do ano 2001.
Lista the White Ravens 2001 da Internationale Jugenbibliotehk de Munich.
Premio de Literatura “Protagonista Jove” 2002.
Traballou como profesor de EXB en diferentes Centros escolares. Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte do equipo de Lingua que preparou os Deseños Curriculares para as etapas de Primaria e Secundaria. De 1990 a 1995, traballou como Coordinador Docente de Galego. É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
“AIRE NEGRO” NOUTROS IDIOMAS
Desde mediados dos anos setenta estivo ligado aos movementos de renovación pedagóxica. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega.
OUTROS TÍTULOS DO AUTOR
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
Ademais dos premios correspondentes ó seu labor literario (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove) hai outros traballos seus que mereceron diferentes galardóns. Entre eles, cabe salientar o 1º premio dentro do "Concurso de Guións de Vídeos Didácticos" do Concello de Fene. Polo conxunto dos seus escritos sobre cómics concedéuselle, en 1992, o "Premio Ourense de Banda Deseñada". No ano 2001, os concellos da Terra Chá dedicáronlle o Día das Letras Chairegas. É un dos actuais directores da Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil. Codirixiu, asimesmo, diversas series de materiais didácticos: Nobelos de Papel , ¡Ámote, mundo! e as series de Lingua Galega, CANLES, LABIA e LINGUA E.S.O.
“AIRE NEGRO” Agustín Fernández Paz
No ámbito internacional destacan as súas catro nominacions o Astrid Lindgren Memorial Award (en 2008, 2009, 2010 y 2013).
Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-
25 xaneiro 2016
O argumento Cando o doutor Víctor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica “Beira Verde”, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Despois de estudar o historial, pasa horas na cela de Laura e comeza a lerlle. Primeiro de maneira silenciosa, logo en voz alta. Mediante esta terapia innovadora, o doutor consegue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado. Co paso dos días logra que ela conte parte da súa historia, e finalmente a escriba. Mais tarde, Víctor irá a comprobar, nos lugares que ela menciona, si o acontecido é verdade ou produto da su imaxinación. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.
PERSONAXES PRINCIPAIS
* LAURA NOVO. * VICTOR MOLDES. * DOCTOR MONTENEGRO. * CARLOS VALCARCEL* IRIA. * MONCHO.
Para o debate Quen conta a historia? Donde empeza atraballar o doctor Moldes? Que atrae ao doutor Montenegro, director da clínica, para contratar a Víctor Quen estaba na cela dos enfermos violentos ou suicidas? Como era Laura? Que facía? Que estudara Laura? Que foi o que desncadenou o seu estado? Cal foi a estratexia do médico con Laura? Que novela está lendo o doutor Moldes cando Laura fala por primeira vez? Que lle di ela chorando? En vez de seguir a terapia no xardín ,en que vilas decide facelo? Laura pode estar paranoica? Que sabedes desa enfermidade? Victor pensa que o relatos de Laura son reais ou fictícios? Que lle conta Carlos a Victor? Que lle pasou a Laura? Como lle afectou a Victor? Que pesadelo aterra a Laura nos seus soños? Que propón a Laura o doutor para recuperar os meses esquecidos? Por que despiden a Laura do traballo? Que lle fai alugar “A casa grande de Lenzós”? Quen era o dono? Qué materia impartía a Laura cando era estudante de bacharelato? Que lle conta Carlos que estivo facendo durante os anos nos que non se viron? Quen é Moncho? Por que a Moncho no lle agrada Laura? Quen é Dédalo? Como salva a Laura? Que sente Laura despois da visita á cova? Que aparece nas fotos segundo Moncho? Que ocurre con Dédalo? Quen é Iria? Que pensa Iria de Laura? Que lle ocorre a Iria? . Que lle di Carlos na súa carta a Laura cando ela volta a Madrid? Que ocorre co fular de Laura?
Que ser se dispón a atacar a Laura no campo baixo a tormenta? Que ocorre entón? O doutor Moldes non cre de todo a historia que Laura escribiu sobre o que lle acontecera. Que fai entón? Por que Carlos queimara todas as pertenzas de Laura? Que acontecera cando o doutor chega á clínica? Que pensa agora o doutor de todo? Que aconteceu realmente? Como o descubre o doutor ? Que ocorre ó final ? Que pensa el ?
…nin
me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras. “Negra sombra” Rosalía de Castro PARA SABER MÁIS O trisquel o triskel, tamén chamado trikele o trinacria, é un símbolo xeométrico celta e curvilíneo formado por tres brazos en espiral que se unen nun punto central, círculo ou triángulo, configurando a forma dunha hélice. O tres é o número máis sagrado para a cultura celta, e representa a perfección e o equilibrio. O trisquel, é o símbolo supremo dos druídas, segundo a cultura celta, eles eran os únicos que podían portar este símbolo sagrado e máxico que para eles representaba a aprendizaxe, e o pasado, o presente e o futuro. Tamén representa o equilibrio entre corpo, mente e espírito, o principio e o fin, a evolución e o crecemento, a aprendizaxe perpetua e a eterna evolución. Era utilizado pola súa capacidade sanadora, para curar feridas e aliviar febres, e polo tanto, como talismán.