Skip to main content

UN PORTAL MALIGNO

Page 1

Sara Teijeiro Villadรณniga


Era un día pola mañá, na aula estábamos facendo manualidades.Pronto sería o Samaín e tiñamos que gañar un concurso. Entón o meu amigo Xulio díxome: - Xa sei o que imos facer!! Imos crear un portal ao mundo de medo! Como chaman moitos ó Samaín! - Iso é xenial!- dixo Xulio- Gústame moito esa idea! Ao remate das clases fomos á miña para comezar có proxecto para o concurso. Cando nos decatamos xa era de noite, pero por fin rematamos. Entón, chamamos ós país de Xulio para pedirles se se podía quedar á durmir. Como a súa nai estaba traballando e o seu pai estaba na audición de baile da irmá de Xulio déronlle permiso. Ó día seguinte non había que levantarse cedo así que houbo festa rachada: xogos, debuxos, televisión… Quedamos durmidos a altas horas da noite, chovía moito, e de súpeto oín un” pumm”. Un raio e un trono espertáronme. Miro a fiestra e pareceme ver un “portal”. Erguínme a toda présa a mirar se estaba alí a porta ou alucinaba. Só percibín un resto de fume morado. Chamei de camiño a Xulio, eu estaba moi asustada. - Non o vas crer- díxenlle- Pasou o portal do noso proxecto pola fiestra!! Xulio todo tranquilo respondeume:


- Eu non vin nada, sería a túa imaxinación!! Despois de dar moitas voltas, quedei durmida outra vez. Pero por pouco tempo, ás tres e cuarto da mañá cando estaba bebendo leite quente na cociña vexo a silueta dunha nena có pelo diante da cara e con roupa feita anancos. Pensei que toleaba, morría de medo. Escondinme e berrei: “Socorro, auxilio, etc..” De camiño aparecen miña nai, meu pai e Xulio. - Que pasou, que pasu? Conteilles o que vira, peo non me creron. - Anda para a cama, tranquila! Mañá será un novo día! Ó día seguinte , espertei antes que Xulio, cun ruxerruxe na miña cabeza. Oía moitas persoas falando á vez. - Que me está a pasar? Isto non é normal! – dicía- Quen anda ahí? Espertei a Xulio con tanto falar e dime: - Que tes? Con quen falas? Ti estás mal! Alucinas! Fomos almorzar e logo a xogar. Despois de xantar os meus pais botaron a sesta e nós andabamos a xogar por fóra. Cando de repente, vexo a Xulio pálido, morto de medo. Pregúntolle o que ten e dime: -Oín xente falar, esa que está aí! Que medo, teñen a roupa esnaquizada! Fun correndo a chamar á miña nai.Contamoslle o ocorrido e dixo que algo estaba pasando e que ía sabelo.


De súpeto no horizonte, voltamos ver un portal como o de noso proxecto,pero xigante. De alí saían seres estranos e terroríficos. Daquela miña nai tamén o veu, quixo meternos na casa de camino, pero un deses seres colleu a Xulio e meteuno nese portal xigante. - Xulio non, Xulio volve! - gritaba a miña nai. Estabamos moi inquedas. Miña nai intentaba abrir aquel portal.Ata que de súpeto botan a Xulio fóra , tiña a roupa esnaquizada e só dicía: - Non se pode presentar o proxecto, inquedamos na escuridade..! Non podemos! Non podemos! Eu lle dixen: - Xulio, tremenche as perniñas, imos para a casa.

FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
UN PORTAL MALIGNO by Mª Carmen Balado Carballo - Issuu