Skip to main content

Xornal O PICOTO Cpi de Bembibre

Page 1

C.P.I. DE BEMBIBRE

CURSO 2020/2021

1ª EDICIÓN


O Picoto

C.P.I. de Bembibre

ÍNDICE

Boas rapazada! Preséntovos a 1 ª edición de "O Picoto", o xornal do C.P.I. de Bembibre. Estade ao día das novas do cole!

Portada (Infantil A) Local

Pax. 3, 4 (6º A)

Actualidade

Pax. 5, 6 (1º A) Pax. 7, 8 (3º B)

Astronomía

Pax. 9 (Infantil B) Pax. 10, 11 (Inf. C)

Cartas ao Director Pax. 12 (4º) Cultura

Pax. 13, 14 (3º A) Pax. 15 (4º, 3º B)

Deportes

Pax. 16, 17 (5º)

Pasatempos

Pax. 18, 19 (2º)

Contraportada Infantil A

MARZO 2021

PÁXINA | 02


O Picoto

MARZO 2021

LOCAL

C.P.I. de Bembibre

PÁXINA | 03


O Picoto

MARZO 2021

LOCAL

C.P.I. de Bembibre

PÁXINA | 04


O Picoto

C.P.I. de Bembibre

ACTUALIDADE

ANO SANTO – O C AMI Ñ O DE SANTIAGO Por primeira vez na historia, Santiago terá dous anos santos seguidos: no 2021 e 2022. O Ano Santo celébrase cando o día da festa do Apóstolo Santiago, 25 de xullo, cae en domingo. Por mor da pandemia o Papa ampliouno un ano máis. UN POUCO DE HISTORIA

PEDRAFITA DO CEBREIRO

Santiago o Maior foi un dos

É a entrada en Galicia do

doce apóstolos de Cristo. A

Camiño Francés.

tradición conta que viñera

Ten unhas casas circulares,

predicar a Hispania, e que,

de orixe prerrománico, con

logo da súa morte foi traido

teito de palla chamadas

polos seus discípulos por

pallozas e o santuario de

mar ata Galicia. No século

Santa María a Real do século

XI, o bispo Teodomiro foi

IX, onde se cre que se atopa

informado dunhas luces

o cáliz do Santo Graal. No

sobre un lugar coñecido

inverno acostuma a estar

como Monte Libredón, onde

cuberta de neve e alí se fai

se descubriron 3 tumbas.

un queixo moi rico: o queixo

Axiña difundiuse a noticia de

do Cebreiro.

Baixando a Triacastela hai un desvío para ir a Cova de Eirós onde está a primeira mostra de arte rupestre atopada en Galicia. Ainda que, de momento, non se pode visitar.

que se trataba do sepulcro do Apóstolo Santiago . O primeiro peregrino a Santiago foi o rei Alfonso II de Asturias, e despois chegaron moitos mais dende toda Europa orixinando unha importante actividade comercial, cultural e o crecemento das localidades por onde pasaba o Camiño.

Samos O Mosteiro de San Xiao de Samos, foi construído no século VII, mais ardeu dúas veces; e dúas veces foi recosntruído. É un mosteiro impresionante, con dous claustros; un deles é o maior de toda España.

MARZO 2021

PÁXINA | 05


O Picoto

ACTUALIDADE

C.P.I. de Bembibre

En Samos hai que visitar a capela de San Salvador, tamén coñecida como a capela do ciprés. É unha capela moi antigua, do século IX, e ten un ciprés de mais de 25 metros na entrada da porta, que din que leva plantado tantos anos como a ermita, polo tanto falaríamos dun ciprés de máis de 1000 anos. Antiguamente os cipreses plantabanse como símbolo de hospitalidade, significaba que os viaxeiros podían ter cama e comida durante uns días. Sarria Aquí podemos visitar a Torre do Batallón, restos dunha antiga fortaleza militar medieval . Portomarín O antigo pobo de Portomarín quedou baixo as augas do embalse de Belesar, pero a súa igrexa-fortaleza foi trasladada pedra a pedra, ainda quedan os números en algunhas pedras, ata o monte cercano onde construiron un novo pobo nos anos 60. Esta igrexa pertenceu a orden relixioso-militar de San Juan de Malta, formada por monxes-guerreiros, moi rudos que non podían rir, xogar ou parecer amables. Palas de Rei Neste concello está a igrexa de San Salvador de Donas que pertenceu aos Cabaleiros da Orde de Santiago, protectores dos peregrinos. Tamén está o Castelo de Pambre que parece que foi a única que non foi derrubada polos irmandiños. Malia que hai que apartarse do camiño para facer estas visitas.

Melide Na Capela de San Roque hai unha figura de serpe ou dragón na entrada, e a caron da capela está, o que se cre que é o cruceiro mais antigo de Galicia. Arzúa Terra de pan e de queixo. A capela da Madalena que pertenceu a un mosteiro agostiño do século XIV. Estas son as principais vilas por onde pasa o camiño antes de chegar a Santiago pero o máis importante é facer amigos mentras camiñamos e disfrutamos da natureza. BO CAMIÑO A TODOS!!

MARZO 2021

PÁXINA | 06


O Picoto

ACTUALIDADE

C.P.I. de Bembibre

ZONA COVID – 19 NOVOS DESCUBRIMENTOS DO COVID 19 Os científicos do CPI de Bembibre descubriron algunhas das debilidades do Covid-19

Varios grupos de científicos traballaron nestes estudos. Os científicos especializados en virus e bacterias descubriron que o Covid-19 é un medica. Tenlle medo as arañas, aos pallasos e as serpes. Tamén odia a cor rosa. Por iso para frear a pandemia inventaron un robot araña, medio pallaso, medio serpe e de cor rosa que poñerán no colexio para evitar que o virus entre.

Os especialistas en animais deron con outro descubrimento sorprendente, que o Covid-19 e alérxico aos flamencos con pico verde e pintáronlle o pico de cor verde a os flamencos de todo o mundo. Finalmente, os especializados en debuxos animados e series de televisión observaron con un microscopio ultra potente que o Covid-19 se parece en realidade a Mickey Mouse. Despois das últimas investigacións sociolóxicas estes científicos tamén afirman que o Covid-19 fai exercicio diariamente na rúa e por iso quere que todos quedemos na casa para non molestalo.

MARZO 2021

PÁXINA | 07


ACTUALIDADE

O Picoto

C.P.I. de Bembibre

VACINÁRONSE OS PROFES DO CPI DE BEMBIBRE ! Uns días despois das vacinas os alumnos e alumnas comezamos a notar cambios preocupantes nos profes.

O primeiro cambio preocupante que notamos foi que as mestras e mestres se volveron tolos e puxeron moitos controis, pero iso non foi o raro, foi que eses mesmos mestres e mestras lle fixeron un por un eses controis aos alumnos e despois comezaron a arrancar páxinas dos libros sen xeito. Tamén nos demos conta de que as mestras e mestres comezaron a xogar ao fútbol por todo o cole e a entrar polas portas coa cabeza do revés. Por último, tamén nos chamou a atención que se os escoitabas moi atentamente tiñan acento arxentino e entre eles falaban chino. Todas as alumnas e alumnos estamos un pouco preocupados. Por iso a semana despois das vacinacións fixémoslle unha entrevista a algúns mestres e mestras para saber como lles sentou a vacina e se as cousas melloraran. Fixémoslle a todos a pregunta: Douche algunha reacción a vacina? Isto foi o que nos contestaron: Mestre/a 1: Un pouquiño. Tiven algo de febre durante un día. Mestre/a 2: Non, só un pouco dor de brazo durante dous ou tres días. Mestre/a 3: Non me dou reacción ningunha. Mestre/a 4: Si me dou, tiña calafríos, doeume o brazo e a cabeza e parecía que me atropelara un camión. Mestre/a 5: Si, 2 días tiven febre, deume calafríos e dor de cabeza. Mestre/a 6: Non tiven síntomas importantes, pero noteime un pouco canso o día seguinte.

Polo visto, segundo o que nos contestaron, non se deron de conta de todas estas cousas “raras” que facían.

MARZO 2021

PÁXINA | 08


ASTRONOMÍA

O Picoto

C.P.I. de Bembibre

O Rover perseverance aterra en Marte Como parte da misión Mars 2020 do programa de exploración de Marte da NASA, o Perseverance aterrou con éxito o xoves 18 de febreiro de 2021 no cráter Jezero de Marte. Foi unha viaxe de 470,7 millóns de quilómetros que comezou o 20 de xullo de 2020. O Rover é un vehículo de seis rodas equipado con instrumentos científicos cos que intentarán rastrexar posibles sinais de vida, almacenar mostras de terra e estudar a súa meteoroloxía. Esperase que a misión destinada a recoller as mostras sexa lanzada en 2026, aterrando en 2029 e enviando as mostras a Terra en 2031.

Un grupo de pequenos astrónomos dannos as claves para ver as chuvias de estrelas Nesta primavera poderemos desfrutar dun dos eventos astronómicos máis rechamantes: As Líridas que son restos da cola do cometa Thatcher. Poderemos observalas do 14 ao 30 de abril sendo o día 22 as 22:00 o mellor momento para a súa observación. Para poder contemplalas en todo o seu esplendor, este grupo de pequenos astrónomos danos uns trucos para converter a experiencia en algo inesquecible. 1. Non necesitas telescopios nin prismáticos. A mellor forma de velas é a simple vista. 2. Buscar un lugar escuro. Canto máis escuro estea o ceo, máis estrelas fugaces verás. 3. Mellor sen lúa. Busca un día no que non haxa lúa chea, así terás máis escuridade. 4. Abrígate. Terás que pasar moito tempo no exterior. Non collas frío! 5. Mellor en compañía. Así non te aburrirás durante a espera. 6. E moita paciencia. Cando menos o esperes, verás unha!

A constelación Unicornio Na mitoloxía de Val do Dubra existe unha constelación chamada Unicornio que podemos observar mirando ao norte cando as 4 lúas galileanas de Xúpiter alíñanse co sol. O nome proven dun Unicornio de coloríns chamado Mel que un día nun arco da vella atopouse cun fantasma malvado que lle cortou o corno. Como estaba moi triste decidiu marcharse só ao Picoto e alí atopou a un poni que estaba afogando na lagoa. Mel pegou un chimpo, mergullouse na auga e salvouno. Resultou que o poni era unha fada máxica, que en agradecemento deulle un novo corno de cor azul. Moi contento volveu cos seus amigos que o nomearon Rei Unicornio e todos xuntos voaron polo ceo. Contan que polo día o unicornio está esperto e o brillo do seu corno dálle a cor azul ao ceo mentres que pola noite está escuro porque Mel dorme.

MARZO 2021

PÁXINA | 09


O Picoto

ASTRONOMÍA

C.P.I. de Bembibre

UNHA NOVA XERACIÓN ESTÁ LISTA PARA O ESTUDO DO ESPAZO

Dezanove novos astronautas foron acreditados hoxe co seus carnés da NASA, tras cursar os seus estudos no CPI de Bembibre O acto de entrega dos carnés realizouse na aula de Infantil C, onde as docentes responsables de impartir o curso, fixeron mención ó gran esforzo e traballo realizado por todo o alumnado. Estes novos viaxeiros do espazo contaron co apoio das súas familias, que cooperaron en todo momento nos seus estudos e investigacións sobre o universo. Como exemplo disto as imaxes que a continuación poden ver.

MARZO 2021

PÁXINA | 10


ASTRONOMÍA

O Picoto

C.P.I. de Bembibre

Esta promoción de astronautas descubriu incribles sucesos que poderían cambiar a forma de ver o noso sistema solar

1. Dous extraterrestres cantando en Saturno (Astronauta Sofía)

2. Meteoritos de auga apagan ó Sol (Astronauta Gabriel)

3. Un foguete choca contra Saturno (Astronauta Noa)

4. O xigante de Xúpiter ataca ós planetas (Astronauta Marco)

MARZO 2021

PÁXINA | 11


O Picoto

CARTAS AO DIRECTOR

C.P.I. de Bembibre

Estimado director: Somos fieis lectores deste xornal e na nosa humilde opinión consideramos que o noso colexio é xenial pero cremos que é necesario mellorar algunhas cousas. Temos a esperanza que nos leas e que poidas realizar estas propostas. Unha delas sería pintar as aulas e os corredores dunha cor máis alegre. Nós cremos que nos axudaría a concentrarnos máis e a vir con máis ánimo ao cole. Outra das ideas sería cambiar o chan dos corredores por outra plaqueta nova. Non nos convencen os remendos. No ximnasio tamén necesitamos que cambien o chan porque está roto. En canto ao comedor, habería que arranxar o teito, porque entra a auga e a pintura está levantada. Tamén nos gustaría propoñer que teñamos bandexas individuais para servir a comida. Cremos que sería o máis cómodo para todos.

Tamén nos agradaría que se retomara a figura de “Mediadores do patio” e así poder axudarnos a resolver os nosos conflitos. No patio cuberto, vemos necesario que se pinten as paredes e o teito. Ademais de rematar a obra da cabañita de madeira que se comezou.

Outra das actividades que nos gustaría ter no cole sería ter un invernadoiro para plantar froitas e hortalizas. A parte de aprender a plantar, tamén comeríamos da nosa horta. Para o patio dos maiores gustaríanos ter unha zona de descanso para poder sentarnos. Tamén nos encantaría ter un parque para maiores con zonas de escalada, columpios, tobogáns e unha tirolina. E para finalizar gustaríanos ter xogos e material no patio (pelotas, aros, cordas de saltar,...) para desfrutar do noso tempo de lecer.

Esperemos tome en consideración as nosas suxestións para seguir mellorando o noso colexio. Despedímonos o alumnado de 4º de primaria.

MARZO 2021

PÁXINA | 12


O Picoto

MARZO 2021

CULTURA

C.P.I. de Bembibre

PÁXINA | 13


O Picoto

MARZO 2021

CULTURA

C.P.I. de Bembibre

PÁXINA | 14


CULTURA

O Picoto

C.P.I. de Bembibre

XELA ARIAS Lembrade este nome porque é a escritora que se lle dedican as Letras Galegas. Alumnado de 4º de primaria. Xela Arias naceu en Lugo o 4 de marzo de 1962. Xela, foi inscrita co nome de María de los Ángeles, e despois cambiáronllo por María dos Anxos. Dende os 6 anos foi chamada Xela. Ela estudou na Granxa de Barreiros, no colexio de Fingoi de Lugo. En 1969 mudáronse a Vigo porque seu pai, que era mestre, destinárono no colexio Ceip Sárdoma-Moledo. Xela comezou os estudos de COU no instituto Castelao pero abandonounos para comezar a traballar na editorial, Edicións Xerais de Galicia. Dende 1980 publicou en xornais e revistas, como A nosa Terra ou Diario 16 de Galicia. Tamén colaborou en publicacións como Festa de palabras silenciadas. En 1986 ingresou na Asociación de escritores en Lingua Galega. En 1988, inscribiuse en GreenPeace, que é unha organización ecolóxica que loita polos problemas ambientais. No 1991 retomou os estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e licenciouse en 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciando a especialidade en galego-portugués. No 1994, tivo o seu único fillo, chamado Darío. E grazas a el inspirouse para escribir un poemario chamado “Darío a diario” no ano 1996.

DÍA DE

No ano 1990-2000 foi profesora substituta de ensino secundario de Lingua e Literatura Castelá en varios institutos. Escribiu 15 libros, entre eles: “Maldito lindo”, “Intempériome” ou “Tigres coma cabalos”. Traduciu 17 libros de escritores como Gianni Rodari, Roald Dahl, Cervantes,... Morreu no ano 2003 dun ataque ao corazón con 41 anos de idade. Foi soterrada no cemiterio vigués de Pereiró. En 2019 a editorial crítica literaria A Sega, dedicoulle o día das Mulleres Galegas nas Letras. Esta é unha celebración que honra anualmente as mulleres que axudaron de forma destacada á cultura en xeral, á literatura en particular como “Señora das Letras”. Gañou premios da Sociedade da Lingua Portuguesa, o Ramón Cabanillas e o Plácido Castro. Ten unha biblioteca en Pontevedra co seu nome.

ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Aos 19 anos marchou para Madrid, onde coñeceu escritores importantes como Manuel Murguía co que casou. Tiveron sete fillos. Rosalía pasou os derradeiros anos da súa vida en Padrón. As súas obras máis destacadas son: "Cantares gallegos", "Follas novas" e "En las orillas del Sar". Rosalía quíxolle moito a Galicia e Galicia quérelle moito a Rosalía, por iso se celebra o día de Rosalía o 24 de febreiro. Este ano no colexio fixemos uns bonitos marca páxinas e lemos varios poemas de Rosalía. Tamén fixemos un xogo de pistas para coñecer máis sobre esta autora tan importante para a nosa lingua e defensora da igualdade entre homes e mulleres. MARZO 2021

PÁXINA | 15


DEPORTES

O Picoto Zoo Deportivo

C.P.I. de Bembibre

22, das cales destacan as 11 seguintes: Adelaida, unha defensa

En Bembibre, Val do Dubra.

central que leva dous anos xogando

e é moi boa regateando; Sofía, é Crearase un zoo deportivo onde irán mediocentro e destaca nos penaltis; os animais máis destacados do Emma, é defensa central e mundo dos deportes. Este zoo encántalle facer chilenas; Sara, deportivo chamarase “Musculitolóxico”. unha dianteira moi boa pasando o balón; Marilús, tamén chamada Os animais que formarán parte deste zoo son: o colibrí tenista, que nunca perdeu un partido en 8 anos; a cabra Culé, unha acróbata que a súa primeira vez deu unha volta completa ao tellado; Bull, o toro “run run” que é capaz de correr quilómetros sen parar; Rango, a rá máis forte do mundo que levantou un peso de 502 quilos; a coello Deisy, que gañou tres copas de pádel; o hipopótamo ciclista que percorre 300 quilómetros todos os días; o elefante mergullador, capaz de aguantar baixo a auga 30 minutos; a tartaruga saltarina que pode saltar 99 veces seguidas á corda; a formiga que xoga ao baloncesto, que gañou unha copa do mundo e a xirafa futbolista, gañadora de 3 copas de Europa.

Ana Peleteiro

“gorila furiosa” porque é moi boa porteira e para os goles con cara de

Naceu en Ribeira o 2 de decembro

enfadada; María, extremo dereita

do 1995 e é unha atleta galega,

que saca ben dende o curruncho;

especialista en triple salto.

Laura, outra dianteira que sempre

Proclamouse en dez ocasións

quixo xogar ao fútbol, pero non tivo

campioa absoluta de España.

oportunidades. É a mellor

Comeza a súa carreira deportiva

rematando. Alejandra é lateral

en Ribeira, da man de María José

dereita e quita moi ben o balón ás

Martínez Patiño e Carlos Aldán, na

rivais; Lara é lateral esquerda e

Asociación de Atletismo e deportes

encántanlle as mates, polo que é

do Barbanza.

ella a que marca as xogadas; Rigoberta é extremo esquerda e

En 2010 proclamouse na Coruña

como é moi bromista é a que se

campioa galega cadete en pista

encarga de distraer ás rivais e

cuberta de triple salto e salto de

Samara, unha centrocampista moi

lonxitude, batendo na primeira o

veloz.

récord autonómico cadete con 11,24m.

Achegábase o partido máis O “Musculitolóxico” abrirá as súas portas o 22 de marzo de 2021. Situarase detrás do campo da Tilleira. En xuño comezarán a competir contra outros animais. Cremos que poderán conseguir grandes logros.

importante, se o gañaban, gañaban

Con 22 anos, no concurso de triple

a Liga. Ían empatadas e estaban as

salto no campionato europeo de

11 anteriores no campo, era o

Berlín, obtivo a medalla de bronce,

último minuto e inventaron unha

cun mellor salto de 14,44m.

xogada nunca vista que rematou en

En 2019 fixo historia conseguindo

gol. Déronlles o trofeo e un premio

a medalla de ouro en Glasgow en

en metálico que decidiron donalo a

triple salto en pista cuberta batindo

unha ONG que axuda a nenas e

o récord español cun salto de

NO equipo feminino do Val do

nenos que lles gusta o fútbol, pero

14'73m.

Dubra

non poden dedicarse a el por non ter recursos.

En Bembibre (Val do Dubra),

galegas da historia.

creouse un equipo de alevíns

Este é o noso equipo de alevíns

feminino de fútbol. Das 103 nenas

feminino do Val do Dubra, do que

que se presentaron, escolléronse

estamos moi orgullosas.

MARZO 2021

É unha das melloras atletas

PÁXINA | 16


DEPORTES

O Picoto

C.P.I. de Bembibre

Muller entrenando cae nun

Deportista galega axuda a gañar un campeonato de baloncesto

pozo Unha muller estaba entrenando na

O Real Galiza é un equipo de baloncesto feminino de persoas con discapacidade de Bembibre (Val do Dubra). Gañou 3 ligas en 5 anos que levan xogando. A primeira foi en Ferrol, a segunda na Coruña e a terceira en Val do Dubra. E desta vez gañaron o torneo máis importante, a Eurocopa e foi grazas a Alba Jardín Vello. Alba naceu o 13 de xuño de 1987, ten 33 anos e os seu pai chámase Juan Jardín, a súa nai Carolina Vello e o seu irmán José Jardín, este é futbolista no equipo do Dubra. A Alba dende pequena gustoulle o baloncesto, aos 6 anos xa xogaba, pero cando tiña 11 rompeu a perna 2 veces e tiña que andar en muletas e aos 12 anos caeu polas escaleiras e dañouse a columna vertebral, polo que non puido camiñar máis. Aínda así, ela quería seguir xogando, atopou o Real Galiza e uniuse ao equipo. Uns meses despois xa era a mellor xogadora. O pasado martes na final da Eurocopa, encestou a canastra que lle deu ao seu equipo a copa e foi elixida a mellor xogadora do torneo. A súa familia está moi contenta polo seu traballo e o resto do seu equipo tamén, polo tanto decidiron darlle un regalo da súa xogadora de baloncesto favorita (Alba Torrens), unha camiseta dela e unha pelota de baloncesto firmada. A Alba gustoulle moito e dixo que a poñería sempre para entrenar.

MARZO 2021

Tilleira (Bembibre) ás 18:15 da tarde cando se lle escapou o balón por enriba das redes. Estaba intentando buscalo cando, de súpeto, escorregou

Vero Boquete

e caeu nun pozo. Intentou pedir axuda berrando, pero non a oía

Naceu o 9 de abril de 1987 en

ninguén. Pasaron as horas e

Santiago de Compostela, é unha

comezou a ter fame e sede e xa de

futbolista española que xoga

noite pasou un home, escoitouna e

actualmente no Milán da Seria A en

intentou sacala pola súa conta, pero

Italia. Foi internacional coa selección española na cal foi capitana. Comezou a súa traxectoria nas categorías inferiores da Sociedade deportiva xuventú Aguiño da Ribeira. Foi fichada polo clube Deportivo Transportes Alcaine en 2005 co que debutou na Superliga, máxima categoría do fútbol feminino en España. Tras lograr a

unha pedra caeu e escorregou para dentro do pozo tamén. Á mañá seguinte, entre os dous, seguiron pedindo axuda ata que pasou un home ao que lle pediron alimento e auga. O home foi por unhas galletas e auga e lanzoullo ao pozo mentres iba a por axuda. Volveu, pero non había ninguén para axudarlle e decidiu chamar ao 112, pero non había dispoñibilidade. Pasou un breve tempo e como a

permanencia dous anos (un deles

xente do pobo xa espertara, o home

grazas a un gol dela no último

explicou a situación e pediulles

partido) ao terceiro lograron

axuda, a xente colleu cordas e

clasificarse para a Copa da Raíña.

escaleiras e foron ata o pozo. Un

Vero deu por finalizada a súa etapa cuarto de hora despois, a muller e o en España e fichou polo home xa estaban fora do pozo e a Philadelphia Independence, no cal

muller, de súpeto, botou a correr,

foi nomeada mellor xogadora.

porque o seu equipo estaba a punto

En 2014 fichou polo FFC Frankfurt

de xogar un partido importante. A

da liga alemana, co que chegou á

muller chegou a tempo e preparouse

final da Liga de Campions, onde

para sair ao campo.

derrotaron ao PSG por 2-1 gañando Ao final, o seu equipo gañou o partido e, ainda que pareza mentira, marcou o torneo e ademais foi elixida no equipo ideal. Disputou 33 partidos e tres goles, deu unha asistencia e foi elixida a mellor xogadora do partido. marcou 15 goles. Vero Boquete é unha referente para Despois do partido foise directamente moitas nenas que queren dedicarse a durmir, pois non durmira nada no ao fútbol.

pozo.

PÁXINA | 17


O Picoto

MARZO 2021

PASATEMPOS

C.P.I. de Bembibre

PÁXINA | 18


O Picoto

MARZO 2021

PASATEMPOS

C.P.I. de Bembibre

PÁXINA | 19


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Xornal O PICOTO Cpi de Bembibre by bibliobembibre - Issuu