Issuu on Google+

SEMANA 1

NOME DO GRUPO:______________________________ 1.

O centro virtual Leer.es, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, vén de concedernos o selo “Buenas prácticas Leer.es”, o cal lucimos orgullosos no blog da biblioteca, na modalidade de bibliotecas escolares. Que outras modalidades existen deste premio? Resposta:

2.

Entre as moitas publicacións que temos na biblioteca atópase a revista Cómo funciona. No nº 15 fálase de Nikola Tesla. a. Nesta reportaxe aparece unha fotografía publicitaria. Onde foi tomada? b. Tamén se fala dun asistente de Tesla. Como se chamaba? Resposta: a. b.

3.

Co gallo do 200 aniversario do nacemento de Charles Dickens a biblioteca organizou unha exposición dedicada a este autor. Na páxina 53 da súa obra “Un conto de Nadal”, que peza toca o violinista? Resposta:

4.

Como se chama a protagonista da saga “Los hijos de la tierra” da escritora Jean M. Auel? Resposta:

5.

Consulta a páxina www.sepe.es, entra na lapela Emprego e formación. No apartado de Emprego en Europa fala dunha rede especializada na busca de traballo en Europa. Como se chama? Resposta:

6.

Nesta proba tedes que descifrar a seguinte mensaxe: eqger pessb suueo roaa evtta ossp. Para conseguilo debedes visitar a páxina web da que se fala na entrada do 12 de marzo do blog da biblioteca. Unha vez aberta esta páxina debedes premer a lapela TEMARIO, e veredes que hai unha SECCIÓN que se chama MATEMÁTICAS RECREATIVAS. É nesta sección onde nos aprenden a descifrar MENSAXES EN CLAVE polo “método das caixas”. Animádesvos? Resposta:

7.

Coma outros anos, para conmemorar o Día da muller, as profesoras deste instituto (xunto con Carmen e María) caracterizámonos de mulleres que, dun ou doutro xeito, loitaron polos nosos dereitos nun mundo masculino. Cal destas mulleres escribiu a obra “Cooperación e competición entre os pobos primitivos”? (Atoparás a exposición na páxina web do instituto). Resposta:


SEMANA 1 8.

En que vila transcorre a historia que se conta na novela de García Márquez de etiqueta

N GAR cie

?

Resposta:

9.

Na páxina 15 do libro con etiqueta

37.03 LOU com

titulado “Como elixir a miña profesión”, indícase a que área

profesional pertencen as distintas profesións. A que área profesional pertence a profesión de fotógrafo?

Resposta:

10. O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Por ese motivo, no blog da biblioteca colgamos un vídeo onde diferentes autores de todo o mundo reflexionan sobre o que é a poesía. Cal é a reflexión que o escritor mexicano Jaime Torres Bodet fai sobre a poesía? Resposta: 11. Segundo a páxina web do Concello de Cabana, cales son as tres carpintarías de ribeira que existen na actualidade? Resposta: 12. Busca a páxina do IES de Ponteceso e vai ao apartado que ten o departamento de Música. Nela hai unha entrada que se chama CÓMIC SOBRE A HISTORIA DA MÚSICA. Busca a páxina 33 dese cómic e sinala o nome e os apelidos do compositor alemán do século XVII do que se fala e as obras só instrumentais que se mencionan na mesma páxina. Resposta: 13. Os científicos non sempre xogan limpo. Nun dos últimos números da revista Redes, que temos na biblioteca, hai un artigo titulado “Torneos matemáticos”. Nel fálase do enfrontamento entre dous matemáticos: Tartaglia e Cardona. Segundo esta revista, por que motivo quedou tatexo Tartaglia? Resposta: 14. Na revista de educación en valores “Un mundo en branco e negro” que podes atopar tanto na páxina do instituto na súa versión dixital coma na biblioteca na súa versión en papel, aparecen uns versos da obra “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro. Escribe os catro primeiros. Resposta: 15. Busca a obra “As torres do ar” do poeta noiés Antón Avilés de Taramancos. Na contracapa desta obra aparece un fragmento dunha carta onde o autor fala da súa vida en Colombia. Que traballos exerceu? Resposta:


Maraton Cultural semana 1