A paz perfecta
H
abía unha vez un Rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que poidera captar nunha pintura a paz perfecta. Intentárono moitos artistas. O Rei observou e admirou tódalas pinturas, pero só houbo dúas que lle gustaron de verdade. E tivo que escoller entre elas. A primeira era unha lagoa moi tranquila. Esta lagoa era un espello perfecto onde se reflexaban as plácidas montañas que a rodeaban. Sobre elas víase un ceo moi moi azul, con lenes nubes brancas. Tódolos que miraban esta pintura pensaban que reflexaba a paz perfecta. A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero eran peladas e escarpadas. Sobor delas víase un ceo furioso do que caía unha forte chuvieira con lóstregos e tronos. Montaña abaixo caía, retumbando, un escumoso regato de auga. Todo esto non parecía nada pacífico. Pero o Rei observara o cadro coidadosamente e vira, tras da cascada, un fráxil arbusto medrando na fenda dunha rocha. No arbusto había un niño. Alí, no medio do ruxe-ruxe da violenta caida de auga, estaba tranquilamente pousado dentro do seu niño un paxariño. ¿Cal pensas que foi a pintura gañadora? O Rei escolleu a segunda, ¿sabes por que?. El explicou: ― Paz non significa estar nun lugar sen ruido, sen problemas, sen traballo duro ou sen dor. Paz significa que a pesares de estarmos no medio de todas esas cousas, estemos calmados dentro do noso corazón. Espero que, a pesares das circunstancias, atopes paz no teu corazón e sexas feliz. Antigo conto chinés.
Libros que falan de paz ◊ Ós/ás máis pequenos/as: ◦ GOYTISOLO, J.A. El lobito bueno. ◦ — El principe malo. ◦ — El pirata honrado. Ed. EDEBE. ◦ IGLESIAS, Calo. O malvado Setemorros e outros contos. Ed. Toxosoutos. ◦ BUER, Jutta. Madrechillona. Ed. Lóguez
◊ A partires de 6 anos: ◦ TURIN, Adela. Arturo y Clementina.Ed.Lumen ◦ ALONSO, Fernando. El hombrecillo de papel. Ed. Miñón ◦ MAS. Herminia. A bruxa que non sabía rir. Ed. Rodeira-EDEBE ◦ CAPDEVILA, Roser. Aprendamos a convivir. Ed. DESTINO
◊ A partires de 8 anos: ◦ DUNBAR, Joyce. Software, a superbabosa. Ed. Rodeira.EDEBE ◦ FAHRMANN, Willy. Willibald, el fortachón. Ed. Rodeira-EDEBE ◦ LEAF, Munro. Ferdinando, el toro. Ed. Lóguez.
◊ A partires de 10 anos: ◦ PEREZ, Enrique. El niño que conversaba con el mar. Ed. EDEBE ◦ FARIAS, Juan. Los años difíciles. Ed.Miñón ◦ SIERRA I FABRA, Jordi. El guardian de la luna. Ed. Anaya ◦ — Mearpeace. Ed. Plaza Joven. ◦ KÄSTNER, Erich. La conferencia de los animales. Ed. Alfaguara. ◦ FRANK, Ana. El diario de Ana Frank. Ed. Plaza & Janés. ◦ KERR, Judith. Cando Hitler roubou o coello rosa. Ed. Alfaguara.