Page 1

A pinga Clariña Erase unha vez unha pinga de auga, que se chamaba Clariña. Clariña acababa de chegar ó mar levada pola corrente dun río. Tódalas súas amigas, as outras pingas de auga, que viaxaban na corrente do río, xa se foran separando unhas das outras. Clariña estaba perdida. As pingas de auga de mar mirábana moi raro. Clariña era unha pinga pura e cristalina, non tiña sal. Ás pingas de auga de mar non lles gustaban as pingas que foran diferentes a elas, e a pinga Clariña era diferente. Clariña sentíase moi soa e triste, sempre estaba na tona da auga do mar para ver si atopaba ás súas amigas, as pingas de auga do río. Tantas horas pasaba na tona da auga, que coa calor do sol, Clariña evaporouse e subiu e subiu ata o ceo para formar parte das nubes. Clariña estaba encantada, nunca antes se evaporara e sentíase feliz por poder voar. Clariña estaba en estado gaseoso, dentro dunha nube, xunto a milleiros de pingas máis. O vento movia suavemente ás pingas da nube e voaban sobre as vilas, sobre os montes…era fantástico. Pero un día, de súpeto, a súa nube, ó chocar con outra nube, estoupou. Un lóstrego iluminou todo o ceo e un trono fixo temblar ás dúas nubes. Despois do trono moitas pingas empezaron a caer da nube, unha desas pingas era Clariña. A luz do sol ilumiñaba as pingas que ían caendo, formando fermosísimas cores. Era o “Arco da vella”. Clariña estaba fascinada con tanta beleza, pero, ó mesmo tempo, a velocidade da caída era tremenda. Clariña estaba moi asustada, non sabía onde ía caer: ¿sobre unha árbore?, ¿contra o chan?. . .ata que, de súpeto, caeu nunca piscina onde estaban a xogar un par de nenos. Clariña sentíase cómoda, as outras pingas de auga da piscina eran semellantes a ela, tampouco tiñan sal. A pinga Clariña atopara un novo fogar onde podía divertirse cos nenos, agora era inmensamente feliz. E colorín, colorado, este conto está rematado.


Auga Coraz贸n e ... vida 1陋 parte: .... Auga para vivir Ed. I N F A N T I L Biblioteca Ceip. Milladoiro Curso 2006/07

AUGA. Caderno de traballo EI Auga para saber  

Caderno para EI. 1º trimestre: Auga para saber. Seguían o curso dunha pinga de auga.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you