UNIDADE DIDÁCTICA APRENDER A APRENDER CURSO 2010/2011 Mª Olga R. Díaz
1.- POR QUÉ Aprender a Aprender na escola? Este documento é longo pero poucas veces estiveches ante algún que fora tan práctico. Así que le con atención ata o final. E verás… Coa aparición nos novos curriculums do concepto COMPETENCIAS e a necesidade de avalialas, toma maior relevancia a termo ALFIN no que tradicionalmente vimos traballando desde o CEIP Milladoiro e que hoxe preséntasenos coma unha necesidade dos nosos escolares á que temos que dar resposta sen máis dilación: ALFIN: educación das capacidades que nos permiten acceder, procesar e presentar a información que nos rodea. Cada vez con maior frecuecia, nenos e nenas consideran que saben buscar información ....¡só porque coñecen Google! Como educadores esta é unha necesidade á que estamos obrigados a dar resposta. Desde 1999, o noso centro asume nos seus documentos: “Situados no marco de reflexión de para que vale a lectura, concluímos que non abonda con aprender a ler, obxectivo tradicional da escola primaria, senón que é necesario ler para aprender […] O Ceip Milladoiro ten marcados dous grandes obxectivos relacionados coa lectura, en xeral, e a procura de información, en particular. A saber:
12-
Facer medrar nos nosos escolares o gusto pola lectura recreativa: ler porque si, porque me gusta, porque o paso ben... Aquí enmarcaríamos todas aquelas actividades que levamos a cabo relacionadas coa Animación á Lectura. Ensinarlles a moverse polo mundo da información proporcionándolles os coñecementos precisos para seren capaces de atopar o que buscan. O mundo da información entendido no senso máis amplo: en calquera soporte (libros, xornais, CDs, internet...). Aquí cobran sentido todas aquelas actividades que levamos a cabo relacionadas coa Formación de Usuarios de Bibliotecas, a Educación Documental e a Informática.”
Obxectivos xerais deste traballo: •
Empregar os instrumentos e procesos básicos que permitan ós nosos escolares un adecuado aprendizaxe do tratamento da información, a súa localización, selección e transmisión, posibilitando que este tipo de aprendizaxes lles sean útis nas suas actividades posteriores. Aprender a aprender 1 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz