Page 1

Antón García Teijeiro

1

Se ves este home no colexio entrar pensa que é o autor de “A teima de Xan”. Escríbelle á lúa, escríbelle ó vento ¡carabín, carabón, sempre está contento!. O monicreque de Alicia cántalle ás catro estacións, ó outro lado da esquina: sempre quenta o sol. Fixo un caderno de fume, faille poemas ó sol, mentres Noa vai no vento nun cabalo de cartón. Cos petos cheos de versos, unha estrela no sombreiro, barba de espuma de mar: ¡é Antón García Teijeiro! 6º B. Malpica, 8 de Marzo de 2002


Unha nube e unha estrela atopáronse con ela. ¿Quen é ela? ¿É un vento? ¿É Sabela? ¿É Antón? ¿Quen é ela? Bolboreta. Corazón. ¿É Noa? ¿Ou Antón Nin a vela nin a lúa, nin Sabela. ¿E quen é? ¿Unha flor? Non, outra estrela. Antonio García Teijeiro. Poesía feita para os e nenos e nenas do CEIP Milladoiro o día 8-32002

Antonio Garcia Teijeiro  

Poema feito polos nenos e nenas de 6º para Antón Garcia Teijeiro. Poema feito por Antón Garcia Teijeiro para os nenos e nenas de 6º.