Issuu on Google+

R/ Federico GarcĂ­a Lorca, nÂş 18 Vigo (Pontevedra) C.P. 36210 ,Vigo (Pontevedra) TF: 986 238043 Fax: 986 203721 Email: ceip.pintor.laxeiro@edu.xunta.es

0


GUIÓN

TÍTULO DO PROXECTO::”UNHA ILUSIÓN COMPARTIDA”

0. XUSTIFICACIÓN. 1. ANÁLISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA E O SEU CONTEXTO. 2. ANÁLISE DAS NECESIDADES DE RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS. 3. OBXECTIVOS. 4. TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. 5. ACTUACIÓNS POR TRIMESTRE. A. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN. B. DINAMIZACIÓN.  Formación de usuarios.  Fomento da lectura e escritura.  Apoio

ao

desenvolvemento

do

Proxecto

Lector

de

centro

e

outros

programas/proxectos de aula/centro.  Educación para o acceso á información (tratamento da información e competencia dixital).  Apoio ao estudo ou outras actividades desde a biblioteca para a compensación das desigualdades sociais.  Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca.  Accións para a integración da cultura impresa/cultura dixital. 6. HORARIO PREVISTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (RESPONSABLE E INTEGRANTES DO EQUIPO DE APOIO).

1


7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.

1. XUSTIFICACIÓN.

Este proxecto xurdiu da experiencia destes últimos anos e responde á pregunta: que biblioteca queremos?. A resposta nola dan os alumnos/as que día a día asisten e traballan nela: levando libros en préstamo, gozando coas animacións lectoras e os conta – contos, demandando máis servizos, axudando e colaborando na organización e na xestión; o profesorado, colaborando para levar á práctica os programas e actividades que desenvolve e fomentando no seu alumnado o pracer que causa a lectura; e as familias, indo cos seus fillos á biblioteca para ler en familia; o Equipo Directivo, que sen o seu apoio non sería posible transformar a biblioteca nun espazo vivo.

Entendemos a Biblioteca como un centro de recursos e un entorno de aprendizaxe útil para a realización de intervencións didácticas relacionadas con todas as áreas curriculares, para ser eficaz e ser significativa e así conseguir obxectivos claros e definidos, fundamentalmente no que se refire ás prácticas lectoras, escritoras e as habilidades intelectuais do noso alumnado.

Temos unha biblioteca con un aceptable espazo físico e con bos materiais, pero ademais queremos seguir na liña desenvolvida: que sexa un medio dende o que o profesorado, alumnado e familias estean dispostos a seguir transformándoa con compromiso, colaboración, autocrítica.

O noso ámbito de acción se concreta en:  Xestión e dispoñibilidade dos recursos documentais.  Articulación de servizos e programas.  A promoción e comunicación dos seus recursos e programas.  A cooperación e a coordinación co equipo docente. 2


2. ANÁLISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA DA BIBLIOTECA E O SEU CONTEXTO.

O C.E.I.P. Pintor Laxeiro está situado na zona da Florida, en Vigo, preto da zona comercial de Travesas. É un centro de 18 unidades: 6 de Educación Infantil e 12 de Educación Primaria. Conta ademais con aulas específicas: 2 Aulas de apoio – P.T. e A.L.-, Departamento de Orientación, Aula de Psicomotricidade, Ximnasio, Aula de Música, Aula de Relixión, Aula de Audiovisuais, Biblioteca, Aula de Informática e 2 aulas de Lingua Inglesa.O seu alumnado procede da zona e conta con alumnado inmigrante. A BIBLIOTECA. 1. Organización do espazo. 1.1 Biblioteca central. Está situada na primeira planta do edificio escolar e conta con 60 metros cadrados de superficie. Ten dous espazos: un dedicado a educación Infantil e Primeiros Lectores, e outra para o resto do alumando. 1.2. Outros espazos. Todas as aulas dispoñen de bibliotecas de aula, a maioría ben dotadas e con bo funcionamento. Os seus fondos aínda están sen catalogar na Biblioteca Central así coma outros fondos que están na Sala de Profesores e que son fundamentalmente libros para adultos, revistas e xornais. Na Aula de Audiovisuais está todo o material correspondente a esta área. Na actualidade está todo inventariado mais tamén está pendente de que estes recursos estean centralizados no programa de xestión MEIGA. Falta tamén por inventariar e catalogar o material da Aula de Informática. Nesta aula atopamos programas educativos para as diferentes áreas curriculares. 2. Organización do tempo:

3


A partir do curso 2.008/2.009 a Biblioteca conta cun equipo para xestionala e dinamizala. Este encárgase de xestionar, e xunto con profesorado colaborador, realizamos tamén actividades de animación lectora e conta - contos. Este equipo dispón dun horario fixo semanal. Unha vez á semana a coordinadora reúnese coas coordinadoras de Normalización Lingüística e de Actividades Extraescolares e Complementarias. Un martes de cada mes reúnese para dar cumprimento ao programa establecido e avaliar as actividades desenvolvidas.

Todas as titorías dispoñen dun horario fixo á semana. Cada titora realiza actividades de lectura co grupo, de animación lectora e/ou de conta – contos, segundo o Proxecto Lector de centro. O Plan Proa tamén dispón dun horario polas tardes para todas aquelas actividades xa reflectidas na memoria. O servizo de préstamo e devolución de libros e outros materiais realízase en horario lectivo polas titoras, e en horario de tarde polo profesorado que estea de garda. Todo o profesorado realiza esta función seguindo o programa de xestión da biblioteca. 3. Recursos: O Fondo. No curso 2.008/2.009 fíxose un segundo expurgo dos fondos e materiais didácticos. O fondo de libros catalogado está principalmente na Biblioteca, mais hai outro que está distribuído na Sala de Profesores e na Aula de Audiovisuais. Os libros das diferentes bibliotecas de aula e diversos materiais curriculares están sen catalogar de forma centralizada na biblioteca, polo que é un obxectivo a traballar o próximo curso. Traballamos co programa de xestión BIBLIO, moi básico, e co programa MEIGA que xa está instalado nun dos dous ordenadores de que dispoñemos. Empezamos a introducir a base de datos no curso actual. A Biblioteca conta na actualidade con 5.489 libros organizados en andeis por cores. Neste curso, estamos adaptando a CDU coas cores. A maioría son libros de literatura infantil e xuvenil

4


orientados ao alumando, dominando a narrativa. Tamén para o alumnado está as seccións de Ciencias Naturais, historia e banda deseñada.

Contamos con libros e materiais didácticos específico de lingua galega, recompilados ao longo dos anos e relacionados con Normalización Lingüística; dicionarios de lingua galega e castelá, enciclopedias e diversos libros de consulta, tanto para o profesorado como para o alumnado. Os Soportes. Todo os libros atópanse en andeis baixos para o alumnado de infantil. O resto está distribuído en andeis altos: andeis antigos e xa vellos e seis andeis enviados pola Consellería o curso 2.007/2.008. Como a biblioteca está dividida en dous espazos, no medio deles hai un expositor móbil e dúas mesas que serven para a exposición de novidades. Unha zona está dedicada a educación infantil e primeiros lectores. Conta co chan cuberto, mesas redondas, un teatro de monicreques. Zona preparada para a realización de actividades de animación lectora e conta - contos. A outra zona está deseñada para o resto do alumnado e para o traballo do profesorado e conta con cinco mesas rectangulares e as súas cadeiras. Nesta zona sitúase a mesa co ordenador de xestión do programa BIBLIO e outra mesa con outro ordenador co programa MEIGA. Outros elementos. A Biblioteca está decorada con cores vivos e complétase con outros elementos decorativos: bonecos, cestos, un pequeno baúl…O Equipo Directivo dotounos cunha pantalla e un canón. Dispoñemos de tres cortizas (xa explicado o seu uso na Memoria). 4. Persoas. Cando falamos de persoas relacionadas coa Biblioteca referímonos a todos os que participan nas actividades do colexio: o Equipo Directivo, o profesorado, o alumnado, e as familias, que tanto poden axudar á creación do hábito lector; escritores, editoriais… 5


Equipo de Biblioteca. O Equipo de Biblioteca elabora ao principio de curso a Programación de Biblioteca que se incorpora á P.X.A. Os nosos esforzos céntranse na implementación de distintas actividades que articúlanse para todo o centro en colaboración con todo o profesorado.  As súas funcións e responsabilidades están reflectidas nas Normas de Biblioteca.  Dispoñemos dun horario específico e que se reflicte na P.X.A.  Durante o actual curso escolar o Equipo de Biblioteca está constituído polas seguintes profesoras: Coordinadora: Mª Dolores Crespo Couselo. Membros: María Araújo Rodríguez ; Mª Berta Franco Chouza; Mª Isabel García Vázquez; Mª Dolores González Torres; Mª Begoña Jara Segura; Mª del Carmen Otero Campos. En total sete profesoras das diferentes etapas e ciclos que constitúen uns recursos humanos que en número son imprescindibles para xestionar e dinamizar as actividades, distribuíndo as funcións para que o traballo sexa máis operativo e áxil.

3. ANÁLISE DAS NECESIDADES DE RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS.  Fondos con soporte multimedia, de imaxe e de son.  Subscricións a revistas infantís, e a revistas para o profesorado.  Aumentar o fondo de lingua inglesa.  CDS en lingua galega e lingua inglesa.

6


4. OBXECTIVOS.

Como queda reflectido na xustificación deste proxecto, concibimos a Biblioteca como un centro de recursos e un entorno de aprendizaxe útil, ademais de funcionar como unha biblioteca tradicional cos seus materiais impresos e/ou de todo tipo. Neste sentido facemos nosos os obxectivos que

a

UNESCO establece :  Organizar e xestionar os recursos para que sexan máis accesibles, facilmente identificables e utilizables.  Ampliar os recursos documentais da biblioteca e equilibrar o fondo.  Establecer mecanismos de coordinación co profesorado e cos equipos docentes para a escolla de materiais e outros recursos.  Proporcionar un continuo apoio ao proceso de ensino – aprendizaxe e así impulsar o cambio educativo.  Apoiar ao profesorado no desenvolvemento do Proxecto Lector e Escritor do centro.  Difundir os fondos da biblioteca e facer que circulen.  Conseguir que a biblioteca sexa un referente na vida do centro.  Recompilar todos os documentos repartidos en diferentes dependencias.  Apoiar e complementar o traballo de aula.  Elaborar proxectos puntuais e apoiar os que se propoñan por outros equipos docentes.  Promover a dinamización cultural.  Promover o uso da biblioteca escolar e as bibliotecas de aula segundo o Proxecto Lector. 7


 Establecer canles de comunicación estables que permitan accións de difusión e promoción.  Promover a cooperación e coordinación con organismos externos.

5. TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.

Para lograr os obxectivos anteriores seguiremos desenvolvendo as acción destes cursos pasados intentando avanzar e mellorar a nosa práctica educativa e que sintetizamos así:  Aplicación do Proxecto de Biblioteca que vimos desenvolvendo dende cursos pasados e adaptarnos aos cambios que xorden coa práctica.  A biblioteca dispón dun espazo agradable – aínda que mellorable - , con fondos axeitados e con materiais curriculares que están a disposición do profesorado.Dispón de elementos organizativos do espazo físico: sinalización dos andeis por cores.Realizamos o tratamento de rexistro – informatizado - , selado e forrado.  Dispoñemos de presuposto do centro para a adquisición de materiais.  Hai un horario específico á semana para todas as titorías e contemplado na P.X.A. Funciona un Equipo de Biblioteca cun horario específico para xestionala e dinamizala.  O alumnado ten un carné lector e colabora na organización e na dinamización.Os pais/nais acompañan aos seus fillos (Educación Infantil e Primeiro Ciclo) á Biblioteca polas tardes para ler e/ou coller libros en préstamo.  As Normas da Biblioteca xa están elaboradas e aprobadas. Mantemos a carteleira actualizada con información ao profesorado, alumnado e ás familias  Colaboramos con outros equipos en actividades e proxectos, e coa revista do colexio.  Colaboramos coas editoriais, co Concello e con Fundacións con sesións de conta – contos e de animación lectora.  Coordinamos o Proxecto Lector e Escritor do centro.  Aportamos información ao profesorado das novas adquisicións, de lecturas e/ou coleccións recomendadas: sobre todo referidas a valores, ou a materias curriculares.

8


 Publicamos Boletíns de Biblioteca e Guías de Lectura trimestrais, e as difundimos ás familias.

6. ACTUACIÓNS POR TRIMESTRE. A/. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN: 1. XESTIÓNAR E ORGANIZAR OS RECURSOS PARA QUE SEXAN ACCESIBLES, IDENTIFICABLES E UTILIZABLES. INICIAIVA ACTIVIDADES 1. Mellorar o 1.1. Solicitaremos espazo físico. inversión para

RESPONSABLES  Equipo Biblioteca.

cambiar o mobiliario. 2. Poñer o texuelo aos libros catalogados no programa Meiga.

de

 Equipo de Biblioteca.  Titores/as para as biblioteca de aula.

2.1. Aplicaremos os criterios adaptados a nosa biblioteca. 2.2. Distribuiremos os materiais por categorías.

3. Informatizar 3.1. Rexistro. as novas 3.2. Selado. adquisicions. 3.3. Colocación

TEMPO

 Equipo de Biblioteca.  Profesorado colaborador  Alumnado do 3º ciclo colaborador  Equipo de Biblioteca..

do

texuelo. 3.4. Forrado. 4. Reorganizar 4.1. Reorganizaremos os fondos os andeis seguindo a seguindo a CDU adaptada.

 Dende primeiro trimestre.

o

 Primeiro trimestre.

 Todo o curso.

 Primeiro trimestre.

CDU 5. Seleccionar os materiais seguindo as suxestións do profesorado e do alumnado

Profesorado. Alumnado. Equipo Biblioteca.

5.1. Nas reunións de ciclo. 5.2. Confección dun cartel con LIBROS – LAPA (libros inseparables).

9

de

 Cada trimestre. Equipo biblioteca

O de


B/. DINAMIZACIÓN.  Formación de usuarios.

1.Formar usuarios independentes no uso da información. INICIATIVAS ACTIVIDADES RESPONSABLES 1. Coñecer a 1.Realizar visitas guiadas. Equipo de biblioteca. 2. Xogos de simulación para Biblioteca. ensinar a ubicación, Titores e organización, clasificación e especialistas as Normas 2. Buscar e 2.1 Contar un conto a partir  Titorías. localizar dun personaxe ou ilustración.  Equipo información. 2.2.Redactamos entre todos Biblioteca.

un texto coas impresións, despois da visita. 2.3. Interpretamos os texuelos. 3. Usar os 3.1.Seleccionamos libros con documentos. imaxes cotiás. 3.2. Opinamos sobre as imaxes dun libro. 3.3. Describimos a imaxe dun libro. 3.4.Distinguimos tipos de informacións nun libro (gráficos, fotos,mapas…) 4. Elaborar un proxecto a longo prazo para o uso da biblioteca en proxectos de aprendizaxe formais e informais (Terceiro ciclo de primaria).

4.1.Actividades para desenvolver contidos instrutivos: a orde alfabética, ordenación e clasificación, selección, organización e representación das ideas principais…

10

TEMPO Primeiro trimestre.

Primeiro trimestre.

 Especialistas.

Titorías.  Equipo biblioteca. Especialistas.

 Todo o curso.

Equipo Biblioteca en coordinación cos Equipos de Ciclo e os especialistas.  Terceiro Trimestre. Comisión Coordinación Pedagóxica.


Fomento da lectura e escritura.

1. Transformar a biblioteca nun centro de recursos para apoia a aprendizaxe activa de todas as áreas e niveis. INICIATIVAS ACTIVIDADES RESPONSABLES .1. Favorecer cambios 1.1.Elaborar un calendario de uso da

organizativos metodolóxicos.

TEMPO

e biblioteca –como estes anos- tendo  Todo o profesorado en conta as programacións de cada nivel.

 Primeiro Trimestre.

2.1. Carné da biblioteca. 2.2. Carné lector. 2.3.Elaboraremos materiais – recordo  Equipo Biblioteca.  Todo o curso. da biblioteca (pegatinas, pins, diplomas…) 2.4.Axudantes de biblioteca (terceiro Ciclo). 2.5. Creacións colectivas de libros, Equipo de biblioteca  Terceiro 2.Accións que unan ao contos, cómics.. en coordinación co trimestre. alumnado coa profesorado e biblioteca. equipos. 2.6. Servizo de préstamo.  Todo o curso. 2.7.Realizacións plásticas relacionadas cn algún autor, tema, conmemoración, proxecto… 2.8.Maleta viaxeira (Ed.Infantil). 2.9.Actividades para o mes do libro: Equipo de biblioteca O Retrato lector (agasallo). 2.10. Escribir poemas, citas, notas, debuxos…no libro “EU QUERO CONTAR”.

3.Accións de uso 3.1.Apertura diaria en horario lectivo  .Equipo habitual da biblioteca. e pola tardes. biblioteca. 3.2. Servizo de préstamo.  Profesorado. 3.3.Actividades de Animación 11

de Todo o curso.


lectora para compartir experiencias lectoras. 3.4.Club de lectores. 3.5. Préstamos en bloque a un curso/nivel.

 Apoio ao desenvolvemento do Proxecto Lector e Escritor de centro e a outros programas/proxectos de aula/centro .

1. Potenciar un novo estilo docente ofrecendo recursos ao libro de texto. INICIATIVAS

ACTIVIDADES RESPONSABLES TEMPO 1. Procurar que o 1.1. Relacionadas coa lectura por alumnado constrúa pracer, por deber, por interese e por Titorías. Todo o curso. proxectos de lectura necesidade. Equipo de Biblioteca con motivación (asesorando) variada. 2. Realización de 2.1.Participación en actividades Equipo de Biblioteca. actividades puntuais. programadas: conta – contos, encontros con escritores. 2.2.Participación nas  Equipo de Biblioteca.  Repartidas nos conmemoracións nas que participa Outros equipos de tres trimestres. o centro e que coordinan os coordinación docente. diferentes equipos (P.X.A.). 3. Realización de 3.1. Realización de DIARIOS DE  Equipo de Biblioteca  Nos tres producións escritas. SAÍDAS culturais realizadas en coordinación coas trimestres. durante todo o curso. Logo titorías. podemos encadernalos e formar parte da biblioteca.

Equipo de Biblioteca.

Segundo e terceiro trimestre (rematado no mes de abril).

Cada aula escolle un libro Aulas. (Itinerarios Lectores). As clases Equipo de Biblioteca. traballan sobre el, elaboran un mural, escriben algo significativo e realizan algún traballo plástico. Reúnese todo, e no mes de abril expoñemos todo.

Segundo e terceiro trimestre.

3.2. LIBRO VIAXEIRO.

4. Exposición.

12


 Educación para o acceso á información (tratamento da información e competencia dixital).

1. Localizar información. INICIATIVAS

 Planificar o traballo de busca.

ACTIVIDADES RESPONSABLES  Comprender, analizar e interpretar criticamente os resultados dunha busca.  Identificar e seleccionar a información relevante.  Aplicar criterios para valorar a  Profesorado. calidade da información: fiabilidade, actualización.  Comparar información de diversas fontes.  Reflexionar sobre a validez dos procesos de busca realizada.

TEMPO

Todo o curso

 Apoio ao estudo ou outras actividades desde a biblioteca para a compensación das desigualdades sociais.

1. Colaborar co profesorado do Programa PROA INICIATIVAS 1.Busca

información.

ACTIVIDADES de  Redacción artigos.

RESPONSABLES TEMPO de  Profesorado do  Todo o curso (en proxecto PROA. horario de tarde)

2. Traballo con  Redaccións libros da biblioteca:  Lectura colectiva. comprensión lectora,  Opinións. expresión oral…

3.

Publicar

as  As

 Profesorado do proxecto PROA.

producións 13

Todo o curso horario de tarde)

(en


producións no blog: proapintorlaxeiro @blogspot.com

escritas son supervisadas polo  Profesorado do profesor para a súa proxecto PROA publicación.

Todo o curso (en horario de tarde)

 Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca

1. Dar a coñecer á comunidade educativa o traballo desenvolvido. INICIATIVAS

ACTIVIDADES RESPONSABLES 1. Boletíns  Información á Comunidade trimestrais de Educativa das actividades Equipo de biblioteca. Biblioteca desenvolvidas.

de  Información á C.E. lecturas recomendadas.

TEMPO  Un por trimestre.

Equipo de Biblioteca.

de

 Un por trimestre.

Equipo  Información ao profesorado 3. Información das novidades que vai Biblioteca. ao profesorado incorporando a Biblioteca, das en especial aquelas que novidades.. estean relacionadas cos temas transversais.

de

 Unha vez por trimestre (cando incorporemos o material dentro da xestión informática).

2. Guías Lectura.

4. Escribir para a revista escolar ENCONTROS .

 Escribiremos sobre temas  Equipo relacionados coa lectura, os Biblioteca. libros e/ou as actividades  Equipo das TICS. desenvolvidas na Biblioteca.

14

 Terceiro trimestre.


 Accións para a integración da cultura impresa/cultura dixital.

1. Utilizar medios impresos como medios para difundir a literatura infantil e xuvenil. INICIATIVAS

1. Mantemento da cortiza exterior actualizada.

2.Creación do Blog da Biblioteca. . 4.Creación de dossieres de prensa.E confeccionar listados de páxinas web.

ACTIVIDADES RESPONSABLES  Recompilamos seccións culturais  Equipo Biblioteca. dos xornais que teñan referencias á literatura infantil e xuvenil.  Equipo Biblioteca.  Publicaremos  Coordinadora creacións propias. Biblioteca. 

Busca, clasificación de artigos relacionados na prensa escrita. Recompilación de ditos artigos en forma de murais, dossieres, libros, pósters…

15

TEMPO Todo o curso

Todo o curso

Equipo Biblioteca. Todo o curso

Alumnado.


7. HORARIO PREVISTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (RESPONSABLE E INTEGRANTES DO EQUIPO DE APOIO).

HORARIO EQUIPO DE BIBLIOTECA

LUNS

MARTES

MÉRCORES XOVES

VENRES

1º 2º

Dinamización ( Isabel García e Loli Crespo)

Dinamización ( Begoña Jara e Loli Crespo) Dinamización (María Araújo)

Dinamización (Carmen Otero)

COORDINACIÓN EQUIPOS

Recreo: De luns a venres todo o Equipo de biblioteca fai quendas de recreo para a atención da biblioteca.

HORARIO DA BIBLIOTECA (HORARIO LECTIVO)

1º 2º

LUNS

MARTES

MÉRCORES XOVES

PR 6º A

PR 3º A

IF 3 ANOS A

PR 4º B

PR 5º A

16

VENRES


PR 5º B

PR 4º A

IF 5 ANOS A

IF 4 ANOS A

PR 3º B

PR 1º B

PR 6º B

IF 5 ANOS B

IF 4 ANOS B

IF 3 ANOS B

PR 2º B

PR 1º A

PR 2º B

8. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.

Para avaliar este proxecto de mellora da nosa biblioteca recolleremos información cualitativa e cuantitativa de todos os axentes implicados. Elaboraremos enquisas para comprobar:  A adquisición de hábitos adecuados no uso da biblioteca.  O coñecemento do sistema de organización dos materiais – segundo as idades -.  O grao de utilización da biblioteca na hora semanal de lectura.  A coordinación dos diferentes equipos e o grao de implicación para realizar proxectos conxuntos.

Ao longo do curso escolar, elaboraremos indicadores, criterios ou referencias que nos permitan coñecer diferentes aspectos: 1. Respecto ao Proxecto Lector:  Os apoios recibidos da biblioteca escolar para a súa implementación.  Grao de utilización do servizo de préstamo da Biblioteca.  A dinámica xerada pola Biblioteca escolar e a capacidade real que ten o centro para organizar e utilizar os recursos bibliotecarios.  A aplicabilidade dos materiais dos materiais curriculares para o fomento da lectura nas aulas e na Biblioteca escolar.

17


 A información que ofrece a Biblioteca respecto ao desenvolvemento das actividades programadas e a difusión das mesmas.  A cohesión, o grao de implicación e compromisos dos diferentes equipos.

2. Respecto a alumnado:  O índice de lectura e o hábito creado: lecturas persoais, control de préstamo, uso da Biblioteca e das Bibliotecas de aula.  O grao de autonomía do alumnado na formación de usuarios.  A valoración dos textos producidos por eles, así coma os procesos de comprensión:

comprender

globalmente,

obter

información,

elaborar

interpretacións, reflexionar sobre o contido do texto, reflexionar sobre a estrutura co texto. 3. Respecto ao profesorado:  A inclusión dos plantexamentos deste proxecto e do uso da Biblioteca escolar nas programacións de aula.  O cambio de actitude respecto ás metodoloxías, contidos, actuacións…  A integración dun tempo dedicado á promoción e comprensión lectora no horario diario e en todas as materias.  A utilización de documentación.  Grao de colaboración e participación nas actividades complementarias organizadas dende a Biblioteca.  As actividades de formación. 4. Respecto ao pais/nais:

18


 A dispoñibilidade e o grao de implicación nas actividades de lectura dos seus fillos.  O coñecemento dos obxectivos do programa lector a través da hora de titoría ou nas reunións de principio de curso.  Os recursos humanos e materiais que podan aportar. 5. Respecto á comunidade (Concello, institucións públicas e/ou privadas):  A dispoñibilidade para facilitar medios, instalacións, actividades…  A colaboración coa Biblioteca Municipal.

BIBLIORAFÍA.  “Gramática de la fantasía”. Gianni Rodari. Ediciones del Bronce, Barcelona.  “Disfrutar escribiendo”. Antonio García Teijeiro.  “A Animación lectora “.Agustín Fernández Paz. Anaya.  “Bibliotecas y escuela”. García Guerrero, J. Junta de Andalucía.  “El deseo de leer. Propuestas creativas para despertar el gusto por la lectura”. Moreno,V. Ed. Pamieba, Pamplona.  “Como una novela”. Pennac D. Ed. Anagrama, Barcelona.  “Diez competencias básicas. Buscar para decidir”. Monereo Font C. Cuadernos de Pedagogía nº 298. 2.001  “Estrategias de lectura”. Solé I. Ed. Graö, Barcelona.  “Bibliotecas escolares, centro de recursos educativos par ala enseñanza ye l aprendizaje”. García Guerrero, J.  www.plec.es/documentos.  www.maratondeloscuentos.org/jornadas/textos_ponencias/kepa_osoro.pdf  

 http://www.fundaciongsr.es/penaranda/.  www.edu.xunta.es/biblioteca/portaleducativo/ .

19


EQUIPO DE BIBLIOTECA

20


proxecto biblio 2