Issuu on Google+

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Nº 19 CURSO 2008/09

ESPECIAL LECTURAS PARA UN RATO

IES Fernando Esquío Empedrón nº 16 Neda 15572 A Coruña Tlf 981391080 FAX 981391280

Visítanos no noso blog: www.blogfesquio.blogspot.com

Cando chove, cando estamos cansos, cando queremos voar coa nosa imaxinación, cando precisamos unha aventura ou dun momento de intriga … para todos eses pequenos ratos, hai un libro esperando por ti.

Visita a nova sección na biblioteca ...Lecturas para pasar un rato


Nunca é tarde para ser rapaz. Se pensas que o teu avó era o único que podía ensinarte a construír un arco ou a descifrar os nomes das árbores máis comúns no teu país, aprender a facer malabares con moedas, construír casas en árbores e avións de papel, debe ser porque aínda non coñeces “El libro peligroso para los chicos”. Quen mellor que un director de zoo pode saber as cousas máis sorprendentes sobre os animais? Grazas a El gran libro de los animales, sabemos que aos cervos canadenses lles gustan as caricias e que os reiseñores son ladróns. Pero ¿sabemos tamén como chegaron os animais a ser como son fisicamente hoxe en día? A colección Cabalo buligán reúne contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acubillan aos que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación. Achegádevos. Sei que estades aquí para escoitar unha historia. Unha historia da que algúns vos dixeron que era divertida, conmovedora, chea de furia... Namentres que outros vos aseguraron que non era gran cousa. Daquela, a quen hai que crer? Fixestes ben en vir onda min. Coñezo mellor que ninguén a terrible e edificante historia de os cinco narradores de Bagdad. Porque eu era un dos cinco.

Para as rapazas con espírito independente e talento para os problemas esta é a guía de aventuras non autorizada para os rapaces. “El libro peligroso para las chicas” é o manual que todas as rapazas teñen que saber: trucos secretos para sacar mellores notas, experimentos, pulseiras da amizade, nocións de chinés, a roda perfecta e ata a revelación do misterio máis grande do mundo: ¿que pensan os rapaces?... Este libro teno todo. A historia do ser humano, dende o Big bang ata os nosos días (bo, realmente neste primeiro tomo só chega ata Alejandro Magno) contada dunha forma amena, rigorosa e que che atrapa dende a primeira páxina grazas ao doce estilo de Larry Gonick, un todoterreo capaz de debuxar trilobites, dinosauros, grandes batallas, etc...Nunca estudar historia foi tan divertido. Por que as abellas non teñen cintura de avespa? Fóndenselles os plomos aos vagalumes? Vanse de vacacións os animais? É o lobo tan feroz? Teñen as vacas dentes de leite? É a ovella negra unha marxinada? É pacifista o peixe espada?... Todo isto e moito máis en ¿Tienen los animales que lavarse los dientes? “Fai moito, moito tempo, cando o mundo era neno?”. Así é como empezan todos os chamanes (bruxos ou sabios) dos aborígenes a contar a historia da tribo, a nosa tribo que é agora a Humanidade completa, as xentes que falan todas as linguas no planeta que compartimos. Este ano con páxinas 3D! ¿O home máis forte do mundo? ¿Todas as marcas de Harry Potter? Os dez mellores videoxogos da historia. As marcas máis sorprendentes dos teus deportes favoritos... . Todo isto e máis no libro máis famoso do mundo, agora con incribles páxinas despregable en 3 dimensións! Contén de regalo uns lentes para poder ver as imaxes en 3 D.


Lecturas para pasar un rato