Skip to main content

Caderno Literario 2012_Certame UXÍO NOVONEYRA

Page 1

LEGAS A G S LETRA

2012

o í x a r U y e n o v No 2º ME CERTA A R IO LITER

Ceip Balaídos 2011-12

Secretaría Xeral de Política Lingüísti-

Contos Premiados


O meu nome é Alberto, teño 87 anos e son o único supervivInte da famosa masacre do colexio Balaídos. Corría o ano 2012, e aínda era un neno de 11 anos que só se preocupaba de pasalo ben cos amigos e de sacar boas notas, como calquera outro rapaz desa idade. O día da presentación déronnos a nova de que a clase na que nos correspondía había problemas e polo tanto deberíamos empregar durante todo o ano a clase Nº 51, tamén coñecida durante anos como “A CLASE MALDITA”. Sobre ela corrían moitas lendas escuras sobre... zombies. O caso é que a aula fora no seu día unha sala de tortura, onde se practicaban os piores dos castigos (o edificio no que estaba o colexio fora, moitos anos atrás, un sinistro e tenebroso cárcere). Transcorreran un par de meses dende que empezara o curso, cando comezaron a acontecer extranos sucesos: Escoitábanse berros de persoas cando se abría a porta, as luces ían e viñan cada dous por tres, aparecían mensaxes no taboleiro, e nas ventás reflectíanse caras de persoas. Un día, Martín, Iván, Roque, Marcos e máis eu, saíamos da biblioteca e dirixiámonos ao baño cando nos atopamos co cadavre do conserxe que estaba esnaquizado. Alporizados, apresurámonos cara ao laboratorio para agocharnos, pero cando chegamos vimos que os polos que tíñamos alí estaban cheos de sangue, comendose a un dos rapaces da clase de ao lado. O pior foi cando o cadavre do rapaz recobrou vida.Cando se puxo en pé díxonos: -‘’Non sairedes con vida deste colexio maldito’’- Corremos dereitos cara ao patio para dar aviso do acontecido.


Cando saíamos, a nosa sorpresa foi que tódos os alumnos do colexio permanecían inmóbiles, observándo como o noso titor devoraba un cadavre que colgaba dunha das canastras. De súpeto, vímonos rodeados por un cento de rapaces que inmediatamente nos colleron e nos colocaron no frontón. Os rapaces tiñan a mirada perdida, coma se foran zombies que non tiveran alma propia. De súpeto, Martín díxonos: -‘’ Rapaces, cando vexades a oportunidade, correde para salvar a vida.’’Entón botou a correr cara aos zombies tirando petardos para que centrasen a súa atención nel e puidéramos fuxir. Nós botamos a correr e de súpeto os zombies comezaron a perseguirnos, aínda que era bastante difícil que conseguisen atraparnos. Nese mesmo intre Roque tropezou, caindo estrepitosamente ao chan. Marcos, crendo que podía axudar ao seu amigo, deu volta para tirar de Roque, pero xa era demasiado tarde e os zombies pasaron por riba deles. Só quedabamos con vida Iván e máis eu. Parecía que tíñamos perto a salvación, pero ao chegarmos á entrada do colexio vimos que ésta estaba pechada, xa non había por onde fuxir. Cheo de xenreira, Iván colleume e lanzoume por riba da verxa da entrada, deixándome fóra do alcance dos zombies para que eu puidese escapar, aínda que lle custou a súa propia vida. Fuxín dese lugar o máis axiña posible e advertín ás autoridades, que en canto se percataron do que estaba a ocorrer alertaron ao exército, que aniquilou a ameaza zombie. Aínda é hoxe en día que: ninguén sabe o porque deses extranos acontecementos. FIN


Nun bosque cercano a un pequeno pobo, vivía unha bruxa que sabía preparar todo tipo de brebaxes máxicas: para curar alerxias, enfermidades… de todo!. E os habitantes do pobo sempre íanlle pedir axuda cos seus problemas. Pero a bruxa, era moi egoísta, e botábaos fóra, unhas veces polas boas e outras polas malas. Un bo día, chegou ao pobo unha estraña enfermidade: ninguén sabía a causa, nin a cura. Outra vez, cun último intento por salvarse e cunha chea de esperanza, os habitantes foron pedirlle axuda á bruxa. Pero ela, sen inmutarse nin un pelo, vendo as pobres caras daquela xente desgraciada, botounos fóra outra vez, ameazándolles con convertirlos en sapos. Daquela, aínda tíñamos un problema: a bruxa, ía ao pobo coller ingredintes para as súas brebaxes máxicas. Pouco a pouco, os habitantes do pobo foron perecendo, e ao final, todo o pobo quedou completamente baleiro. Un día coma outro calquera, a bruxa foi ao pobo mercar ingredientes, pero na tenda non había ninguén. Cunha grande sospeita na mente, foi percorrendo tódalas casas, unha por unha, ata nos recunchos máis escuros.


Pero non atopou a ninguén!. Decatándose do que fixera, a bruxa púxose a chorar, pensando no egoísta que fora durante toda a súa vida. Entón, decidiu devolverlle a vida a todas aquelas persoas que non lle fixeran ningún mal. Pensou nun brebaxe para que os aldeáns revivisen, e de súpeto ocorréuselle unha brebaxe que podía funcionar. Foi ao bosque, e alí atopou os ingredientes necesarios para preparar a brebaxe máxica. Tardou un día enteiro, pero ao final estaba listo. A bruxa volveu o pobo e foi botando un chisco de brebaxe nos beizos de cada aldeán. Ao día seguinte, todos os aldeáns espertaron, e, cando se deron conta do que a bruxa fixera por eles, celebraron unha gran festa na súa honra. E a bruxa, para agradecérllelo, seguiu axudando aos habitantes do pobo durante moitos anos, ata que morreu feliz, por ter axudado aos aldeáns, pagando tódolos males que lles fixera antes.


Hai pouco tempo, eu era un pequeno ovo de pega. Estaba nun niño grande, nun vello carballo da Fraga do Eume. Os meus pais tratábanme moi ben, aínda que eu tardaba máis que os meus irmáns en nacer. Un día os meus pais e mailos meus irmáns notaron un cheiro, un tanto raro. Logo viron un resplandor no horizonte e, por último, viron unha árbore caír. Co medo, todos me deixaron só e voaron ata moi lonxe. Conseguín abrir o meu ovo e fun quen de saír. Non sabía que facer. O lume estaba moi perto!


De súpeto, o niño caeu e rematou enriba dun coche. O coche transportouno ata un pobo, moi lonxano. Nel ían unha nena, o seu pai e a súa nai. Eles coidáronme ata que se recuperou o monte tralo lume e, logo, leváronme de novo alí. A nena despediuse de min e volvín coa miña nai e os meus irmáns, mais… eu púxenme moi triste porque o meu pai morrera. Aos poucos foime pasando a tristura. Eu rematei sendo pai e tendo fillos. FIN


Erase una vez un can grande, forte e comilón. A cor que maislle gustaba era a azul. O can perderase no bosque da escuridade. Chamábase “O BOSQUE DA ESCURIDADE” porque non existira a cor verde, entón decatouse de que él podería facer a cor verde. Empezou a coller moitas cores: a cor azul coa vermella, a amarela coa laranxa, a negra coa violeta, a marrón coa branca, a cor ocre coa lila, a gris coa rosa e por último a cor dourada coa prateada. Pero non atopou nada, non encontrou a cor que tiña que encontrar.


Entón de repente viu un lobo que tiña una mancha de cor verde. O can foi xunto ao lobo e díxolle: Como fixeches a cor verde? – dixo o can Fácil, mesturei a azul coa amarela e atopei a cor verde – dixo o lobo Entón o can mesturou toneladas de azul e amarelo. Fixo tanto que tivo unha idea: o bosque da escuridade sería de cor verde. Cando o fixo, todo o mundo aplaudiu e foi así como, agora, as árbores son de cor verde


Era unha mañá normal. Todos os nenos e nenas espertaban para ir ao colexio. Os nenos e nenas do Colexio Balaídos de 2ºA berraban moito e ao profe Manolo estoupáballe a testa. E un día pensou: - E… se preparo unha brebaxe? Precisamos: • Unha ola, e botamos 100 ml. de “pis” de lagarto. •

Remexemos 8 veces.

•

1 dente de crocodilo, e despois engadímolo á ola.

•

Remexemos 800 (oitocentas) veces.


•

Botamos unha lingua de rata peluda.

•

Engadimos un pelo de cada neno da clase.

•

E… remexemos 1.384 (mil trescentas oitenta e catro) veces.

•

E deixámola repousar 1.300.000.884 ( mil trescentos millóns oitocentas oitenta e catro) noites.

•

Botamos 200 ml. de cuspe de peixe, engadimos a tesoira para cortar linguas e botamos na ola.

•

Remexemos e probamos.


Érase unha vez un neno chamado Brais que era pobre, e non tiña xogos e puzles para xogar. Unha vez atacaron con bombas e tivo que mudarse a outro pobo. Alí caeuse dun muro ao mar e viu un tiburón, pero aínda que non sabía nadar, coa súa valentía nadou e salvouse. Volveu cos seus irmáns e atopouse coa raíña do xeo que quería enganalo. Apareceu Papá Noel e regaloulle unha espada para liberar ós seus irmáns e matar a raíña. Entón, a raíña usou os seus poderes máxicos e conxelou a Brais. Como os seus irmáns destruiron o xeo coa espada, salváronse todos. FIN


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia". Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero. Máis de 40 anos despois, celebrados días e dias das letras galegas, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso Pais, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.


Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente. E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal. Xa este primeiro ano se editou un libro, unha edición critica de CANTARES GALLEGOS realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinaria, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambentes populares. Despois -a partir de entón- fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas, e hoxe está nun momento en que parece que responde xa ó que pretendiamos todos: Que a festa das Letras Galegas teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambentes minoritarios senón nos ambentes do pobo".

Texto do libro "Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993


2012 Valentín Paz Andrade 2011 Lois Pereiro 2010 Uxío Novoneyra 2009 Ramón Piñeiro 2008 Xosé María Álvarez Blázquez 2007 María Mariño 2006 Manuel Lugrís Freire 2005 Manuel Lorenzo Varela 2004 Xaquín Lorenzo, Xocas 2003 Avilés de Taramancos 2002 Frei Martín Sarmiento 2001 Eladio Rodríguez González 2000 Manuel Murguía 1999 Roberto Blanco Torres 1998 Trobadores da ría de Vigo 1997Ánxel Fole 1996Xesús Ferro Couselo 1995Rafael Dieste 1994Luís Seoane 1993 Eduardo Blanco Amor 1992 Fermín Bouza-Brey 1991 Álvaro Cunqueiro 1990 Luís Pimentel 1989 Celso Emilio Ferreiro 1988 Otero Pedrayo


1987 Francisca Herrera Garrido 1986 Aquilino Iglesia Alvariño 1985 Antón Losada Diéguez 1984 Armando Cotarelo Valledor 1983 Manuel Leiras Pulpeiro 1982 Luís Amado Carballo 1981 Vicente Risco 1980 Afonso X o Sabio 1979 Manuel Antonio 1978 Antonio López Ferreiro 1977 Antón Villar Ponte 1976 Ramón Cabanillas 1975 Xoán Manuel Pintos 1974 Xoán Vicente Viqueira 1973 Manuel Lago González 1972 Valentín Lamas Carvajal 1971 Gonzalo López Abente 1970 Marcial Valladares Núñez 1969 Antonio Noriega Varela 1968 Florentino López Cuevillas 1967 Manuel Curros Enríquez 1966 Francisco Añón 1965 Eduardo Pondal 1964 Daniel Rodríguez Castelao 1963 Rosalía de Castro


“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño"


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Caderno Literario 2012_Certame UXÍO NOVONEYRA by balaidos centro - Issuu