1ºA
Érase unha vez un paxariño. Era moi pequeniño e de cor vermella. As súas patas eran laranxas e delgadas. Un día, ao amencer, a súa mamá colleu moitos vermes e levounos ao niño, pero decatouse de que desaparecera o pequeno paxaro.
1ºB Pompi
quería
aprender
a
voar,
así
que
comezou a bater as súas ás pero non acontecía nada. Seguía no mesmo sitio. Pensou e pensou, ata que se lle ocorreu unha idea. Saltou do niño e bateu moi forte as ás e... sen decatarse comezou a voar.
2ºA Pero como aínda non practicara o suficiente, axiña caeu e mancouse nunha pata. Vendo que estaba só botouse a chorar. Sentíase triste, dorido e asustado, ata que por alí pasou un veterinario. Mentres tanto a nai de Pompi agardábao no niño...
2ºB Tiña uns vermes fresquiños para el. Estaba preocupada e moi triste, así que decidiu pedirlle axuda aos seus amigos. Foi buscar a Marta a lagarta e preguntoulle: −
Marta, viches a Pompi?
−
Non, non o vin! Pero podemos ir preguntarlle ao bufo sabio.
Xuntos, mamá paxaro e a lagarta foron a casa do bufo sabio que vivía no alto dunha árbore.
3ºA Mamá paxaro e Marta, a lagarta, chegaron ao alto da árbore. Atoparon ao bufo lendo o seu libro máxico que vía o futuro. O bufo preguntoulles: −
Que queredes?
E a mamá paxaro respostou: −
Queremos saber onde está o meu fillo.
O bufo abriu o libro. E o libro leu o pensamento do bufo e escribiu a resposta.
3ºB O libro do bufo escribiu que o paxariño estaba moi asustado pero nun lugar seguro. Mentres
isto acontecía,
o veterinario
xa
recollera a Pompi e o levara á clínica. Alí vendoulle a patiña e deulle de comer alpiste. Meteuno nunha gaiola grande onde coñeceu a unha amiga, chamada Lora.
4ºA Lora era unha fermosa “periquita” que facía honra ao seu nome. −
Ola paxariño. Como te chamas, e que fas por aquí?
−
Ola. Chámome Pompi. Un veterinario tróuxome porque teño unha ferida nesta pata.
−
Estou encantada de que esteas na miña gaiola. Levo varios días e estou moi aburrida. Lora e Pompi pasaban as horas falando, contándose as súas vidas…
Pero, Pompi non deixaba de cavilar no inqueda que estaría a súa nai. O paxariño explicou a Lora o que lle preocupaba e entre os dous acordaron artellar un plan para saír daquela prisión.
4ºB O veterinario en realidade era un ladrón. Roubaba os animais e vendíaos a prezos moi altos. Na súa clínica tiña: cans, morcegos, camaleóns, xabaríns, serpes,… Mentres tanto o bufo sabio fíxolles un mapa coas instrucións para que a mamá puidese atopar ao seu fillo.
5ºA Lora e Pompi estiveron falando toda a noite e idearon un plan. Cando amenceu contáronllelo a todos os animais. O plan consistía en que como Pompi era pequeno e adelgazara pola pouca comida que lles daban, cabería polos barrotes da gaiola, e roubaría as chaves do seu despacho sen que o veterinario se decatase. Aos animais gustoulles a idea e Pompi pensaba que tiña que saír de alí como fose, pois a súa nai estaría preocupada. Lora parecía tranquila, quizais por levar alí máis tempo ca el. Cando chegou a noite, Pompi saíu, colleu as chaves e soltou a todos os animais. Pola mañá, cando o veterinario abriu a porta, os animais saíron en “estampida”.
5ºB Nesta “estampida” Pompi perdeuse, non soubo por onde saír e quedou só na clínica. Lora, ao ver que o seu amiguiño non a seguía, deu volta e topouse con Pompi deitado. Lora anicouse detrás dun moble mentres o veterinario collía a Pompi e o volvía meter na gaiola. Chegada a noite, Lora colleu as chaves do veterinario e abriu a gaiola, colleu a Pompi polo peito e levouno ao bosque. Xa non podían máis! Deitáronse ao pé dunha árbore e alí quedaron durmidos. Lora, ao espertar, decatouse de que o veterinario estaba preto. Entón ocorréuselle facer unha trampa: atar unha corda dunha árbore á outra.
6ºA O veterinario chegou e, sen decatarse de que Lora e Pompi fixeran unha trampa, bateu coa corda e estampouse contra o chan. Lora e Pompi, aproveitando que quedara inconsciente, atáronlle os cordóns ao cinto. Querían fuxir de alí, pero o veterinario espertou e, cando intentou erguerse, viu a trampa que lle puxeran. Sacou do peto un coitelo e cortou os cordóns dos zapatos, mentres Lora e Pompi fuxían. Como o veterinario era tan alto, atrapou a Lora por unha á. Pompi tentou rescatala, pero... era demasiado tarde! A única maneira de alcanzalo era voar.
6ºB Nese momento pasou por alí a nai, Marta a lagarta e o Bufo Sabio. Pompi, ao ver á súa nai, non a quería decepcionar. Pompi respira, vai á carreira, e de súpeto… POMPI ESTABA VOANDO!!! Daquela, un refacho de vento desvía a Pompi, cravándolle o peteiro no ollo ao veterinario. Este solta a Lora. E os dous paxariños foron onde a nai de Pompi dicíndolle:
−
Mamá, fuxe! ...Faime caso! A nai sae correndo canda eles e, cando Pompi ve que xa non
está o veterinario, agóchanse nunha árbore. Nai e fillo abrázanse felices, mais daquela ela decátase de que Pompi non está só. Ten unha amiga. Como Lora non tiña pais, a mamá de Pompi proponlle que vaia vivir con eles. Lora, moi leda, contesta: −
Claro que si! E deste xeito foi como Pompi aprendeu a voar.