Skip to main content

CADERNO DO CERTAME LITERARIO DO ANO 2014

Page 1

2014 Ano de Xosé Mª Díaz Castro

Equipo de Dinamización da Lingua Galega C.E.I.P. BALAÍDOS_ VIGO


As 3

R

debemos coñecer,

se non as sabedes, escoitade ben:

Recilar, Reutilizar e Reducir senón o planeta vaise fundir. Se Reciclamos, o planeta melloramos. Se Reutilizamos, ao planeta axudamos. E para Reducir, ao planeta deberemos unir. Para todo isto facer, non nos debemos esquecer das nosas R queridas, por nós xa coñecidas.


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Currículum Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. Obras realizadas Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía. Outros datos de interese O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).


Coas súas cores branca e azul Galicia baila coa súa saia de tul. Galicia sempre está alegre aínda que teña febre. A súa lingua especial para ela é especial. Gústalle bailar a muiñeira, e cantar a rianxeira. A gaita sabe tocar e non patra de practicar. Galicia enche de amor aos que están ao seu redor. Vén visitala e non poderás olvidala.


As árbores no bosque crecen sen parar, porque ao ceo queren chegar.

Eu quero subir a elas para o mundo mirar. E a unha nube poder saltar.


A cidade de Vigo sempre estará comigo. É a miña doce morada que me ten namorada. A cidade de Vigo é tan divertida que nunca estou aburrida. As súas praias son tan fermosas coma un campo de rosas. Desde O Castro ata A Guía, mírase toda a ría. Da cidade de Vigo non podes marchar sen un bo marisco probar.


Namoreime en Vigo, namoreime “mogollón”. Namoreime de ti nena porque vales un montón. Es moi guapa, es moi xeitosiña e os ollos da túa cara para min son moi ben feitiños. Namoreime en Vigo, namoreime con paixón. Ti es a luz que guía os latexos do meu corazón.


Non é facil estudar pero o temos que facer

se queremos aprobar e entender.

Coñecemento, coa xeografía co medio ambiente,

aprendendo astronomía e os nomes da xente.

Lingua castelá, cos verbos e as faltas de ortografía

con `` v ´´se escribe servos e con til secretaría. Lingua galega temos que aprender, para poder falalo todos os días, obras de teatro e poesías

en galego teñen que ser. Matemáticas,cos números e os problemas por resolver dos últimos a os primeiros hainos que facer.

Inglés, é un idioma dificil de entender,

hai palabras como WOMAN que tedes que aprender.

Música,cos instrumentos coas cancións e as partituras, coa frauta somos moi lentos porque hai moitas figuras. En ximnasia ,exercicio, correr e saltar,

tendo como beneficio que podes adelgazar. Aínda que haxa moitos exames nunha semana que preparar, se ti estudaches e o sabes


Eu soñei que estaba en París na casa da miña tía comendo pan con anís. Eu soñei que estaba comendo empanada, mentres noutra mesa unha nena cantaba. Eu soñei que estaba navegando polo mar, mentres vía sereas xogando con corais. Eu soñei cunha Moreira, estaba sentada ao lado dela comendo amoras e un pouco de paella.


A Lúa ilumina a noite. Ás veces parece de prata. As estrelas tintinean xoguetonas. Imaxino un mundo de luz, de paz, de amor, e ledicia.


A xoaniña vive nun prado con flores de moitas cores. As cores brilan como o Sol nunha mañá de corazóns. Nunha mañá de primavera sae o Sol brilando coma unha estrela. O Sol levántase ao ceo coma un paxaro amarelo.


En Vigo hai un río que se chama Lagares. É moi longo e pasa por moitos lugares. Pasear por el é un pracer co meu pai ou co meu can nunca, me hei cansar. O río Lagares ten moitos peixiños. Pasas por unha ponte e velos todos, todiños. Entre as herbas moitas lampreas se ven, dámoslles pan para que contentas estean. Hai moitas papoias, son de mil cores. Son moi bonitiñas voan entre as flores.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
CADERNO DO CERTAME LITERARIO DO ANO 2014 by balaidos centro - Issuu