3º CERTAME
Uxío N o vo n ey ra
CADERNO LITERARIO Letras
Galegas Maio de 2013
2013 Ano de Roberto Vidal Bolaño
Equipo de Dinamización da Lingua Galega C.E.I.P. BALAÍDOS_ VIGO
Sendo as 16:00 h do día once de maio de 2013, reúnese o Xurado do 3º Certame Literario “UXÍO NOVONEYRA 2013” do Ceip Balaídos de Vigo composto polas seguintes persoas, todas elas docentes deste centro escolar: Gómez Álvarez, Mª Cruz Martínez Rodríguez, Gladis Quintana Álvarez, Patricia Ramos Fernández, Rafael Sapia Rodríguez, Mercedes Tapias Bravo, Inmaculada Quen, trala lectura das obras presentadas ao Certame nas distintas categorías convocadas e de acordo ás bases publicadas no seu día, deciden OUTORGAR os seguintes premios: Na CATEGORÍA DE ALUMNADO. O premio Uxío Novoneyra para o primeiro nivel na categoría de relato é para a obra: “A gacela Julieta ponnos a dieta” de Giovanni González Alzate de 1ºA. O premio Uxío Novoneyra para o primeiro nivel na categoría de poesía é para a obra: “O río Lagares” de Maia Pérez Fernández de 1ºB. Como non houbo ningún participante na categoría de relato para o segundo nivel, pois… non podemos dar ningún premio! O premio Uxío Novoneyra para o segundo nivel na categoría de poesía, é para a obra “Adícolle este poema a primavera que chega” de Naira Blanco Alcántara de 2ºB.
O premio Uxío Novoneyra para o terceiro nivel na categoría de relato é para a obra ” Eu quero ser un superheroe” de Icía Pena Lestón de 3ºA. O premio Uxío Novoneyra para o terceiro nivel na categoría de poesía é para a obra “A bechería de María” de María Martínez Lorenzo de 3ºB.
O premio Uxío Novoneyra para o cuarto nivel na categoría de relato é para a obra “Historia dun bote de xabrón” de Carmen Otero Prieto de 4ºA. A categoría de poesía quedou deserta, así que…. Non hai premio! O premio Uxío Novoneyra para o quinto nivel na categoría de relato é para a obra “O grande e monstroso insecto Woman” de Noa Fontaíña Maquieira de 5ºA. O premio Uxío Novoneyra para o quinto nivel na categoría de poesía é para a obra “As vogais” de Roi Cortón Fernández 5ºB. O premio Uxío Novoneyra para o sexto nivel na categoría de relato é para a obra “Houbo un tempo” de Sara Álvarez Fernández de 6ºB. O premio Uxío Novoneyra para o sexto nivel na categoría de poesía é para a obra “O meu ceo persoal” de Lucía Álvarez Álvarez de 6ºB. Na CATEGORÍA de EXALUMNADO. O premio Uxío Novoneyra na categoría de exalumnado é para o relato “O retorno” de Gonzalo Fernández Fernández alumno de 2º da ESO do IES Alexander Bóveda. Na CATEGORÍA de FAMILIARES MAIORES DE 18 ANOS. O premio Uxío Novoneyra na categoría de membros das familias do alumnado actual (maiores de 18 anos) é para o relato “Xan dos Trobos” de Emmanuel Bourgoin. O premio Uxío Novoneyra de poesía é para a obra “O bosque” de Patricia González Domínguez.
,
O Coord. do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Rafael Ramos Fdez
Érase unha vez unha gacela que puxo a un tigre e a un león a dieta. E fixéronse os mellores amigos. Correron xuntos e xogaron ao “pillapilla”. Pero, a gacela caeu nun río. O tigre e mailo león salvárona e saíron da auga. E o tigre xa foi fraco e o león non foi dormilón.
Preto do meu cole pasa un río. Chámase Lagares, e é moi bonito.
Ten lindas prantiñas, como as glicinias, unha chea de flores de moitas cores.
Ten árbores grandes, parrulos e aves, peixes pequeniños e outros máis grandes.
Nenos e maiores desfrutando a montóns, correndo, xogando e coa bici paseando.
Preto do meu cole pasa un río. Chámase Lagares. É moi bonitiño.
XUPI, o robot afeccionado aos comics, non os para de ler. Le comics de Batman, de Super Man, dos Catro Fantástics…de todos. Hai dúas semanas XUPI leu un cómic novo, superfantástico, chamado “MORTAL” -Que guai!- dixo XUPIÉ fantástico! Quero ser un superheroe! XUPI colleu un mantel vermello, atouno ao pescoo e decidiu chamarse: XUPI MAN! Foi onda MARTINA, unha nena moi guapa e díxolle: -Mira, Martina! … Son XUPIMAN!! - Xupi….MAN???- dixo Martina abraiada. - Siiii! XUPI MANNN!!!- repetiu XUPI. - Jajajajajajaja!!!!!!- ría Martina cada vez máis. -De que ris, Martina?- dixo Xupi, un pouquiño alporizado. -De ti!...Fasme graza, XUPI!- dicía Martina aguantando a risa de tola. - Ai, XUPI! Tes 9 anos, tes a cara azul, as mans vermellas, es moi guapo… Pero non podes ser un superheroe!- dixo Martina, queréndollo explicar. -Sniffffff!!!!!...Podo selo e…demostrareicho- dixo XUPI, chorando. XUPI non tiña razón. Só fixo “burradas”! Martina si que levaba razón. XUPI foi medrando e deuse conta de que servía para facer feliz á xente.
RATOS, PEIXES E CURUXAS LAGARTOS, SERPES E TARTARUGAS, TODOS NA MIÑA CASA ESTÁN E A MIÑA NAI NON DEIXA DE BERRAR.
LÁVOOS, LÍMPOOS E ALIMÉNTOOS, DOULLES AGARIMO CON MOITO FUNDAMENTO. CANS, GATOS E PAXAROS EN INVERNO E EN VERÁN.
ANXELA, ZERI, DUNA E MAIS BREIXO TODOS ME AXUDAN NO MEU COLEXIO. COLLEMOS CARACOIS E ZAPATEIROS, BECHOS GRANDES E PEQUENOS, TODOS VAN PARA A MIÑA CASA NO MEU CUARTO, NO BALCÓN E TAMÉN NO SALÓN.
O MEU AVÓ AXÚDAME, O MEU CURMÁN TAMÉN A MIÑA TÍA ADÓRAOS E MIÑA NAI A TODOS OS QUERE ESQUECER.
VETERINARIA HEI SER CANDO SEXA MAIOR PARA A TÓDOLOS BICHIÑOS COIDAR E TELOS AO MEU CARÓN.
A MIÑA NAI VAI ESTOUPAR DE TANTO BERRAR, PERO EU COS MEUS ANIMALIÑOS VOUME QUEDAR.
Un día Xaime, un neno que só tiña 6 anos, íase bañar. Entón un xabrón, comezou a supricar: -Que me colla a min, que me colla a min!- repetiu o xabrón. -E por que queres que te colla se xa baleirou todos os botes?- preguntou un xabrón moi vello. -Si…iso!- dixeron todos os xabróns á vez. -Pois… porque eu son novo!- dixo o xabrón. -Non te fagas ilusións! – dixo o xabrón ancián- De seguro que te baleira enteiro! -Uiiiii! E por que o sabes?- preguntou o xabrón novo. -Uhmmmm!- quedouse pensando o ancián. -Porfi!!!- insistindo. -Vale!... Pois veña! Cóntovos!... Titúlase: “O MATA BOTES DE XABRÓN” Todo comezou unha mañá tranquila de verán. Ía sol, e Marisa (a nai do neo que se ía bañar), decidiu facer a compra. Na sección de baño colleume do andel e dixo: -A canto está este? -A 9.95€, señora!- respostoulle un home. Era o máis barato e claro que me mercou. Na casa, ao entrar no baño e ver ao neno (que por alí tería uns 3 anos) deume mala espiña.
-Ao rematar a ducha xa me tiña esgotado….sen pinga! A súa nai, Marisa, decatouse de todo e deulle unha boa “bronca”… E este foi o FIN da historia… -Gustouche???- preguntoume -Si! –respostei. -Pero… ti tes 3 anos?- preguntei. -Si! -E… estás baleiro?- díxenlle -Si!!- volveu respostar. - Entón…como non te tirou ao lixo?- volvín preguntar. -Pois… cando a nai regañara ao seu fillo, dixéralle que pensase no que viña de facer e, que como tiña 3 anos non o pensou. A nai alporizouse tanto que lle dixo que recordase o seu erro para sempre e por iso….DEIXOUME AQUÍ!- explicou o xabrón. -Grazas por explicarmo todo!. Agardo entón que Xaime non me colla!!!! FIN
Unha mañá tras un soño intranquilo, espertei convertida nun monstroso insecto. Case me esvaio do susto ao mirarme no espello. Era horrenda e anana, unicamente tiña catro pelos na testa e amais eran vermellos, tiña unhas diminutas ás, e perniñas esmirriadas. Quería chamar pola miña mellor amiga, Sara, pero o teléfono era moi grande, para un insecto coma min, poderíamos dicir que era xigante. O que decidín facer foi estrear as miñas ás para ir voando a casa da miña amiga. Para chegar, había que cruzar a estrada, pasar por diante dun bar, onde case sempre estaba todo o mundo bébedo; logo, xirar á dereita e xa estabamos diante da casa da miña amiga. Como era un becho, podía coller un atallo. Baixei á rúa e decidín cruzar voando, pero achegouse un camión e sacoume polos aires, tirándome ao chan. Estaba inconsciente e un coche viña atropelarme, cando, de súpeto, levanteino no aire e fuxín voando. Cando cheguei a casa da miña amiga, entrei pola ventá e, inda que ao principio se asustou un pouco, logo escoitoume e expliqueille todo o que ocorrera.
Díxome que podía ter poderes coma a formiga atómica, pero eu quería ser humana e pregunteille se podía axudarme. Pasámonos unha hora cavilando, cando tivemos unha idea: ir ver un especialista en casos paranormais. Á mañá seguinte, fomos ver ao especialista. Sara levoume nun petiño da chaqueta. Ao chegar, o especialista, que se chamaba Xoán, díxonos que el tiña unha poción máxica, pero que como estabamos en crise, custaba 100 euros. Sara e máis eu, loxicamente, non tiñamos tantos cartos e Xoán non nos puido rebaixar nada. Quedámonos moi tristes, sobre todo eu, porque nunca podería ser unha persoa normal. En realidade, non podería ser unha persoa! En toda a noite non puiden durmir, e decidín usar os meus poderes para acadar os cartos facendo un teatro. Pola mañá había moita xente mercando entradas. A función foi un éxito, e recadamos 150 euros. Fomos pagarlle a toda présa a Xoán e el converteume de novo en persoa. Como estaba moi leda, doei os outros 50 euros a unha ONG. Entón funme coa miña amiga Sara ao cine para celebralo. FIN
Non voa polo ceo pero camiña polo chan nada xunto un barquiño esta é a letra “a”. Vive nun pobre pesebre pero é moi feliz o “e” é un pobre mendigo que non sabe por onde ir É moi cativiño estouche falando do “i” na auga non quere meterse pero despois non quere sair. Estache moi gordiño e non quere adelgazar parece unha pelota do “o” estouche a falar. Dentro dun baúl vive dentro de burro está do “u”estouvos falando do “u”estou a falar.
Houbo un tempo en que a terra estaba chea de sombras, a sombra da guerra, que non quedaba moi lonxe, a sombra das dúbidas, a da ignorancia, a do dor, a do medo... e a máis presente de todas, a da morte. Matías, que estaba farto de vivir baixo o mandato destas sombras, decidiu buscar unha solución. Nos abundantes ratos que pasaba só, pensaba moito nisto. Certo día, decidiu ler algo e colleu o primeiro conto que viu. Aos segundos quedou inmerso na lectura. Aquel entretido conto comezaba cunha familia de tres nenos que unha noite quedaban sós na casa. Nese intre aparece un rapaz que non quería medrar e que se refuxiaba nun mundo marabilloso no que podía voar. Entrou na casa dos nenos e, sen querer, armou moito barullo e espertou a unha das nenas da casa, Wendy. Esta decátase axiña de que ao seu invitado lle faltaba a sombra e axúdalle a atopala. Buscárona por toda a casa ata que a viron agochada nun recuncho, agarrárona e coséronlla aos pés de Peter Pan.
PUM! De golpe pechou o libro. - Xa está!!!- Berrou entusiasmado. E si, tiña toda a razón, atopara a solución aos seus problemas coas sombras. Non había máis que atalas aos nosos pés!!!!! Saíu do seu cuarto a toda présa, correu xunto aos seus pais e contoulles a idea. A eles non lles pareceu mala e, como naquela vila as ideas voaban como a pólvora, en menos que canta un galo enterouse ata o veciño que vivía debaixo da ponte. Todos achegaron o seu gran de area, e pouco a pouco, as sombras foron quedando aos pés da xente e deixaron de interpoñerse entre as persoas e a luz.
Matías pensou que, ás veces, na literatura, atópanse as solucións a todos os nosos problemas. FIN
O meu ceo personal; que podo dicir del? Hai todo o que eu quero, e moito mas nel. Hai pequenos paxariños, que son moi coloridos, poñen ovos nas árbores, facendo pequenos ruidiños. Os gatos, desacougados, perseguen pequenos ratos; percorren dun lado ao outro buscando nos buratos. No meu ceo persoal hai persoas ás que eu quero, xente á que eu añoro, e todos os meus compañeiros. No meu ceo persoal non teño preocupacións, sempre vai calor, sempre son vacacións. Adeus nenos e nenas, non creades que é mintira, que o que é máis certo, é que hai un ceo aí enriba.
Choveu a cachón durante toda a noite. Cando acordou pola mañá e ollou o sol sobre o horizonte debuxou a súa boca un leve sorriso. No entanto todos os soldados durmíamos e esqueciamos a batalla que ía acontecer. Cando fomos espertando alí estaba Máximo, na porta cara ao sol, de fronte. O exército asexaba un gato silandeiro, ninguén destacaba, ninguén falaba, todos procuraban unha miragre, para que a morte fose esquiva connosco. A miña armadura impecábel, penduraba no meu colgadoiro. Sen pensalo. chegueina e biqueina. Non sabía o motivo,pero xa que me sacou de tantas , unha máis,non lle custaría moito. Un formigueo percorría o meu estómago, aterrecíame a loita. Ollei a Máximo, testemuño dos maiores logros da historia romana. Ficaba tranquilo, espreitando a luz do sol. Ouvimos un golpe , ao que todos respostamos con numerosos berros, e sen pensalo, recollemos as nosas armas e acudimos onda os cabalos. Montamos e eu fun onda os soldados. Máximo colocouse diante cun belo cabalo de branca pelaxe e dispúxose a falar: -Se mañá espertades nun longo campo amárelo, tranquilos , estaredes no Eliseo, pero recordade que non estaredes se non volo merecedes , e lembrade que todo o que se fai na vida ten o seu eco na eternidade , LOITADE POR ROMA !
As palabras do xeneral soterraron todas as dúbidas que quedaban entre nós. As pegadas do cabalo marcaban o camiño cara á vitoria e alá fomos , coma un forte lóstrego.
Bébedos de coraxe e valentía e coa eternidade como bandeira, loitamos con paixón e sen descanso. Sangue , suor , pó…; Rinchos e berros rachaban o ceo anubrado ao tempo que ferventes espadas ferían o aire.
Faltaba o máis doce , o retorno á patria , onde chegabamos todos , agás aqueles que non fixeron caso ao gran xeneral.
FIN
- 45º ao Leste! - Xa vou. - Levanta máis. - Levanta, o que? - O cú! Parece que che pesa un montón! Así é o meu tío: non ten máis que facer que se meter comigo. Mais eu non calei: - Que pasa co meu cú! Mira quen vai falar, se o teu case non pasa pola porta da colmea. - Cala a boca, neno! E non deixes de botarlle o ollo ao meu cú se non queres que che pase como ao Xan dos trobos! - Díxome o meu tío anoxado. - Xan dos trobos, e logo quen é ese? - Ponte ao meu carón e escoita a lenda de Xan dos trobos. O primeiro día dunha abella fóra da colmea, como ben sabes, tócalle apañar néctar. O primeiro día para Xan non foi distinto, e saíu co seu tío. Mentres voaban Xan decidiu cambiar de dirección. Voou ata un campo de mapoulas. Os demais non se decataron da súa ausencia. Xan seguiu apañando néctar no campo de mapoulas. Cando caeu a noite Xan empezou a berrar e a chorar pois nese intre decatouse que estaba só. Non había ninguén ó seu redor. Púxose malo e enfadouse por ter sido tan despistado. Estaba decidido: ía coller o camiño de volta á colmea. Ó pouco rato, viu ó lonxe unha abella. Pareceulle da súa colmea e seguiuna. O voo de volta faciase demasiado longo pero ó ver que se unían máis abellas pensou que xa estaba a un chisquiño de chegar á casa. Chegou á porta, pareceulle máis grande pero co canso que estaba non se parou a falar coas demais. Meteuse dentro da primeira cela libre e alí pasou a noite. As anteas xa non lle respostaban e caeu nun profundo sono. Ao espertar tiña unha sensación estrana, tardou un anaco en lembrar o que pasara ó día anterior. A luz da colmea é diferente, o zunido da colonia é ben diferente. Incluso parécelle que as abellas son máis pequenas e a súa cor máis escura. Non entende nada! É un pesadelo? Quere espertar pero xa o está. Hai poucas abellas. Onde están as demais? Por qué traballan tan lento? Que poucas gañas teñen de traballar! Cando a raíña vexa todo aquilo vai por orde deseguida. Decide investigar un pouco. Xan quere saber onde está o mel. Ten problemas para atopalo porque non hai cadros de mel. Que organización é esa? É unha desfeita tan grande que non da creto. Ao final chega ás celas de mel pero non teñen nada que ver coas que adoita a ver na colmea. Proba o mel e tampouco recoñece o sabor de sempre, pero gústalle moito e volve repetir. Para almorzar non pode haber cousa mellor! - Oes ti! Que fas? Está prohibido catar o mel! - Perdoa, non sabía... É que onte á noite non ceei...- dixo Xan
- E logo ti de quen es? - Eu son Xan da colmea 23. E ti, quen es? - Eu son Zoe, a encargada dos panais de mel. - Pódesme axudar? Non sei onde estou, non recoñezo este sitio, e o resto das abellas non é coma min... - Estás no noso trobo, chamámoslle Trobo Mil Flores- Respondeu Zoe. - O noso que? Que é un trobo? - De onde es ti? Un trobo é un anaco de tronco furado por dentro onde vivimos as abellas. - Entón é unha colmea!- Replicou Xan - Non. É un trobo, o Trobo Mil Flores! A verdade é que non se parecía en nada á colmea 23. As paredes do tronco eran irregulares, as abellas taparan todos os buratos con cemento própole. Os panais colgaban do teito e das travesas que pechaban o Trobo Mil flores. Todo éralle alleo mais ó pasalo tempo parecía que a colonia do Trobo Mil Flores funcionaba ben e disto estaba seguro porque o mel era o mellor que nunca probara. Aínda que faga un pouco máis frío que na colmea 23, no lugar do cheiro a menciñas aquí hai un olor agradable onde se mestura o mel, a xelea real e o própole. - Zoe quero facerte unha pregunta: De qué flores colledes o néctar?- Preguntou Xan. - Se queres sabelo apúntate na lista de recolledoras para mañá pola mañá. Imos xuntos a colleita. De acordo? O día seguinte ao saír o sol parten do trobo camiño dos campos de flores. Quere recordar todas as flores das cales collen néctar pero élle imposible: hai milleiros, de todas as cores e tamaños. De volta está tan ledo que decide que ó día seguinte irá buscar o néctar pola súa conta e seguro que descubre máis flores para ensinarlle a Zoe. Como xa che dixera, o Xan era despistado e ben podes imaxinar que volveu perderse. Desta vez contan que quedara tres días sen comer, só bebía auga do orballo polas mañás. Atopouno unha abella da colmea 23 e levouno de volta pero estaba tan mal que enfermou. Estivo delirando pola alta febre e falaba do trobo pero ninguén o entendía. Pasaron os días e mellorou, todos os seus amigos coidaron moito del pero o Xan no era o mesmo de antes. Contoulles a súa historia, faloulles do Trobo Mil Flores e de Zoe, pero non lle facían caso, pasaba o tempo e… - Xa! A nós tamén nos pasa o tempo así que non fales tanto e recolle máis senón vante regañar . - Xa veremos quen leva máis néctar de volta á colmea.- Contestou o meu tío. - Ei tío, pero que foi do Xan dos trobos? - Din que fuxiu con Zoe, que ela o viñera buscar unha noite e contan que viviron moitas aventuras.
FIN
CANDO VAIAS POLO BOSQUE MANTÉN OS OLLOS ABERTOS HAI MOITO ANIMAL SOLTO E DE RÁPIDOS MOVEMENTOS.
PASEANDO UN BO DÍA CUNHA NENA TROPECEI ¡QUE DIGO UNHA NENA! QUE DIANTRES ATOPEI?
ERA TAN PEQUENA QUE NIN A MIREI, HAI QUE VER ONDE SE PISA, NON MANQUEMOS A NINGUÉN.
TRASNOS, ELFOS E DEMÁIS, SAÍDE DOS VOSOS LEITOS QUEREMOS VERVOS BRINCAR E CONTAR CONTOS MOI VELLOS.
QUE OS NENOS CORRAN OS BOSQUES SENTEN BAIXO UN PINEIRAL E IMAXINEN COMO ERA O MUNDO ANTES DA MAXIA FALTAR.
SE DEIXAS A MENTE VOAR PECHANDO OS OLLOS CON FORZA CHEGARÁS ALGÚN LUGAR LONXE DE ONDE DE ATOPAS.