Os meus incribles veciñOs

Ola, o meu nome é Álex e teño seis anos. Estou moi contenta coa xente e os amigos que coñecín desde que vin vivir coa miña nova familia.
Aquí vive xente alegre, divertida e das que non dubidan en botarche unha man, como os meus veciños!
Vivo nun edificio enorme cunha chea de persoas, cada cal mellor.

Queres que che conte máis sobre elas?


Esta é Aurora, a maior do edificio.
Vive soa e non ten fillos.
Pásase o día xogando a xogos de mesa e moitas veces convídame á súa casa para contarme unha chea de aventuras que lle pasaron na súa vida.
Todos no meu edificio estamos pendentes do que necesite.
Algúns fanlle a compra, outros acompáñana cando ten que ir ao médico, outros van de paseo con ela... e eu, como me encanta cociñar, cando fago algún pastel, sempre lle baixo un anaco. E aínda que ás veces me sae mal, ela sempre di que non probou ningún igual.

Este é o meu amigo Lucas.
Quizais non o entenderás se non coñeces a lingua de signos.
Ao principio era moi difícil comunicarnos, porque el é xordo, pero aos poucos, foime ensinando e xa me volvín toda unha experta.
Vive coa súa nai Claudia, co seu pai Carlos e co seu avó Ramón, que tamén é xordo.
A min paréceme un superpoder, porque pode escoitar polos ollos.


un cOntO sObre a diversidade familiar.


ISBN 978-84-19602-31-2
