s core s s ba n a




Naceu unha pequena xirafa na sabana africana. Chamábase
Catarina, e a súa familia e amigos queríana moitísimo.
Cata era moi parecida a calquera da súa especie, pero había algo que a diferenciaba do resto: era cega.
A súa nai, o seu pai e os seus irmáns axudábanlle a coñecer o lugar que a rodeaba para que puidese xogar, comer e relacionarse con normalidade.
Pero Cata era unha xirafa moi curiosa e non lle chegaba con coñecer o que tiña arredor, senón que quería saber o seu aspecto. Ela facía preguntas constantemente, aínda que non sempre se conformaba coas respostas que recibía.
—Mamá, de que cor é o noso pelame?
—É amarelo cunhas manchiñas máis escuras.
—E como é o amarelo? —...
—Señor Mono, de que cor son eses froitos tan ruidosos que come?
—Son vermellos.
—E como é o vermello?
—O vermello? Pois é vermello.