

A PIRATIÑA VALENTE:
Mairim, a piratiña valente e a búsqueda do tesouro
Alberto Fariñas López
Ilustrado por Débora Delicado


UNHA PIRATIÑA CURIOSA
Había unha vez unha pequena illa chamada «Illa Aventura», que estaba rodeada de augas cristalinas e praias douradas. Nela vivía Mairim, unha piratiña moi curiosa.

Dende que era unha nena, Mairim soñaba con explorar e descubrir os tesouros agochados do mar.

Un día solleiro, mentres recollía cunchas na praia, atopou unha botella cunha mensaxe dentro. Era un mapa do tesouro! Mairim saltou de emoción e decidiu emprender a súa propia aventura pirata.


AMIGOS PIRATAS
Mairim non estaba soa na súa procura. Pronto, coñeceu os seus amigos piratas: Lucas, o papagaio falangueiro, e Luna, a golfiña rebuldeira. Lucas sempre soñara con ser o mellor navegante. Un día, mentres Mairim exploraba a illa, oíuno falar sobre mapas e rutas. Fascinada, a piratiña pediulle que se unise á súa tripulación para poderen explorar xuntos. Así foi como Lucas se converteu no navegante.

El equilibrio de morfeo


Mairim, unha piratiña curiosa, xunto cos seus amigos, descobre que o verdadeiro tesouro é a amizade e as aventuras compartidas.
Únete a eles na Illa Aventura!