Esta historia mestura feitos, lugares e personaxes reais con outros de ficción. Tamén se modificaron algunhas das datas relacionadas coa exactitude da publicación das obras para axustalas á propia narración interna desta historia, tratando de respectar o máximo posible a tódolos implicados nela, a pesar das liberdades asumidas, para facelo posible.
1.
Sombras na Escuridade
10. Persecución 11. A Estación Zero 12. A cidade de Sil 13. Pondicherr’ys 14. O Imaxinario de misceláneas Do Doutor 15. A sombra do peregrino 16. A torre do reloxo
2.
O Troll de pel azul
3.
A Esmorga
4.
O Banquete de Conxo
5.
Rúa Santa Clara, 23
6.
Vellos Amigos
7.
Os Mentideiros
8.
A Festa
17. A batalla da praza do ObRADOIRO
9.
Pensamentos
18. O ÚLTIMO VOO DA Aguia Púrpura
1. Sombras na Escuridade As gotas de auga vibraban nas pozas das beirarrúas, debuxando pequenas ondulacións que parecían infinitas. As primeiras chuvias do mes de marzo chegaran a Santiago de Compostela. Eran o indicativo dunha primavera aproximándose polo horizonte e malia que o sol comezaba a xogar entre as nubes, os paraugas seguían abertos e os que xa peiteaban cabelos brancos sabían que así seguirían ata o comezo do período estival. Sempre foi así e así será na cidade xacobea. Como tampouco podería ser doutra maneira, cheas e cheas de peregrinos abarrotaban as rúas en calquera dirección. Xente de todas as partes do mundo camiñaban descubrindo os segredos de cada recuncho. Moitos deles moi cansos, cuns rostros sucios e fatigados despois de días de poucas horas de sono, dando os últimos pasos dun longo traxecto, mentres outros comezaban con certa melancolía nos seus
14
ollos ao mirar cara atrás, a dar os primeiros de volta ao seu fogar. Na Praza do Obradoiro, o bulir era aínda maior. Quen botase unha ollada ao inmenso espazo podería comprobar cun sorriso a cara de emoción e incredulidade da xente ao ver a Catedral por vez primeira, mentres escoitaba enfeitizado, a cada paso que daba, moreas de expresións de abraio en palabras inintelixibles procedentes dos lugares máis alonxados do mundo. A luz crepuscular brillaba na cidade, repleta de cultura e diversidade, nun mar de linguas en liberdade. Mais non sempre foi así e non todas as linguas gozaban da mesma situación. En calquera caso, Santiago estaba espectante, ao marxe dos peregrinos e viaxeiros, ante un acontecemento histórico para moitos e perigoso para outros. Os mentideiros da cidade falaban dun encontro, dun concilio, dunha reunión entre os estudantes universitarios e os artesáns e traballadores para confraternizar na pequena vila de Conxo. Un segredo sabido por todos e ocultado ao mes-
15
mo tempo, pois non todo o mundo quería ver aos mellores talentos reunidos. O día esvaecía entre lusco e fusco. A noite caera fría para ser o primeiro día do mes de marzo de 1856, coa primavera chamando ás portas, e un manto estrelado cubrindo a cidade compostelá. Só a tenue luz dalgún candil ou o débil lume dalgunha candea moribunda nos fogares, debuxando unha forma luminosa a través das fiestras, permitían camiñar entre as sombras das rúas, en total escuridade. Era perigoso saír da casa cando se poñía o sol. Malia que os alguacís percorrían a cidade, era ben coñecida a súa afección polas cantinas e o viño quente cando as choivas calaban as súas botas e arrefriaban os seus corazóns. Ademais, nin eles mesmos querían pasear a partir dunha hora entres as sombras, pois unha ameaza asomaba por calquera recuncho da cidade dende facía varias semanas. Estrañas desaparicións en non menos estrañas circunstancias facían voar o imaxinario popular, xa de seu rico nas terras galegas. Entre a néboa e a penumbra unha sombra se movía de portal en portal como se dunha pantasma se tratase. Atravesou
16
a Praza da Quintana, debuxando un pequeno rastro que parecía flotar de parede en parede nas fachadas das casas. Aparecía e desaparecía entre as sombras mentres avanzaba polas estreitas rúas do casco antigo da cidade. Sen facer ningún tipo de son ao pisar no chan. Bailando entre os soportais. Avanzando como unha folla movida polo vento. Tras varios cruces e xiros, a sombra detivo o seu baile pantasmagórico ao chegar a unha porta baixo unha arcada. Un estreito canellón entre dúas vellas casas perdíase na negrura da noite sen ningún tipo de saída. Un punto negro cara onde se dirixiu a sombra, que só detivo os seus pasos cando chegou á porta no final da rúa. Un número 37, coa segunda cifra caída de medio lado, enriba do marco da porta, denotaba que aquela vivenda vivira tempos mellores. Non había candís nas ventás, nin se escoitaba nada no seu interior. Só uns cotobelos debaixo da capa, romperon o silencio da noite ao golpear contra a madeira da porta. TOC. TOC. TOC.
17
Un segundos despois, unha voz quebrada e grave soou ao outro lado da porta. Non pretendía ser agradable. Non eran tempos para selo. -
Quen vai? – a voz soaba ameazante.
-
Toxo.
Un ruído de chaves comezou a retumbar ao outro lado da porta. O choque de metal contra metal. O estrondo de visagras ruxindo ao moverse polas fendas sen engraxar vibrando por toda a porta cando a chave xirou, podería espertar a un morto. Finalmente un renxido retumbou entre a escuridade, como se dun paxaro graznando se tratase. -
Contrasinal correcto – o home do interior da casa subiu temblorosamente o candil coa vela á altura dos seus ollos para intentar ver ao estraño que solicitaba o acceso, sen éxito.- adiante.
A pantasma atravesou o marco da porta, que se pechou tras dela. A luz do candil avanzou entre a escuridade, ata que uns poucos pasos despois freou en seco. -
Agarde aquí e non toque nada.
18
O silencio adueñouse da negrura do habitáculo. Ningún son parecía escoitarse no interior daquela vella casa. Nin tan sequera o correr dun rato ou mesmo os veciños cociñando nas casas contiguas. Tras uns interminables minutos, o home volveu e cun desagradable xesto fixo un ademán para que a sombra o seguise de novo a través dun estreito corredor na penumbra. O candil que portaba de maneira torpe e trémula soportaba unha candea a punto de dar o seu último alento de luz. Despois duns poucos metros máis, o estraño detívose diante dunha vella porta, a cal abriu cun empurrón e ao igual que a da entrada, renxeu coma se unha carruaxe atropelase a un milleiro de gatos. Mais a diferenza da porta principal, cando esta se abriu, do interior saía un fío de luz rompendo a ausencia desta no corredor. -
Aquí é.
A figura pantasmal, compañeira de baile da noite polas beirarrúas da cidade, adentrouse na habitación con paso decidido. Sobre unha bonita alfombra vermella, cun estampado de figuras xeométricas de cores grises e negros, descansaba 19
unha gran mesa rectangular chea de vasos de cristal e varias botellas medio baleiras, ademais dun enorme pucheiro de café fogueando lentamente. Catro homes conversaban naquela mesa, tan resoltos e concentrados nas súas verbas que pareceron non decatarse da presenza dun estraño observándoos dende a porta, preto do fogar, onde ardían lentamente varios anacos de madeira. O máis novo deles, vestido cunha camisa branca e unha chaqueta gris de corte un par de tallas máis grande do necesario, aproveitaba ata a última gota do café da súa pequena taza cando, ao apoialo de novo, viu a peculiar figura da porta. -
Oh! - o home púxose de pé.- por fin chegaches! Xa pensei que teriamos que enviar aos alguacís na túa busca, Rosalía!
A presenza pantasmal retirouse lentamente a carapucha, descubrindo o rostro dunha muller de mediana idade, co cabelo ondulado e negro como o carbón debuxando un rizo imposible de peitear, descolgándose entres as súas cellas. A
20
muller sorriu docemente, pronunciando aínda máis unhas redondeadas meixelas. -
Cheguei, Eduardo.
Acercouse á mesa onde o resto de homes xa se levantaran, como xesto de cortesía. Eduardo, quen xa apartara unha cadeira para que ela se sentase, colleu o seu gabán e colgouno nun percheiro á dereita da mesa. Rosalía sentouse mentres saudaba ao resto de conversadores. Cando Eduardo volveu e tomou asento ao seu carón, a muller non puido evitar sorrir. No longo bigote con forma de caracol del, quedaban manchas de café. -
Cantas veces che teño dito que utilices o pano despois de tomar café! - Eduardo pasou a súa lingua polo bigote.- queda mancha!
-
Oh, seino, seino... Tes...razón. Últimamente non paro de beber café. O novo poemario acabará comigo.
-
Xa ten título?
21
-
Si - unha voz máis grave á esquerda de Rosalía interrompeu a conversación.- Queixumes dos Pinos, de Eduardo Pondal.
-
Xa, xa - Eduardo fixo un xesto de desaprobación.moi gracioso, Celso. Non entanto, aínda é provisional.
-
Faime moita graza escoitar aos autores discutir sobre as súas obras e a importancia de que o seu nome teña transcendencia na historia da literatura - un terceiro home sentado na mesa falaba dende a cabeceira .- Ou a ti non che gusta ver Celso Emilio Ferreiro na portada dos teus libros?
-
Pois claro, é un orgullo para calquera artista, señor Roca.
O denominado como señor Roca estaba deitado sobre a cadeira e a diferenza dos outros dous homes, que vestían dunha maneira moito máis humilde, el tiña un extravagante traxe confeccionado a medida por un xastre, nun espantoso azul escuro. No seu pescozo, escondido entre os últimos botóns da camisa levaba un pano de cor negro. Ademais,
22
non se quitara o sombreiro de copa nin as luvas de cor branco, para estar na mesa. -
Estou realmente encantado de que así sexa - a súa voz denotaba certa superioridade cun acento claramente castelanizado.- ademais do interese propio porque a nosa cultura sexa coñecida alén do mar.
-
A nosa cultura? - Rosalía deu un pequeno salto na cadeira.- Desculpe que o interrompa pero... non parece vostede de aquí, señor Roca. Non entendo por que lle importa a nosa cultura.
O señor Roca incorporouse na súa cadeira, aproximándose así á luz. Os reflexos das chamas do fogar marcaban con firmeza os seus duros rasgos. Baixo o seu sombreiro escondía un cabelo canoso, o cal peiteou de lado a lado tratando de disimular a súa alopecia. O seu ollo dereito estaba cuberto por un parche de cor negro, mais co esquerdo adicou unha mirada desafiante á muller. -
Certo... Nacín en Parga e os meus pais outorgáronme o nome de Xavier fai máis anos dos que podo recordar - o home perdeu a súa mirada no seu vaso de
23
cristal, que a diferenza dos outros non contiña café.pero a vida é caprichosa e o meu camiño levoume a facer fortuna en Madrid. -
Parece vostede un home moi vivido, señor Roca.
-
Supoño que non todos temos a fortuna de nacer cun talento tan grande para representar a literatura da nosa terra coma vostede, señora de Castro.
-
Non pretendía ofendelo, señor.
-
Non se preocupe, miña señora Rosalía. Comprenda que para min é un orgullo compartir mesa con varios dos membros máis destacados do que nas rúas comeza a denominarse como o Rexurdimento Galego. Nunha mesa entre iguais.
O señor Roca ergueu o seu vaso coa intención de propoñer un brinde, mais non tivo tempo nin de abrir a boca. -
Nunha mesa entre iguais? - Rosalía mirou a todos os presentes.-. Penso que non existe dita igualdade, señor.
-
Por que?
24
-
A nosa lingua aínda non goza da saúde axeitada. Non está ben vista por todas as persoas da sociedade, e as mulleres non temos a mesma presenza na literatura que os homes. E por non falar de...
-
Ahhhh - o señor Roca interrompeuna de súpeto.- esgótame sempre o mesmo discurso. Que opina Manuel Murguía de todo iso?
-
O meu esposo pensa exactamente o mesmo ca min.
-
Ben, señores? Esta muller quéixase de que non ten voz nin voto... pero aquí está, expresándoo libremente... e co apoio do seu home.
-
A liberdade é un concepto moi diferente e pode que difícil de entender para certas mentes.
O señor Roca dirixiu unha nova mirada de desprezo a Rosalía, quen aguantou durante varios segundos, fría e despiadadamente. Visiblemente enoxado ergueuse da cadeira e apurou o último trago do seu vaso. A súa presenza física era intimidatoria, pois era un home moi alto e forte. Non obstante, utilizaba un bastón. Un moi característico cun xigantesco polbo de ouro no pomo. Encamiñouse cara a porta cunha leve coxeira na perna esquerda. Se os mentideiros
25
estaban no certo, perdera o ollo e parte da mobilidade na guerra. -
Cando queiramos escoitar os seus comentarios de bacharel... non dubidaremos en chamala, señora Rosalía.
O comentario provocou a gargallada de todos os presentes. Namentres, a escritora sentíuse impotente e sola naquela mesa na que daba igual calquera idea que puidera aportar. Non a ían ter en conta. -
Vémonos mañá en Conxo, cabaleiros. Será un día histórico.
-
De seguro que si.
O señor Roca fixo unha pequena e esaxerada xenuflexión cara a Rosalía antes de abandonar a habitación e pareceu que, ao facelo, a tensión dentro dela rebaixouse, e os tres homes que quedaban alí xunto con Rosalía volvían a respirar de novo. -
Non entendo como podedes rirlle as grazas a ese repeiteado - Rosalía manifestou o seu enfado.-. Clquera
26
de vós ten a mente moito máis aberta para aturar esas argalladas. -
Somos homes do noso tempo, Rosalía.
-
Entón non podedes falar de Rexurdimento, Eduardo, se seguides facendo o mesmo que fai cen anos... Estou farta de escoitarvos dicir sempre que sodes homes do voso tempo, cando non é certo.
-
Non sexas tan dura.
-
Ten razón, Celso -. O home que ata o momento non falara, estaba sentado preto do fogar, observando arder a madeira. O seu rostro era lánguido e pálido, agudizado pola ausencia de barba, a diferenza dos outros.-. O Pequeno Toxo ten razón. Actuamos coma covardes.
-
Grazas Aurelio - Rosalía dedicoulle un sorriso.-. Por certo, xa tes preparado o discurso de mañá?
-
Si, en gran medida. Agardo non meter a pata.
-
Dín que virá moita xente.
-
Por iso mesmo. Tentarei non poñerme nervioso.
27
-
Es o máis destacado literato de todos os presentes Celso Emilio Ferreiro asentía coa cabeza.-. As nosas esperanzas sobre ti son moi elevadas.
-
Miras na dirección equivocada, querido amigo - Aurelio Aguirre sinalou a Rosalía cun suave xesto da súa cabeza.-. Aí tes á verdadeira esperanza, ao verdadeiro talento.
Os catro escritores conversaron durante un rato máis, ata que o café se esgotou e as brasas da cheminea non daban a suficiente calor como para poñer outro pucheiro a quentar.
28
29
30
31